blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POEMARIO
“Polo laranxal”


Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de presa que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a chuchar.
Unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan, borrachas de mel.
¡Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!

































Elexía a unha muller do campo


Pepa de Cascallar, eu ben quixera
agora que xa estás – cinza na cinza –
a descansar para sempre, dar ao mundo
razón cabal de ti.
Lle falarías
daquelas duras mans, rexas gadoupas
para termar do legón e da manceira,
mans de escrava da terra,
non afeitas a máis regalo e minimo
que o dos ubres das vacas… Eu louvaría
aquiles pés ispidos, mouros, fortes,
coma poutas de boi, que agatuñaban
polos montes atal que dous teixugos.
Teus pés de ferro, ai Pepa!
E logo, si tivese a gracia que me falla,
eu faría un retrato verdadeiro
da tua face –que che estou lembrando
ao craro sol do meu ollar de neno!-
Que estrana face a túa, tan laida e tan amiga,
enrugada e escura coma codia de broa!
Aquila face dos olliños pitos,
dos beizos murchos, dos cabelos raros,
dos catro dentes e do narís torto.
Aquila face, a, Pepa!
que á nosa nai lle daba cuasi espanto
e a nós, os nenos, nos aloumiñaba…
Porque eras ti, Quero que agora o saibas,
agora que xa podes escoitarme,
a fala cariñeira do misterio
que enchía os nosos corazóns inxeles.
Cando, á noitiña, viñas ti co leite,
ouveada de cans polos camiños,
xa o sono que nos tiñan derrubados
fuxía, coma o fume do fumeiro.
E ti falabas…
Ben escoito aínda
o parolar aquil, tan suspirado,
que a nosa nai segía blandamente
co asentimento da fermosa testa.
-Ai, señora, parécelle unha historia!
Non se pode crer…
Pero sabías
que todo acreditábamos os nenos…
Pepa de Cascallar, eu ben quixera
pagarche, ao cabo d etan longo tempo,
o falar cantareiro que aínda sinto
cando, ás veces, a vida se me fende,
sin eu pensalo, por mitá do peito!












































GARCÍA ARAUJO,Pablo
DOCAMPO HERNÁNDEZ,Adrián
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal