blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

moucho
mouchoNome científico:

Athene noctua.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Estrigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Athene
Especie:  Athene noctua
Dimensións:
22 cms. 200 grs. de peso

Identificación:

A súa plumaxe é de cor pardo. As partes superiores son pardas escuras moi apencadas en branco.
Os ollos son amarelos.
A cabeza é aplanada e a cola corta. Ten manchas blancas por todo o corpo.

É doado identificalo.
A señal de alarma é  "uuuj" ascendente e suave e que repite unhas 20 veces por minuto.
A súa voz é un "miu - miu " ou "mou - mou".
O seu voo e ondulado e baixo, pousa en postes ou penedos.
É moi importante observar que cando se asusta estira e encolle o pescozo nerviosamente.
 
Alimentación:

Arañas, gusanos, ratóns e en xeral pequenos mamíferos. Tamén pequenos paxaros. Come tamén anfibios.
Caza máis ben pola noite, inda que as veces tamén se ve pola día.
Habitats:

É común en toda Galicia está moi ben representado no Xurés en Ourense e tamén na zona do invernadeiro e limítrofes.
De tódolos xeitos non é abondoso. O moucho gústanlle máis os terrenos máis abertos, e árbores separados e non moi densos.
Os insecticidas, a caza ( nun campeonato provincial de caza presentouse un moucho, increible) , roubos de niños, etc, afectanlle moitísimo.
Tamén as liñas eléctricas teñan feito mella en todo tipo de bufos.
Os incendios tamén rematan cós bufos galegos.
Niños:
Cría entre abril e xuño.. Pon de 3 a 4 ovos. As  21-29 días os paxaros xa voan.
A Galicia chega en Abril que realmente é cando empeza a cría.
O niño faino en buracos dos árbores. Gústanlle moito as cerdeiras.
 
Vese nos meses
Dificil de ver xa que é nocturno, pero bueno,  de marzo ata final do verán as veces hai sorte.
Protección:
Está protexido.
Nidificante-sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
 



Curiosidades
O moucho, por común, é personaxe de moitos contos, ditos e cantares populares. Por exemplo:

o moucho dí Xurxo de Vivero " ten unha pinta moi simpática, sobre todo, a súa mirada enfurruñada, impresión que da pola especial configuración da faceira e a cabeza. Cando colle medo por nos ver, bambolea cómicamente o seu corpo de atrás a adiante, ata que emprende a fuxida cun voo ondulado, semellante o dos petos, voo ven distinto o recto e potente das súas cazatas nocturnas".
"Cando o moucho mouchea, ou neva ou xea"
Esta ave estaba mal vista polo vulgo que a consideraba ave de mal agoiro, xa que din que venta a morte.
Por suposto que nona é.
Os ingleses levaron o moucho no siglo XIX xa que o consideran beneficioso. Todo un exemplo a seguir.

 
CURIOSIDADES

Desgraciadamente en Galicia xa non queda o Bufo real ( Bubo bubo) de ata 1,70 cm. de envergadura.
Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm. tamén moi escaso. Quizais no Courel. O feito é que a súa población é totalmente descoñecido nestes momentos (decembro do 2005).en un cante moi característico.
Por último temos a Avelaiona (cárabo común) , Strix aluco é moi abondoso en Galicia fálase de 1.400 parellas o que é un número importante.
A avelaiona bota entre 37-40 cms. Hai dúas formas unha cincenta e outra parda.
Vese nos bosques, principalmente caducifolios e tamén en parques urbáns con árbores vellas.

.


Nesta imaxen vese perfectamente a X que rodea os ollos.
ANTÓN FERNÁNDEZ,elba
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi interesante e curioso.

Como vedes ata o moucho u#blgtk08#tiliza o X.

Por certo, quen sería Pitágoras?
Comentario por Darío, profe (20-04-2008 20:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0