|
|
|
O GALEGO NAS ESCOLAS DE ASTURIAS, CASTELA E LEÓN E ESTREMADURA |
|
 Como xa dixemos ao estudar as distintas linguas que se falan na península e os distintos territorios onde se falan, o galego fálase como lingua de seu máis alá das fronteiras da Comunidade Autónoma de Galicia e nalgúns concellos de comunidades veciñas mesmo existe a posibilidade de estudalo nas escolas e institutos.
CUESTIÓN:
Dos territorios onde se fala galego hoxe en cales se pode cursar algunha materia en galego de xeito oficial nos colexios e institutos?
Pois só se pode estudar de forma voluntaria a materia de Lingua galega en 4º da ESO e Bacharelato dalgúns centros educativos de Castela e León, aínda que os nenos e nenas que desexen iniciarse no uso escolar do galego poden facelo, de xeito voluntario, tanto en Primaria coma en Secundaria unha hora semanal en materias como Plástica para Primaria e dúas horas semanais en Ciencias Sociais para Secundaria. Pola contra noutros territorios do galego en Asturias ou Estremadura aínda non está regrada a súa introdución nas escolas.
Logo o tratamento da lingua galega dependendo da Comunidade na que se fale ten tratamentos ben distintos a pesar deformar parte todas dun mesmo estado e de estar protexido o uso e a escolarización pola lexislación europea en normas tan importantes para as linguas como a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|