blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COLOCACIÓN PRONOME ÁTONO
Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos e vitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: ( dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: ( alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 11-03-2013 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ola#blgtk08# />
Comentario por adrian cordeiro da cruz (10-06-2013 16:47)
2 ola olita vecinito
#blgtk08# jajaja soy de 1A
Comentario por adrian (10-06-2013 16:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal