As 100 maneiras de chover
Imos descubrir como chove en Galicia, pero imos facelo a través das palabras.
No que vai de mes, rexistráronse máis 100 l/m² en moitos puntos de Galicia, pero esta chuvia por momentos foi persistente, noutros caeu de xeito intermitente, e ademais as precipitacións nuns momentos tiveron un carácter débil e noutros forte. Debido a estas diferentes formas de caer a chuvia, en galego existen ata 100 maneiras de referirse a ela.
Móllate!
PREGUNTA NA TÚA CASA ( ao teu pai ou a túa nai os aos teus avós)
Cando a chuvia é fina, pero non desagradable como se chama na miña casa?
E cando as néboas chegan a mollar, como se chama?
Se vemos o sol mentres cae unha chuvia moi fina, como a nomeamos?
Cando a chuvia é fina pero intensa, chamámola..............
Cando a chuvia é feble, pero as gotas xa non son tan finas, entón chámaselle ..................
Cando as chuvias son fortes e persistentes coma estes días como podemos chamalas?
Pero se as chuvias son intermitentes aínda que fortes, como se nomean?
Se a chuvia vén acompañada de raios é ............
A maiores tamén temos expresións formadas con chuvia xunto cun elemento que fala de moita cantidade como:.........
E tamén outras expresións para falar de pouca chuvia: ..............
E tras das chuvias poderemos dicir: .........
Aínda que por aquí non neva,nin caen folerpas con frecuencia, cando cae auga que parece neve dise que...
Para completar os teus coñecementos sobre as 100 maneiras de chover podes facer algunha consulta na rede |