Hoxe estivo con nós Elena Gallego despois de ler e traballar sobre o seu libro Dragal, a herdanza do dragón. Soubemos unha morea de detalles desta saga que creo a autora para facer evidente que desde Marín se pode escribir e chegar a editar unha novela como esta. demostranos que é posible unha novela de fantasía e aventuras orixinal que fuxa dos lugares comúns doutras sagas máxicas e procure a base da súa trama nas lendas e na historia propias, da nosa Terra.
Os dragóns son seres máxicos presentes en muitas culturas, tamén na nosa. Elana Gallego demostrounos como partindo das nosas lendas podemos crear unha troloxía como a de Dragal. A primeira entrega foi editada cando xa tiña escrita a segunda, e xa está ultimando a terceira da saga que sairá á luz na próxima primavera posiblemente. Daquela volveremos invitaremos de novo a autora a compartir unha xornada con nós. Se queredes ver máis fotos do Encontro podedes ver unha reportaxe fotográfica no blog da Biblioteca de Secundaria. |