blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que relación temos os galegos coa morte?
No Mes de Defuntos procuraremos aprender algo que nos caracteriza como galegos que é a nosa especial relación coa morte. Será porque vivimos no Cabo do mundo?
Imos comezar analizando unha curiosa peregrinación que debemos realizar todos, ben de vivos ou ben de mortos. Di o refrán: "a Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo". Por iso comezamos por analizar este curioso documental que ademais de localizar este santuario na Costa da Serra da Capelada, perto de Fisterra, conta a lenda de Santo André e como hai tradición de que vaian en peregrinación vivos e mortos a aquel lugar. Os mortos necesariamente por seren romeiros do Alén( precisan mesmo a axuda de familiares vivos para atoparen o camiño cara esa illa do Alén cara a que se dirixen unha vez chegados a Teixido de aí os amilladoiros de pedras). Os vivos por ofrecemento ou promesa para sandar algún mal para o que moitos acoden co ataúde.
Pero un lugar máxico tamén presenta rituais que teñen que ver coa vida como o asociado á fonte dos tres canos ou a herba de namorar ou o xunco do bon parir.
No santuario, un dos máis visitados de Galicia, véndense tamén un amuleto-recordo que é pan de Santo André.




Imos pois despois de ver o vídeo responder as seguintes cuestións:
- Que significa a expresión romeiros do Alén?
- De que se queixaba Santo André a Xesucristo ao se instalar o seu santuario neste lugar de Teixido? Que lle contesta Cristo?
-Como pode ir un morto que non foi de vivo a Santo André ou a calquera outra romaría ao que estaba ofrecido? Que significa "petar no sartego"?
- Por que motivos acoden ao santuario os vivos?
- Define os seguintes conceptos: Romaría, Alén, ofrecemento, "herba de namorar", amilladoiros, "xunco do bon parir", procura tamén dous sinónimos de ataúde:...
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 05-11-2013 05:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal