IGUAIS, PERO DIFERENTES.
Como unha especie de ponte cara ao primeiro tema do libro imos falar da identidade, que aínda que é unha palabra cuxo sinónimo é ?igualdade?(se es idéntico a alguén, es igual a esa persoa) curiosamente é unha cualidade que nos fai realmente distintos a uns dos outros. Aplicado este termo a unha comunidade estable en relación coa Natureza, ao longo da Historia, nun Territorio, cunha Cultura e unha Lingua propias, fai de nós un país.
Vaiamos ao dicionario: IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.
LINGUA, HISTORIA E SOCIEDADE.
Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con Historia insertos nunha comunidade con pasado imos reparar na nosa árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara ao galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e por que somos. Somos en función do pasado, do que fomos antes"? ? a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.?
NA PROCURA DA ETIMOLOXíA DA PALABRA: GALICIA
Etimos + logos son dúas palabras gregas en orixe. Procurar a orixe verdadeira das palabras é buscar a etimoloxía dunha palabra, indagar de onde procede e cal é o seu significado orixinario.
Imos saber hoxe de onde procede a palabra GALICIA, quen nos puxo este nome, e mesmo coñecer un sufixo moi usado na nosa lingua, tanto que aparece na palabra gal-ego. Visualiza este dous vídeos e logo responde as cuestións:
Cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai da nosa lingua, pero quen é a avoa do galego?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinos aic /eic = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.
6- "Chover miudiño" e ?ás cuncas" ou "a cachón?, "a caldeiro"... Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia"ou de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas das linguas do mundo se falan en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Expresa coas túas palabras como cres que nace un idioma e por que é tan importante a súa pervivencia no mundo.
PROXECTO DE AULA: DA LINGUA DE 1900 ATA HOXE Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO? .
A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE
1º Que falaban os meus bisavós entre eles e que lle falaron aos meus avós?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pais? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron? Todas estas cousas influiron no idioma que falan.
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min?