blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contra os pronomicidios

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 13-01-2015 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXOS PARA UNHA LINGUA 2015
Desexos para unha lingua no 2015.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 08-01-2015 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
O Sentido Crítico e Mafalda no Festival de Nadal
No Festival de Nadal do San Narciso os de 1º da ESO traballamos o sentido crítico, o lema do centro neste curso, cun exercicio creativo a través dos personaxes e as historias de Mafalda.
Estudamos os personaxes, analizamos a relación existente entre eles, e entramos no mundo de Mafalda e os seus amigos, unha montaxe da Aula de teatro que durou aproximadamente uns 25 minutos e que supuxo a posta en escena por vez primeira para varios dos alumnos participantes:

Manuel Albariñas Otero como o Pai de Mafalda.
Érika Blanco Amoedo como Mafalda.
Iria Fazanes Garrido como a Mestra.
Miguel Gómez Peón como Manoliño.
Mary Iglesias Schwarz como Susaniña.
Marco Lobeira Castilla como Filipe.
Antía Loira Garrido como Farmacéutica.
Lara Loira Garrido como a Nai de Mafalda.
Antía Novegil Dominguez como Migueliño.
Camila Vilas González como Liberdade.
Sandra Villaverde Dopazo como a Nai de Filipe.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 08-01-2015 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal