|
|
|
CONTOS AO TELÉFONO DE 1º ESO A |
|
Seguindo os pasos do noso amigo Rodari, imos ir colgando aquím, nesta nova categoría do blog distintos textos que seguen unha pautas semellantes ás que presentan os famosos "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, que naceron dunha experiencia do autor coa súa filla á que en moitas ocasións ao non estar na casa á hora de deitarse a nena a causa do seu traballo como xornalista, el decidiu chamala por teléfono para seguir co costume de narrarlle un breve conto cada noite.
Comezamos con este conto ao teléfono de Manuel Goimil:
"Os altofalantes da estación do tren anuncian saídas e chegadas un tanto raras; deuse o caso de que, un día, falaban un idioma, e ao seguinte, outro.
-Penso que iso é italiano! ?dixo un condutor certo xoves.
-E iso, non é chinés? ?preguntou outro ao día seguinte.
-Ou xaponés!
-Seica o altofalante foi de Erasmus?
Ademais, as horas que saían polos altofalantes eran completamente disparatadas.
-O tren chegará ás trinta e cinco e dous medios calcetíns do corenta de outubro ?deulle por dicir un día, en árabe.
O que, no caso de existir, sería dous meses máis tarde. Por iso, un experto foi revisar os aparatos.
-Non hai dúbida, están escangallados ?era un experto de fama mundial, está claro-. Teñen un trasno metido! ?diagnosticou.
-Pois moi culto é! ?dixo o xefe da estación-. Que facemos?
-Nada. Se os trens sempre levan retraso, para que o imos arranxar? Sempre vai dicir o mesmo!
E así foi como, ata que cambiaron ao xefe e ao experto, no ano da súa xubilación, o trasno seguiu dicindo tantas trasnadas como quería, ata que cortaron as luces e levaron ao ser de volta ás fragas. Entón, todo volveu á normalidade: o aburrimento."
Manuel Goimil
|
|
|
|
A ESCRITORA ELENA GALLEGO CON 1ºESO A |
|
Hoxe estivo con nós Elena Gallego despois de ler e traballar sobre o seu libro Dragal, a herdanza do dragón. Soubemos unha morea de detalles desta saga que creo a autora para facer evidente que desde Marín se pode escribir e chegar a editar unha novela como esta. demostranos que é posible unha novela de fantasía e aventuras orixinal que fuxa dos lugares comúns doutras sagas máxicas e procure a base da súa trama nas lendas e na historia propias, da nosa Terra.
Os dragóns son seres máxicos presentes en muitas culturas, tamén na nosa. Elana Gallego demostrounos como partindo das nosas lendas podemos crear unha troloxía como a de Dragal. A primeira entrega foi editada cando xa tiña escrita a segunda, e xa está ultimando a terceira da saga que sairá á luz na próxima primavera posiblemente. Daquela volveremos invitaremos de novo a autora a compartir unha xornada con nós. Se queredes ver máis fotos do Encontro podedes ver unha reportaxe fotográfica no blog da Biblioteca de Secundaria. |
|
|
|
Na prehistoria de Galicia, o pobo de Saefes |
|
Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:
Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."
Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno.
Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas.
Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.
Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz. |
|
|
|
|