Imos realizar a lectura dun clásico. Comezaremos realizando: UNHA BIOGRAFÍA DO AUTOR
Logo leremos xa o 1º capítulo na aula para explicar algunhas cuestións relativas ao vocabulario deste libro que debemos coidar e traballar como indicamos a seguir:
.Para a lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas imos ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizaremos un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, identificando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.
1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:
EU SON...
1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.
non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea
Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.
2- Resumo: O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
LEMBRA que a medida que lemos iremos analizando a estrutura narrativa que presenta a lectura: Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe. Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
OS RESUMOS E A PROBA DE LECTURA
O prazo de lectura será ata o día 9 de xaneiro, día no que realizaremos unha proba de lectura na que haberá que presentar os resumos de cada capítulo, feitos a man.