blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nasín cando as prantas nasen de Rosalía
UN POEMA DE ROSALíA para entender o seseo



Estre poema de Rosalía de Cantares galegos copiado e lido na clase usámolo para atopar recursos deducir o tema e identificar un dos trazos dialectais propios do galego occidental ou o da costa atlántica de Galicia.

O seseo é unha desas características que observamos no verbo nacer= naser na lingua de Rosalía na que o son do c + e/i pasa a ser "s". Tamén pasa isto coa letra "z" que en todos os casos pasa a pronunciarse "s".




Logo preguntando na casa ás persoas que habitualmente falan galego, aos pais ou aos avós descubrimos outro dos trazos da fala do galego do Morrazo (se cadra deberíamos dicir "Morraso"). Trátase da gheada, unha aspiración que semella o son do "h" inglés para pronunciar o "g" por exemplo: ghato en lugar de gato.

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 27-04-2012 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal