blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agustín Fernández Paz
   Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en diferentes centros e actualmente exerce de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo.
    Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente de Galego. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Área de Experiencias), Canles, Labia e O noso galego / Lingua Galega para diferentes niveis escolares. Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, Textos, e Revista Galega do Ensino, na que se encargou durante varios anos da sección sobre a literatura infantil-xuvenil O pracer de ler). Polo conxunto dos seus escritos sobre cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda Deseñada".A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do YBBI, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega.

Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno


Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardará tempo en recibir por mor dunha longa estadía en Quebec.
No epistolario Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ó seu amigo.


Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor


Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián? todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, ?na vida o único que queda é o amor?. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable. Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007
Así foi como puideron conseguir os seus tres desexos: que a cidade se enchese de árbores, que volvesen os paxaros á cidade e que as palabras da xente nunca máis fosen grises nin negras. Claro que para iso eles tamén tiveron que traballar. Pero a cidade xa foi entón máis humana.


Agustín Fernández Paz: As tundas do corredor
Conta Mariña que cando naceu a súa irmá pequena mudáronse para un piso máis amplo, antigo e cun corredor enorme case sempre escuro e con ruídos. Segundo os pais, prodúcenos os ratos ou a madeira, pero ela sabe que son as tundas, que saen de noite a brincar. Son negras e viven nas paredes, como fantasmas. Ninguén llo cre. ¡E ela cando vai de noite ao baño ten que ir correndo por se acaso!
Para demostrar a súa existencia, intenta facerlles unha foto, enchendo o corredor de caixas de cartón, ou poñendo o espertador para retratalas na noite. O único que consegue son castigos dos pais. Tampouco deixaron as súas pegadas na fariña coa que estrou o piso. Menos mal que se lle ocorreu a solución á súa mai: encher o corredor de bombillas, xa que as tundas non soportan a luz. Nunca máis apareceron. Confirmouno un día que foi ao baño coas luces apagadas. ¡A lástima é non terlles feito a foto no seu momento!


Feito por:Aida Amoedo Portabales
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0