blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NO DÍA DA PAZ, CREAREMOS UN REFRÁN

Con motivo do Día Escolar da Paz recibimos unha proposta das Meigas da Lingua para realizar un refrán sobre o tema da Paz.

Varios refráns creados na aula:

Como estamos do mes de xaneiro
as pombas van polo mundo enteiro!


Este día non é como todos os demais,
este día celebramos o Día da Paz!


Se queres paz e amor,
seméntaos no teu corazón!


Se queres a Paz,
vén coa pomba na man!


No Día da Paz
imos celebrar un día especial!


A pomba da Paz
amor e respecto traerá!


Este día é moi especial,
o 30 de xaneiro Día da Paz!


Se tres cousas boas queres ter
no Día da Paz tes que crer!


Se a Paz queres celebrar
moi alegre hai que estar,
risos, flores e cores
que hoxe reparten por todos os arredores!

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 30-01-2019 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal