blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SABER PARA QUE? ... Para ir na procura da terra e da lingua de noso
Nacemos en Galicia, e xa por iso somos galegos/as?

IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.

Xa vimos que os seres humanos distinguímonos do resto dos seres vivos, en primeiro lugar, pola variedade de linguas que somos capaces de usar.Logo na procura do eu, é dicir, da nosa identidade atopámonos coa lingua e coa terra ineludiblemente:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e por que somos. Somos en función do pasado, do que fomos antes… … a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.

Así se expresaba unha poeta chamada Berta Dávila. Analicemos as súas palabras.

COMO NACE UNHA LINGUA?

Antón Vilar Ponte dicía que a lingua dun pobo está "xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo" e Castelao engade:

"Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola disposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión... un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar".

Só a través da linguaxe cobra sentido o que vemos, oímos e sentimos en xeral, e isto créanos un problema de coñecemento: se a través da linguaxe coñecemos o mundo que nos rodea; ou máis ben a nosa linguaxe constrúe o mundo? B. L. Whorf, en Linguaxe, pensamento e realidade responde: «Os seres humanos non viven sós no mundo obxectivo, nin tampouco no mundo da actividade social como se entende ordinariamente, senón que están en gran medida a espensas do idioma concreto da sociedade na que viven".

NA PROCURA DA TERRA
CAL É A ETIMOLOXíA DA PALABRA: GALICIA/ GALIZA?

Etimos + logos son dúas palabras gregas en orixe. Procurar a orixe verdadeira das palabras é buscar a etimoloxía dunha palabra, indagar de onde procede e cal é o seu significado orixinario.

Imos saber hoxe de onde procede a palabra GALICIA, quen nos puxo este nome, e mesmo coñecer un sufixo moi usado na nosa lingua, tanto que aparece na palabra gal-ego. Visualiza este dous vídeos e logo responde as cuestións:




Cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai da nosa lingua, pero quen é a avoa do galego?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinos aic /eic = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.

6- "Chover miudiño" e “ás cuncas" ou "a cachón”, "a caldeiro"... Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia"ou de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas das linguas do mundo se falan en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Expresa coas túas palabras como cres que nace un idioma e por que é tan importante a súa pervivencia no mundo.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 24-09-2017 06:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal