blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA DOS NOSOS AVÓS É A MIÑA LINGUA?

SABÍAS QUE O AVÓ DA NOSA LINGUA É O INDOEUROPEO?

A historia das linguas pode ser comparada coa dun ser vivo. Por iso dicimos que a nai ou o pai do galego é o latín. Os lingüístas investigando descubriron a existencia doutra lingua que é a avoa ou se se quere o avó do galego: o indoeuropeo.
O indoeuropeo é unha lingua moi antiga que se falaba na prehistoria no continente Euroasiático e que tivo moita fortuna. Lonxe de desaparecer foi creando outras linguas como o latín, xa na época histórica, das que logo van ir nacendo novas linguas entre as que está o noso idioma, o galego.

LINGUA E SOCIEDADE: Aplicando o sentido crítico a historia da nosa lingua imos ver que lingua se falan na nosa familia.

A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con historia insertos nunha comunidade con pasado imos realizar finalmente unha árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara o galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do pasado, do que fomos antes"… … a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.”

Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO?

1º Que falaban os meus bisavós paternos entre eles e que lle falaron aos meus avós paternos?/ Que falaban os meus bisavós maternos entre eles e que lle falaron aos meus avós maternos? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pai? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min? Sobre que ano naceron, onde naceron, onde viven, que oficio teñen?

Tras reunir estes datos teremos a posibilidades de analizar cales son as nosas raíces lingüísticas.
Comentarios (2) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 27-09-2017 05:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 que bonit#blgtk08#o es todo
Comentario por popeye (28-09-2017 17:42)
2 que proo es esto,le falta solo un poco #blgtk08#de vidilla con ,as videos.
XD,;D
Comentario por marie curie (28-09-2017 17:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal