blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

comentario para Álvarez Blázquez
X. L. Méndez Ferrín Non constutirá unha creba da reserva académica o divulgar que X.M- Álvarez Blázquez foi elexido por unanimidade a persoa á que lle vai Galicia consagrar o Día das Letras. Se cadra nesta coincidencia influise o feito de que, entre todos os méritos sobrados de vez para esta memoranza, a figura de Xosé María apresentou en vida un que o facía especialmente simpático de portas adentro da corporación: era o modelo perfecto do académico da Galega, ou sexa un académico exemplar. Unía a erudición coa verdadeira sabedoría; a facultade lírica coas dotes que lle permitían unha prosa musical, harmoniosa e transparente; a perspicacia na crítica literaria co rigor na investigación histórica e prehistórica; unha actividade editorial que abriu fronteiras no plano da planificación innovadora cunha visión do marketing do libro galego que levou este a ser lido por moitas máis persoas de que nunca fora na súa historia; unha oratoria didáctica, precisa e sinxela cunha conversa informal que raras veces deixaba de constituír lección maxistral. O texto da proposta de Xosé María A. B. para o Día das Letras Galegas (espero non ofender tampouco agora o Sixilo académico) foi asinado por Luz Pozo Garza, Victor Fernández Freixanes e Darío Xohán Cabana Ianes. O seu texto dá conta cabal da magnitude do vulto intelectual de X. M. Álvarez Blázquez e faime pensar en que aqueles que este ano van investigar e divulgar a obra do autor celebrado teñen un enorme traballo por diamte. Porque el foi certamente un polígrafo, aínda que así mesmo persoa cordial, aberta e desprendida que andou pola vida a distribuír favores intelectuais e de todo tipo. Por cima, Xosé M. Álvarez Blázquez foi un galeguista do xénero dos que Castelao consideraba "inatacables aos ácidos e infusibles ao soplete"...
Penso eu que a dedicación de X.M. Álvarez Blázquez á historia da cidade de Vigo e da Terra de Turonio vai dar lugar a unha nova atención proxectada sobre o noso autor desde o punto de vista dos estudos locais. Isto será sen dúbida mostra da vitalidade que estes están a demostrar en todo o País que media entre o Miño e a Ría do Sul de Galicia, cuxa capital é Vigo. Do mesmo xeito que unha liña de investigación dirixida á familia literaria e artística dos Álvarez, fundada na segunda metada do século XIX por Emilio Álvarez Giménez, avó de Xosé María, poderá deitar luz sobre a historia cultural e literaria contemporánea. De min sei decerlles que fun iniciado á idade de quince anos na lectura dos poetas trobadores galegos da Idade Media pola lectura e estudo da Escolma de Poesía Galega I de Xosé M. Álvarez Blázquez, editada en Vigo por Galaxia e con prólogo de M. Rodrigues Lapa. Sempre lle estiven moi agradecido
Daniel lópez Pérez
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal