blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECUPERACIÓN DE XUÑO 2020
A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais) o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente.

Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor :

1º ESO A: 5 de xuño á partir das 9,30 horas.
1º ESO B: 5 de xuño á partir das 12 horas.

Dita proba será sobre contidos dados presencialmente, claro está, ben na 1ª e/ou na 2º avaliación:

1ª avaliación.
2ª avaliación.

A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas avaliacións:

1- GRAMÁTICA: Tipos de palabras (páx. 23 ou consultar no blog.) pronomes átonos e tónicos (páx. 150-151 e 170-171 do libro) e verbos regulares (ademais do libro, anexo páx. 275, no blog ou na libreta).

2-LÉXICO E ORTOGRAFÍA, PRODUCIÓN DE TEXTOS, EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA.(Acentuación, casos especias e acento diacrítico páx. 41,61 e 81 e repaso aos signos de puntuación na segunda avaliación).

3- LITERATURA: Xéneros literarios: Narrativa (páx. 66-67) e Lírica (páx.114-115).


4- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: (Proba de comprensión lectora no caso de tela pendente) E Xoel aprendeu a voar de Marica Campo.


Ademais os contidos abordados nesta 3ª avaliación son:

1- GRAMÁTICA: A colocación pronomes átonos (páx. 170-171 do libro repaso 2ª avaliación) (Exercicios prácticos). Verbos irregulares ( páx. 276-280).

2- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE (Proba da lectura).

3- SOCIOLINGÜÍSTICA: Os prexuízos (síntese das páx. 196, 216, 236 e 256 do libro).

4- LITERATURA E TRADICIÓN ORAL: O teatro (páx. 202-203 e 222 -223 do libro).

No blog.: Día das Letras Galegas. O himno galego.

5- USO DE LÉXICO, PRODUCIÓN DE TEXTOS E EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA. ( Blog e distintas páxinas do 3º trimestre que iremos detallando)


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2020 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0