blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA - SAHARA
Un traballo de solidariedade e Paz. GALICIA-SAHARA
1-Investiga sobre o Sahara, cal é a orixe deste pobo, porque é un pobo con problemas, que é o Fronte Polisario, cal é a situación actual dos campos de refuxiados, como é a vida no deserto(25-30 liñas) podes consultar entre outras a entrada na rede: “Sáhara Occidental” na Galipedia. (http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A1hara_Occidental)
Incorpora ao traballo: Unha ilustración (mapa de situación), (mapa conceptual) e un artigo de opinión.
2- Despois de ver a Exposición GALICIA–SAHARA, creada por Pelu Vidal de AGARESO, unha ONG de Reporteiros Solidarios, realiza a descrición dunha parella de fotografías da Exposición: Incorpora os pés de foto como introdución para as túas descricións que deben non ser inferiores ás 10 liñas por cada fotografía. Nestas descricións, ao emparellalas, debes procurar unha detallada descrición das persoas, obxectos e espazos pensando nos contrastes entre elas.
3- Sabías que hai moitos libros de literatura sobre o Sáhara. Por exemplo, o famoso libro O Principiño onde narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte. Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba “Por favor... píntame un año!”.
Procura agora ti un texto literario sobre o Sáhara. Podes consultar libros como Smara, unha viaxe marabillosa dun neno ao deserto do Sáhara.
4- A presentación do traballo debe ter o mesmo formato para logo facer unha exposición posteriormente na Biblioteca de Secundaria: unha carpeta que inclúa tres folios ou catro cos contidos do traballo (incluíndo a bibliografía utilizada).

Aquí deixamos o vídeo resumo do traballo de fotografía de Pelu Vidal da Exposición que viches no colexio. No blog da Biblioteca de Secundaria poderás ver outros vídeos, entre eles un sobre a historia do Sáhara.


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 05-02-2010 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal