A Maldita Comecarne
Era unha vez unha nena que comía moita carne e un día o seu pai farto de que só comera carne
maldiciuna dicíndolle:
-Oxalá foras comer carne cos lobos!.
E así foi, a nena aquela noite non puido durmir, cando estaba na cama, revolveuse e saiu pola porta e chegou ao bosque onde despois de envorcallarse se reuniu cos demais lobos,
con quen pasou unha longa tempada e ela era a xefa dos lobos e prohibíalles que atacasen ás persoas. Ela ía todas as noites a un muiño onde comía fariña, pero unha noite cando se dispoñía a entrar no muíño, o dono que estaba dentro ao mirar a pata de lobo colleu o coitelo e feriulle na pata, escoitaronse uns berros, o home saiu e viu unha fermosa rapaza, dalí a uns anos a rapaza volbeu a Castela, de onde era orixinaria, e unha semana despois uns homes chegaron a súa casa procedentes de Galicia e ela enterouse de que eles eran do mesmo sitio onde ela fora loba e contoulles que ela tivera a fada naquel mesmo sitio e que devorada a moita xente, pero o que máis pena lle dera era un meniño que ría mentres ela o devoraba.
ALEJANDRO BUCETA DOMINGUEZ
CARLOS PEREIRA PEREZ . |