O próximo xoves imos poder falar coa autora do libro Mortos de Ningures. Aínda que se trata dun libro colectivonós falaremos cunha autora experimentada da literatura galega actual. Trátase de Ledicia Costas da que nos interesa coñecer a súa traxectoria, que outro slibros escribiu e as súas inquedanzas como autora. Para isto último podemos botar man do seu blog: son da brea muiñeira.
Pola nosa conta estamos preparando unha visita imaxinaria aos escenarios da súa novela: Ningures, Todures e Algures. |