blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O GALEGO NA ESCOLA: ALGO MÁIS CUN DEREITO
Por que estudamos galego nas escolas e institutos de Galicia e nalgúns de Castela e León?
O poder estudar galego como todo dereito recoñecido emana das leis que rexen aos cidadáns destas Comunidades Autónomas, dos seus Estatutos de Autonomía e da Constitución Española (1978).

Fixémonos no que pon a Constitución no seu ARTIGO nº 3:
1.O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.
2. As demais linguas epañolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Son pois as leis as que garantes a cooficialidade do galego en Galicia. O noso Estatuto di:

ARTIGO nº 5

1.A lingua propia de Galicia é o galego.
2.Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3.Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todo os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4.Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Logo na Lei de Normalización Lingüística: O galego, como lingua propia de Galicia , é tamén lingua oficial no ensino en todo os niveis educativos.

DO DITO AO FEITO SEMPRE HAI UN TREITO

Xa vimos que hai linguas faladas no Estado que non son oficiais, que non están recoñecidas. Sabemos tamén que hai nenos e nenas galegofalantes que viven en Asturias ou Estremadura que non reciben clases na súa lingua propia porque nestas comunidades non está recoñecido este dereito.

Logo os galegos temos unha gran sorte que a partir da volta da Democracia temos o dereito a saber e usar o galego. Hai quen de todos modos subliña que o tratamento do castelán e do galego non é idéntico: Temos o dereito a usar o galego, namentres que do castelán temos o deber de aprendelo ademais de o dereito ao usar.

Pero é importante mirar ao noso pasado para coñecer o porqué da situación presente das linguas que falamos en Galicia.

Botémoslle unha ollada ao vídeo que reflicte a vida duns nenos e nenas escolarizados nun pobo do interior de Galicia chamado Friol (Lugo) antes de que se introducira o galego nas escolas nos últimos anos do Franquismo:



CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO: As Escolas no Franquismo e a desruralización.

1- A pesares de seren o galego o idioma de Galicia, sabes cando se introducirá por vez primeira nas escolas?

2-Describe en detalle seguindo o que din as mestras cal era a situación dos escolares do rural nos últimos anos do Franquismo.

3- Unha das protagonistas da reportaxe é unha rapaza, en que condición de especial dificultade vive? Por que prefería comer no colexio co resto dos seus compañeiros das aldeas de Friol?

4- Que queren ser de maiores estes nenos/as? Por que cres que ningún quere permanecer no campo? Razoa a resposta.

5-Que fan os rapaces e que fan as rapazas ao rematar a xornada escolar e volver as súas casas? Teñen moito tempo para facer os deberes?

6- A avoa que aparece ao final da montaxe, en que idioma canta aos seus netiños?

7- Cal cres que é a situación dos nenos e nenas que viven e van a escola hoxe en Friol? intenta describir brevemente os cambios que pensas que se deron dende aquela.

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 09-12-2014 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal