blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O lago de Reirís
A carlo Magno,emperador,era rei dos cristiáns e da francia,aparecéuselle por tres veces o

Apóstolo Santiago para pedirlle que liberase o seu Sartego do dominio dos infieis.Carlo

Magno obedeceu e conquistou en territorio galego infinidade de cidades habitadas polos mou-

ros,que ademais quedaron para sempre asolagadas.Reirís é unha cidade asolagada na lagóa de

Carregal,en Corrubedo.estaba habitada polos mouros,pero Carlo Magno,os Doce Pares de Francia

Oliveiros e Roldán vencéronnos e condenáronnos ó asolagamento.nun penedo próximo quedou co-

mo proba unha pegada do cabalo de Roldán.este pediu,despois de porse o sol,unha hora máis de

luz para acabar de día con aquela cidade.Desde entón hai unha hora de luz despois do solpor.

Noutra versión dise que un rei mouro estranxeiro pretendía á filla do rei Reirís,que era

boa e servicial.Tampouco era mouro o seu pai,segundo algúns,a princesa sobreviviu como serea

e pode oírse a súa voz,outros din que boy é o mouro,o que brua algúnhas noites.Dise que o

boi bruón sobreviviu o asolagamento de Reirís.É un mouro encantado,de tamaño colosal mergu-

llado baixo as augas da Lagoa de Carregal.Algúns días pódense oír os seus poderosos muxidos

e bramidos,e ata ver as burbullas que fai o respirar.

FIN



Creado por: Paula Calviño Monteagudo
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0