blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Castelao
CASTELAO
<< ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela
e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa
capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización
universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña
e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< a dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale
un idioma diferente do castelán. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que
carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e
catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes...
¡Estábamos aviados! >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Tódolos escritores casteláns do século XVII e XVIII adicáronse a
luxar o nome e o creto dos galegos >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< os galegos tiñan unha cultura anterior e superior á de Castela,
e contaban con institucións foraes que concedían aos labregos un
comezo de propiedade >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< As casa aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos
habitantes, chamado "lugar". (...) Os "lugares", espallados, compoñen
un agrupamento que se chama "parroquia". Esta entidade é o antigo
clan dos celtas >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza
e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xusticia >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero
logrou degradalo. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A partir de Galiza e de Asturias foise gañando aos mouros o que
despois soio sirveu para engrandecer a Castela; pero en canto se
cerrou a Reconquista fomos aldraxados e repudiados. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome
non nos obrigue a sermos casteláns. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso
espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser
nacional. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A vaca é o símbolo da paz. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de
obras de arte. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Somos tan galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos
asoballados polos "Reis Católicos". >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< a nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito que decir
nela >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de
tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego
xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortaes. >>
CASTELAO ······· 1886-1950

As linguas fannos humanos
Algúns homes galegos tamén andan a falares dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zooloxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegaron das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da torre de Babel como un castigo e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa sua variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie o que nos fai superiores os animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía oubea igual que un can de Dinamarca, un cabalo das Pampas Arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes porque?. Porque os pobres animais aínda están no idioma universal[...]

pablo G.A

fragmento de `sempre en galiza´
Castelao
Comentarios (5) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Eu escribin este texto e creo que despois de lelo temos que replantexarnos #blgtk08#o uso do galego para que dentro de uns anos non se converta en lingua morta
Comentario por Pablum (16-04-2008 12:25)
2 e moito texto!!!#blgtk08#!!!adeussssssss
Comentario por Sara.G e Marta (16-04-2008 12:29)
3 podias facelo dunha cous#blgtk08#a mais entretida
Comentario por alba (20-04-2008 16:12)
4 Moi interesante Pablo. Cantas máis linguas se manexen mellor. Ningunha debería morrer. Polos comentarios vexo #blgtk08#que a Sara e Marta lles amarga ler e que a Alba non a entreten.

Que será de Pitágoras.
Comentario por Darío, profe (20-04-2008 20:51)
5 Paréceme interesante i eu sen teu permiso - aínda que sí puxen a referencia - púxeno na nosa páxina web do colexio.
Está ben recordar a xente que loita por uns#blgtk08# ideais e uns valores e que non só se preocupa por ter o bandullo cheo.

http://www.ceipaseca.com/index.php?option=com_content&task=view&id=231&Itemid=1
Comentario por Nito (06-09-2008 15:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0