blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O VERBO REGULAR EN GALEGO
A estrutura do verbo debemos aprendela ben.Cóllenos nunha man:

PERSOAS: 1ª 2ª 3ª e tres formas non personais: Infinitivo, Xerundio e Participio.
NÚMERO: Singular/ Plural

MODOS: Indicativo, Subxuntivo e Imperativo.
TEMPOS: 6 en Indicativo, 3 en Subxuntivo 1 en Imperativo.

VOZ: Activa e Pasiva

COMO APRENDER A CONXUGAR UN VERBO REGULAR:

1º Aprendemos ben o nome dos tempos de cada modo:

-6 para o INDICATIVO:Presente, copretérito, pretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.

-3 para o SUBXUNTIVO: Presente, pretérito e futuro.

- 1 para Imperativo: Presente

Logo estudamos cada tempo lendo un cadro coma o que podedes consultar aquí.

3º A seguir escribimos o verbo de memoria sen mirar a táboa.

4º Finalmente comprobamos onde fallamos ou dubidamos. Esas formas mal escritas serán as que temos que volver a repasar e escribir ata que nos saia ben.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 27-01-2016 06:08
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA, O PRIMEIRO UNIVERSO DE NOMES A CONQUISTAR
Imos facer un repaso polos nomes da casa por fóra e por dentro. Comezamos logo por un gráfico sinxelo a aprender:

CASA POR DENTRO (Primeira ilustración)
1-soto
2-salón
3-faiado
4-cociña
5-andar
6-cuarto/dormitorio
7-cuarto de baño
8-escaleira
9-cuarto/ dormitorio principal
10-vestíbulo

CASA RURAL POR DENTRO E POR FÓRA

1-cheminea
2-tellado
3-bufarda
4-solaina
5-corte
6-invernadoiro
7-hórreo
8-horta
9-pombal
10-peche
11-cancela
12-adega
13-cataventos
14-canceira
15-eira
16-sebe
17-alpendre/alboio
18-lareira
19-beiril (da cuberta)


Aquí deixamos un enlace por se queres seguir xogando coas palabras.
Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 22-01-2016 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
Os verbos regulares en galegos
Estudar os verbos é saber a estrutura da conxugación, é dicir, tempos e modos en cadansúa persoa e tato no singular coma no plural. Memorizala primeiro ben, logo tentar reproducila por escrito e ao escribila unha vez comprobado o que fallamos ou temos dúbidas, iso é o que debemos repasar e aprender ben, ata que non cometamos un só erro ao volver a facelo de memoria non cometamos, nin tan sequera nos tiles ou acentos gráficos tan importantes nos verbos.

Bótalle un ollo aquí.

Outro xeito de conxugar verbos
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 19-01-2016 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NAS ESCOLAS: ALGO MÁIS QUE UN DEREITO
Por que estudamos galego nas escolas e institutos de Galicia e nalgúns de Castela e León?
O poder estudar galego como todo dereito recoñecido emana das leis que rexen aos cidadáns destas Comunidades Autónomas, dos seus Estatutos de Autonomía e da Constitución Española (1978).

Fixémonos no que pon a Constitución no seu ARTIGO nº 3:
1.O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.
2. As demais linguas epañolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Son pois as leis as que garantes a cooficialidade do galego en Galicia. O noso Estatuto di:

ARTIGO nº 5

1.A lingua propia de Galicia é o galego.
2.Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3.Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todo os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4.Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Logo na Lei de Normalización Lingüística: O galego, como lingua propia de Galicia , é tamén lingua oficial no ensino en todo os niveis educativos.

DO DITO AO FEITO SEMPRE HAI UN TREITO

Xa vimos que hai linguas faladas no Estado que non son oficiais, que non están recoñecidas. Sabemos tamén que hai nenos e nenas galegofalantes que viven en Asturias ou Estremadura que non reciben clases na súa lingua propia porque nestas comunidades non está recoñecido este dereito.

Logo os galegos temos unha gran sorte que a partir da volta da Democracia temos o dereito a saber e usar o galego. Hai quen de todos modos subliña que o tratamento do castelán e do galego non é idéntico: Temos o dereito a usar o galego, namentres que do castelán temos o deber de aprendelo ademais de o dereito ao usar.

Pero parece curioso que namentres en Galicia é obrigatorio, noutros territorios galego-falantes o status da lingua sexa distinto, formando parte do mesmo Estado. Bótalle unha ollada aos territorios do galego fóra da Galicia Administrativa.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-01-2016 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal