blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AVELAIONAS e AVELAIÑAS
O paxaro da morte é un dos moitos avisos ou agoiros que anuncia a morte das persoas, ben cantando ou ululando perto das casas dos que van morrer.

Como é invisible a xente considera a unha multitude de aves seren o verdadeiro paxaro da morte: a pega, o corvo, a curuxa, o moucho, o voitre. Hai quen lle chama cabra do aire, porque os seus cantos semellan os meos da cabra, outros prefiren o nome de avelaiona, porque se laia estarrecedoramente.

Contan que quen a escoita moitas veces xa na súa vida pode chegar a dicir:
“Dende a miña casa, cando a escoito pola noite, dependendo a dirección que vaian os cantos sei en que zona da aldea vai morrer alguén, e se na mesma noite canta en máis dunha dirección, e que vai haber varios defuntos. Polo normal os seus cánticos son vellos, pero tamén hai veces que os seus cánticos son dunha ave nova, polo que entón o que vai morrer vai ser unha persoa nova.”

- Se avelaiona laia, prepara a mortalla!




En Marín como en moitos outros lugares de Galicia, é sabido que as avelaiñas ou bolboretas da noite poden ser portadoras tamén de malas novas, especialmente se son escuras, se pola contra son claras as novas que debes esperar serán sempre boas.

CUESTIÓNS.
1-Resume coas túas palabras este texto.

2-Podes preguntar na casa se escoitaron falar algunha vez do paxaro da morte ou das avelaiñas portadoras de novas.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-11-2016 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal