blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS LINGUAS ROMÁNICAS E O SEU AVÓ

Xa soubemos que das 7000 linguas do mundo, hai en Europa unhas 200 e destas hai un número máis reducido aínda que son fillas ou derivadas do latín. Estas linguas fillas da lingua de Roma chámanse linguas romances ou neolatinas.

Outro concepto que debemos lembrar é o do indoeuropeo, o avó de case todas as linguas de Europa.

1- Investiga cales das linguas do mapa que aparece máis arriba son romances ou románicas, é dicir, fillas do latín.

2- Que diferenza hai entre linguas romances e linguas indoeuropeas?

3- Procura tamén localizar no mesmo mapa cales das linguas que se falan en Europa non son indoeuropeas.

4- Investiga, tras consultar o seguinte enlace grandes familias de linguas, cales son, ademais da familia de lingua indoeuropeas, as cinco grandes familias de linguas do mundo.
Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 25-10-2016 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal