blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTOS AO TELÉFONO DE 1º ESO A
Seguindo os pasos do noso amigo Rodari, imos ir colgando aquím, nesta nova categoría do blog distintos textos que seguen unha pautas semellantes ás que presentan os famosos "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, que naceron dunha experiencia do autor coa súa filla á que en moitas ocasións ao non estar na casa á hora de deitarse a nena a causa do seu traballo como xornalista, el decidiu chamala por teléfono para seguir co costume de narrarlle un breve conto cada noite.

Comezamos con este conto ao teléfono de Manuel Goimil:

"Os altofalantes da estación do tren anuncian saídas e chegadas un tanto raras; deuse o caso de que, un día, falaban un idioma, e ao seguinte, outro.
-Penso que iso é italiano! –dixo un condutor certo xoves.
-E iso, non é chinés? –preguntou outro ao día seguinte.
-Ou xaponés!
-Seica o altofalante foi de Erasmus?
Ademais, as horas que saían polos altofalantes eran completamente disparatadas.
-O tren chegará ás trinta e cinco e dous medios calcetíns do corenta de outubro –deulle por dicir un día, en árabe.
O que, no caso de existir, sería dous meses máis tarde. Por iso, un experto foi revisar os aparatos.
-Non hai dúbida, están escangallados –era un experto de fama mundial, está claro-. Teñen un trasno metido! –diagnosticou.
-Pois moi culto é! –dixo o xefe da estación-. Que facemos?
-Nada. Se os trens sempre levan retraso, para que o imos arranxar? Sempre vai dicir o mesmo!
E así foi como, ata que cambiaron ao xefe e ao experto, no ano da súa xubilación, o trasno seguiu dicindo tantas trasnadas como quería, ata que cortaron as luces e levaron ao ser de volta ás fragas. Entón, todo volveu á normalidade: o aburrimento."


Manuel Goimil
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 26-01-2012 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal