blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IGUAIS, PERO DIFERENTES
Como unha especie de ponte cara ao primeiro tema do libro imos falar da identidade, que aínda que é unha palabra cuxo sinónimo é “igualdade”( se es idéntico a alguén es igual) curiosamente é unha cualidade que nos fai realmente distintos a uns dos outros. Aplicado este termo a unha comunidade estable en relación coa Natureza, ao longo da Historia, nun Territorio, cunha Cultura e unha Lingua propias, fai de nós un país.

Vaiamos ao dicionario: IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.

Quero ser orixinal, como podo ser orixinal?

Le o seguinte texto:
"A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. Se o galego quere ser máis que habitante dun territorio, se arela ser un factor de universalidade e de cosmopolitismo, soamente co emprego da lingua propia, obra da natureza, poderá selo. Arrenegando da lingua terá que avergoñarse sempre de si mesmo. Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais…
...Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? (...)

Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira,

ACTIVIDADES
COMPRENSIÓN LECTORA
1- Imos intentar poñer un título-tema. Analiza cada parágrafo do texto de Antón Vilar Ponte e intenta resumir nunha liña o seu contido esencial.
2- Que diferenza existe, segundo Vilar Ponte, entre un galego habitante ou residente e un galego falante?
3- Que cres que significa a expresión “redimirse da servidume do mimetismo”.
4- Por que parece tan importante ser orixinais no universo?

LINGUA E SOCIEDADE: A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con historia insertos nunha comunidade con pasado imos realizar finalmente unha árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara o galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do pasado, do que fomos antes"… … a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.”

Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO?

1º Que falaban os meus bisavós paternos entre eles e que lle falaron aos meus avós paternos?/ Que falaban os meus bisavós maternos entre eles e que lle falaron aos meus avós maternos? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pai? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron?
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min? Sobre que ano naceron, onde viven, que oficio teñen?
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 03-10-2013 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Do Día Europeo das linguas ao Día da Tradución

O pasado día 26 de setembro era o día Europeo das Linguas e hoxe é o Día da Tradución. Este ano no que celebramos o 150 aniversario da publicación dun libro fundamental da Literatura galega moderna, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, acaba de presentarse unha tradución deste libro ao ruso, toda unha boa nova para a nosa literatura que pode ser lida por milleiros e milleiros de lectores e lectoras que teñen como lingua nai o ruso.

A tradución é polo tanto unha recreación dunha obra, unha nova mirada sobre a obra orixinal. Xa de por si un texto literario ten varias interpretacións, é polisignificativo, pero coa tradución gaña fondura e novas lecturas, actualizacións do seu discurso.

Procuremos nós esa experiencia.

1- Como escribirías en correcto galego normativo as seguintes oracións que reproducimos en castelán?

"Recuerdo que te miró fijamente y se lo dijo de inmediato. No confíes más en esa amiga, te vendió en la primera ocasión. Más tarde cuando ibas por el sendero, la zarza te rompió la camisa. Había llovido, estaba empapada y ella rechazó tu ayuda. Aún así tenía tal mojadura que le recomendaron desnudarse y poner ropa seca. Supiste entonces que le había ocurrido. Siempre te lo habían advertido tus verdaderos amigos."

2- Moitos de vos non usades habitualmente o galego polo que se fai complicado escribir correctamente colocando como corresponde o pronome. Inténtao:
Colleu moi a modiño (o).
Pediu polas boas (a).
Desta forma ves mellor (as).
Axiña vou contar (os).
Recitaba con moito aquel (as).
Dixo el mesmo (o).

3-Coloca agora os nosos te ou che(o que corresponda), no lugar convenient:

Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
Non ... quixen... magoar..., perdoa.
Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.


4- Traduce un texto que che guste especialmente e que non estea na nosa lingua. Observarás como se transforma e recrea nese proceso que denominamos tradución.

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-09-2013 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
MODELO PROBAS DE SETEMBRO 2013
Como xa indicamos por escrito aos interesados/as imos colgar un modelo das distintas avaliacións seguindo o tipo de probas que durante o curso se foron facendo.

Para alumnos/as que teñen pendentes a 1ª, 2ª e 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: 1ª/ temas 1-2-3-4 parte 5
da 2ª/ 5-6-7-8 ( poesía e Rosalía) 2ª
e da 3ª/ 9,10,11,12 LETRAS Galegas: Vidal Bolaño.

Deben traballar co léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados. Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.

Literatura popular e xénero narrativo, lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Lecturas obrigadas (no caso de non telas realizado): Mortos de ningures de Ledicia Costas e Pere Tarabuela e Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz e/ou caso de ser unha obra das escollidas na terceira avaliación do listado que se lles ofreceu no seu día.
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).



Para alumnos/as que teñen pendente a 2ª e 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: temas da 2ª 5-6-7-8 poesía e Rosalía) e terceira 9,10,11 ,12 LETRAS Galegas: Vidal Bolaño e o Himno galego.

O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados.

Literatura popular e xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.


Lecturas obrigadas (no caso de non telas realizado durante o curso): Mortos de ningures de Ledicia Costas e Pere Tarabuela e Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz e/ou caso de ser unha obra das escollidas na terceira avaliación do listado que se lles ofreceu no seu día.
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).


Para alumnos/as que teñen 1ª e 3ª avaliación pendente:

TEMAS do Libro: 1ª/ temas 1-2-3-4 parte 5
e da 3ª/ 9,10,11,12 LETRAS Galegas: Vidal Bolaño.

Deben traballar co léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 ollo está no tema 8 do libro e apuntamentos, pero é pregunta da 2ª avaliación que repetimos na 3ª ). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados. Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.

Literatura popular e xénero narrativo, lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Lecturas obrigadas (no caso de non telas realizado): Mortos de ningures de Ledicia Costas e Pere Tarabuela e Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz e/ou caso de ser unha obra das escollidas na terceira avaliación do listado que se lles ofreceu no seu día.
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).


PROBAS MODELO PARA SETEMBRO
A continuación colocamos aquí modelos de probas por avaliacións. Todas as probas de recuperación de setembro terán unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións.
No caso das probas dos libros de lectura, das que non colgamos probas, tamén seguirán os modelos realizados durante o curso que coñecen os alumnos/as implicados.


PROBA MODELO DA 1ª AVALIACIÓN

1- O NOME DAS COUSAS: Ponlle nome aos números da ilustración ( por exemplo: unha rúa dunha cidade.
2-Enumera e explica brevemente os elementos dun texto narrativo como por exemplo unha novela como Dragal.
3- LITERATURA: Define os tres xéneros literarios tanto na forma como no contido que os caracterizaseguindo o explicado na aula ( apuntamentos)
4-A LINGUA POR DENTRO: Tipos de substantivos e pon dous exemplos de cada.

5-Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ cabotaxe __ mel ___laranxeira __ ponte __ cume __ análise
__ crise __ paréntese __ diabetes __ friaxe __ nariz __ cárcere
__ sangue __ sal __leite __garaxe __ paxe __ romaxe
__ hepatite __diadema __dor __ arte __ calor __ orde __árbore __servidume __ costume __limoeiro __ marxe __suor __ sinal __orixe__ til __ pa __croio __mar __lentes __con __beiramar __preamar ___áncora

6- Pon o plural dos seguintes substantivos e deduce a regra de formación do plural. Fíxate e segue o exemplo:
- Café (singular rematado en vogal) café-s (plural engade –s)
Lei ( singular rematado…
Xamón ou robot (singular
Tórax ( singular
Colar ou xuíz ( singular
País ou mes (
Lapis ou luns (
Gol ou móbil (
Sinal ou xabaril (
Ollomol ou parasol (

7- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Irmán:_______temperán:__________folgazán:___________cristián:_________ourensán:_________arousán:_______
Castelán:________humano:__________anano:_________pillabán:____________nugallán:__________alemán:_ ______
Lacazán:___________mentirán:_________elegante:_________xudeu:__________vampiro:___________xenro:_______
8- ESCRIBIMOS BEN: Ponlle til ás palabras que o precisen:
a) Compre que maña chamedes a Anton por se quere sair connosco. Se cadra logo ven a xogar as bolas.
b) Dixeronme que fora a casa de Ramon e que agardase fora ata que chegase el. Debia traer unha bola de pan.
c) Alguen esta agardando a sua resposta. Logo ves e ves que tipo de pregunta e esta.
d) Cando fomos de excursion, vimos un esquio nunha arbore que habia preto do muiño. Logo vin un oso pardo.
e) O portavoz dos alumnos falou co profesorado seriamente.
f) A viuva sabia mais do que dicia, pero as veces compre non ter tanta presa. Ela e moi apurada, mais onte non.

9- Pon til ás palabras que o precisen: Habilmente, ingles, balonman, portalampadas, fixena,
lua, saida, tunel, lider, textil, heroe, sua, transeunte, miudo, lapis, dificil, paxaro, medula, olimpiada,
misil, vertixe, parasito, acne, reptil, periodo, omoplata, atmosfera, teorico-practico, collenolos, vaiven.

10. LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do estado español e o plurilingüismo (un texto mínimo de 10 liñas).



PROBA MODELO DA 2ª AVALIACIÓN

1- Os nomes das cousas: Do baño á cociña. Coloca nome aos números que aparecen nas ilustracións.
2- A LINGUA POR DENTRO: CONXUGA modo presente, pretérito e futuro de indicativo do verbo: ANDAR
Presente de subxuntivo de: OBEDECER
3-Tipos de pronomes e escribe un enunciado con cada un.
Define e explica : Diferenza entre adxectivos determinativos e pronomes.
4-Logo identifica nos seguintes enunciados tipos de adxectivos determinativos e pronomes:

Fixo outra casa
Noso pai e o meu.
Dúas persoas e algúns animais.
Cadaquén é cadaquén.
Viñeron só tres.
Alguén quere algo?
Vive no primeiro andar.
Quen quere máis?


5- ESCRIBIMOS BEN: Pon signos de puntuación e acentos ao seguinte texto: Cópiao e puntúa de novo.
Din que a poesia e para os romanticos porque a sua tematica e sempre o amor non e certo o texto de celso fdez sanmartin e so un exemplo a poesia alimentase do cotian e tamen de sucesos aparentemente pouco importantes o que converte ese acontecer en poema e a mirada do poeta ou da poetisa todos ti tamen temos unha mirada persoal.

6- LITERATURA: Define xénero lírico e as súas características.
7-Indica que tipo de rima e medida teñen os seguintes versos:
No poema localiza unha personificación e unha hipérbole.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
agora teño media vida.


Rosalía de Castro.

8- Que son unha metáfora e unha ironía. Pon un exemplo de cada.
9- Características dun CONTO:
10-LINGUA E SOCIEDADE: Que é un prexuízo lingüístico.
Comenta porque son prexuízos os seguintes:
a) Afirmar que o galego é un idioma de brutos.
b) Falar galego é de mala educación se os demais non o falan.



PROBA MODELO DA 3ª avaliación

1-O nome das cousas. A miña habitaciónou o corpo humano.
2-Define xénero teatral e un monólogo.
3-Cadro dos pronomes átonos.
4-Colocación do pronome átono excepcións (pon exemplos).
4- A LINGUA POR DENTRO: Coloca correctamente “te” ou “che”:
Quizá__faga ____ unha festa.
Xa ____ dixo ___ que non ____ quería.
____Recitou___ un fermoso poema .
Sempre ____estás ___ a rir de min.
Fernando veu para ____dar ____algo.
____Esperei___ máis de tres horas
Quen ___chamou____ hai dúas horas?

5-ESCRIBIMOS BEN: Escribe V ou B:
_asoira , _iaxe, a_ogado, _oda,
_oar, _óla, imposi_le, _ol_oreta, _arrer, _aleiro, chu_asco,_eira, _illa,
a_ó, co_arde, gra_ar, _ermello, _acina, mó_il, _aranda, estri_eira.

- ORTOGRAFÍA completa coas letras correctas para o galego as seguintes palabras: s/x/ ll/i
E_cavar, e_posición, e_ame, e_i _ir , e_traño, e_tender, e_to_o, e_tran_eiro, no_ento, e_cesivo, _enro.
baca_au, ensa_o, pra_a, fa_ado, ma_onesa, pa_aso, bara_a, ma_o, _ogur, a_eo, ata_o, bo_a, sa_a, ra_a.

6- Substitúe o subliñado por pronomes átonos. Exemplo: Mercou un coche ao seu pai. Mercoullo
a) Fíxo a pregunta a Clara o + lle = -llo
b) Gardou o lapis no estoxo.
c) Chamou a atención a nós.
d) Comprei uns libros para os meus pais.
e) Pregunta a dirección aos policías.
f) Conto un conto para ti.

7-Indica se hai suxeito ou non E logo no predicado distingue os complementos directo, indirecto e circunstancial.
Indica nos casos que non leva suxeito cal é o motivo.

Xoán fixo unha merenda para os amigos. Nevaba nas altas montañas daquel país.

Fixeron tres contos para os nenos pequenos. O pirata gardábanos un tesouro no barco.

8-Que diferenza existe entre unha oración simple e outra composta ( pon un exemplo).
9-CONXUGA: Presentes de indicativo de SEGUIR, PEDIR, DURMIR, e o presente de subxuntivo de CAER.
Escribe despois as seguintes formas verbais:
SENTIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:_________ 2ª persoa sing. de presente de Indicativo_________
SUBIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:__________ 3ª persoa plural do presente de Indicativo:_________
CONSTRUÍR: 1ª persoa sing. de Pretérito Indicativo:___________1ª persoa sing. Presente de Indicativo:___________
CONDUCIR: 2ª persoa plural de Antepretérito :_____________ 3ª persoa sing. Pospretérito:_______________
OIR: 1ª persoa de plural Copretérito:________________ 1ª persoa sing. Presente Indicativo:___________

10-Texto argumentativo (10-15 liñas) sobre o seguinte tema a escoller:
A) Por que é necesaria a Normalización dunha lingua.
B) Roberto Vidal Bolaño: vida e obra.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-07-2013 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Achégate á Biblioteca o próximo xoves!

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 18-06-2013 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Himno de Galicia
Identifica no Himno galego unha metáfora
e unha personificación, explica quen fai as preguntas iniciais do poema e a quen se dirixen ou quen as responde:




Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




Neira Vilas (Gres, 1928) no seu libro 100 anos do himno galego (Edicións Embora) aclara que a súa achega non pretende ser unha «historia completa», senón o froito das súas investigacións en Cuba -onde viviu 31 anos- sobre as circunstancias que rodearon o nacemento e estrea da composición, así como a súa difusión ata chegar ao centenario celebrado no 2007.
Neira Vilas remarca o papel fundamental do emigrante ferrolán Xosé Fontenla Leal -«home lúcido e apaixonado que amaba a súa patria de orixe, á que lle dedicou de por vida todas as súas enerxías»-, quen primeiro pensou en Curros Enríquez e o mestre Chané para a letra e a música do himno, respectivamente. Pero un enfado entre ambos os dous impediu o proxecto e finalmente serían Eduardo Pondal e Pascual Veiga os autores. A súa colaboración arranca en 1890, cando o poeta lle envía ao compositor Os Pinos para presentarse ao premio para unha «Marcha Regional Gallega» nun concurso musical celebrado no Recreo de Artesanos da Coruña. Non obstante, a estrea non chegaría ata o 20 de decembro de 1907, na Habana, aínda que nos últimos anos hai investigadores que apuntan que o himno debeu de interpretarse en público con anterioridade. No seu libro, Neira Vilas di que «non hai constancia de que a peza fose premiada nin interpretada» no certame de 1890, pero que Fontenla contactou con Pondal e Veiga ante a imposibilidade de contar con Curros e Chané.

Pondal escribiría logo o único himno do mundo, que nós coñezamos, que comeza con preguntas e interrogantes.
Pero que se pregunta o noso himno?, quen fala?

Eduardo Pondal compuxo un longo poema de 10 estrofas no seu libro Queixumes do Pinos. Os galegos da Habana en 1907 procurando unha letra para o que sería o Himno de Galicia escolleron as catro primeiras estrofas deste poema ao que logo poría música Pascual Veiga.

Imos logo descubrir que é o que nos di o noso himno:

O autor do Himno é_______________________.

Lembra a segunda parte e indica cal é o símbolo no poema que representa o pasado, presente e futuro: Os "rumorosos" que son os pinos, cuxa raíz no pasado, o tronco o presente e o futuro que está nas copas que son as que "pregoan a redenzón da boa nazón de Breogán".

BOTEMOS LOGO UNHA OLLADA INICIAL AO LÉXICO DO HIMNO:(exercicio de clase)

- os rumososos:
- luar:
- arume arpado:
- monótono fungar:
- cinguido:
- confín:
- castros:
- inxuria:
- rudo:
- encono:
- Breogán:
- arroubo:
- féridos:
- bardos:
- vaguedades:
- pregoa:
- redenzón:
- nazón:

Sobre Breogán e o seu adn, por se queremos da lenda historia podedes ler este artigo do ADN de Breogán.

Unha versión musical do himno:

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 10-06-2013 07:27
# Ligazón permanente a este artigo
CUESTIONARIO DO ESPECTADOR: VIDAL BOLAÑO

CUESTIONARIO DO ESPECTADOR: Para unha reflexión e unha comprensión das representacións


Características do Xénero teatral
O interese educativo do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito.
Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar.
Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.



AGASALLO DE SOMBRAS de Roberto Vidal Bolaño.

A obra que representan alumnos/as 1º de Bacharelato, quere render unha homenaxe conxunta a Rosalía no ano qu ese cumpren 150 anos da publicación dos Cantares gallegos, un 17 de maio de 1863, e por outra banda ao autor ao que se dedican o Día das Letras deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño.
Trátase dunha obra polémica deste controvertido autor que pretende dar unha nova visión sobre a figura de Rosalía rachando vellos moldes, tópicos rancios sobre a poeta. En palabras do propio Vidal Bolaño esta obra é unha “ celebración libre e non moi respectuosa arredor do tempo, a vida e a obra da poeta Dna. María Rita Rosalía Castro de Murguía, tamén coñecida como “ Santiña”, inspirada nunha idea roubada do Teatro de Máscaras de D. Ramón O tero Pedrayo e adobiada con ringorrangos doutras dúas catedrais do teatro imposible, o Fausto de Ghoete e “As tentacións de San Antonio” de Gustave Flaubert, así como con parte da correspondencia persoal da poeta e de moito do que sobre ela levan dito algúns dos que a coñeceron e estudaron”. RVB persegue realmente unha visión actual do mito de Rosalía do que sabemos e do que quixeramos saber sobre ela.
1- Cal é o conflito ao que Roberto Vidal Bolaño nos quere levar nesta obra, Agasallo de Sombras?
2- Quen son os personaxes principais desta obra, terán algo que ver co tema que soa ao comezo e final da adaptación que se representou? Coñecías este poema, sabes como se titula?
3- A personaxe de Rosalía como aparece representada na escena en Agasallo de sombras?
4- Que cres que representa o personaxe de Aurelio Aguirre?
5- Na carta que escribe Rosa ao seu marido, que lle reprocha. Como se retrata a Manuel Murguía, o home de Rosalía, no conxunto da obra?
6- Como se reflicte na obra a personalidade proto-feminista de Rosalía?
7- Que querería dicir Rosalía na cabeceira da obra cando comenta: “E pensar que aquela noite, todo era aínda posible”?



A ÓPERA DE A PATACÓN, adaptación de Roberto Vidal Bolaño

1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.

AULA DE TEATRO SAN NARCISO ............2013
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 04-06-2013 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO UNHA REPRESENTACIÓN DE VIDAL BOLAÑO SOBRE ROSALÍA
Preparamos a nosa asistencia a unha sesión de teatro con Rosalía e Vidal Bolaño como centros de interese. Para dito evento que xa ensaian 4ºda ESo e Bacharelato confeccionamos este Cuestionario Rosaliano:


I É VERDADE I É MENTIRA LETRAS GALEGA
S 2013

Vivimos e/ou vivamos como Galeg@s!?

Un par preguntas para empezar sobre o noso himno que foi escrito por un amigo da mocidade de Rosalía chamado Eduardo Pondal:

Escolle as dúas Letras das opcións son as verdadeiras e rexeitas as dúas falsas?
A) O pobo galego é o único que ten un himno que comeza con dúas preguntas.
B) O pobo galego ten un himno que canta con orgullo o nome da terra e o dos seus poboadores.
C) O himno galego divide aos habitantes de Galicia en imbéciles e escuros e os bos e xenerosos.
D) O himno galego proclama a unión de todos os galegos ao longo da historia desde a época de Breogán?

CUESTIONARIO ROSALIANO

SOBRE O NACEMENTO DE ROSALÍA:
1-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Din que María Rita Rosalía naceu en Compostela, filla da fidalga solteira Dona Tareixa.
B) Din que María Rita Rosalía naceu en Padrón no mesmo lugar onde morreu.
2-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Do seu pai nada se sabe, mesmo ela en vida non soubo nada del.
B)Do seu pai hai quen asegura que foi un home que estudaba para cura.

A INFANCIA
3-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Pasouna en Padrón comezando un contacto especial coa tradición oral, o verdadeiro espírito do pobo.
B) Pasouna en Compostela, sen coñecer inicialmente o verdadeiro espírito do pobo galego.

A MOCIDADE DE ROSALÍA
4-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)En Compostela comezará como todas as mulleres da época a prepararse para ir á Universidade.
B) Non todas as mulleres na época tiveron acceso aos estudos, pero ela comezounos no Liceo da Xuventude .

5-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Gustáballe moito a repostería e o deseño de vestiario elegante.
B)Gustábanlle a música, o debuxo e especialmente o teatro.

6-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Chegou a representar obras de teatro na súa mocidade con moito éxito, polo que despois de casada volveu a interpretar un papel protagonista en Compostela.
B) A súa relación co teatro foi circunstancial simplemente asistía ás representacións que se facían en Compostela, claro está, daquela todas en castelán.

7-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Tivo como amigos de moza en Compostela a dous poetas comprometidos e exaltados liberais.
B) As súas amizades eran todas da elite de Santiago, mesmo relacionadas co arcebispo.
8-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Manuel Antonio e Castelao, que son de Rianxo eran os seus amigos.
B) Eduardo Pondal e Aurelio Aguiirre eran os seus amigos.
9-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Os dous poetas de ideais progresistas e case revolucionarios, que compartían con Rosalía, participaron activamente en actos políticos de obreiros e estudantes como o chamado banquete de Conxo.
B) Os seus amigos conservadores, ideas que compartía Rosalía, propugnaban á volta ao Antigo Réxime, cunha monarquía centralista e unha sociedade estamental.
10- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Rosalía tiña unha ideoloxía liberal e progresista, filla dun século, o XIX, de profundos cambios ideolóxicos na sociedade.
B) Rosalía, como muller que era nun tempo sen igualdade, tiña unha ideoloxía máis ben conservadora como logo comprobaremos na súa obra.
11- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Aurelio Aguirre chegaría a ser un poeta famoso en castelán que, a pesar de ser amigo de Rosalía, sempre criticaría o seu afán por escribir en galego.
B) Aurelio Aguirre, amigo íntimo de Rosalía, foi poeta que inflúe na nosa poeta , pero non puido coñecer apenas a obra en galego da autora porque se suicidou na praia de Orzán á idade de 25 anos.

RELACIÓN CON MANUEL MURGUÍA
12-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Rosalía non tivo nunca unha actitude emprendedora, proba delo é que en canto chega a Madrid casa con Murguía.
B) Rosalía chega a Madrid con intención de ser escritora, grazas á publicación do seu primer libro en castelán La flor, din que coñeceu ao seu home Manuel Murguía.

13-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) A partir do casamento Rosalía vai ter unha dependencia total con respecto ao seu home, de feito o matrimonio cambiará de residencia en función do traballo de Murguía e mais adiante, ao ter un gran número de fillos, imposibilitará o seu desenvolvemento como autora.
B) Rosalía despois de casar vai estar máis limitada para exercer como escritora, pero nunca deixará de escribir, ademais vai haber momentos, especialmente os primeiros anos de casada nos que viaxará soa a Compostela, por exemplo para ter a súa primeira filla, Alexandra .

14- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Murguía apoiará a Rosalía para que escriba e publique en galego, pero será a autora a que desenvolva autonomamente o seu primer poemario en galego Cantares Gallegos.
B) Murguía impuxo os seus criterios á hora de escribir en galego, proba delo é que Rosalía tamén escribiu en castelán.

DE CANTARES GALLEGOS
15-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Sobre a obra de Cantares gallegos dise tradicionalmente que foi feita ás presas e dun xeito espontáneo, de aí o seu pouco valor con temas relacionados gran parte co costumismo e o folclore e a gran diferenza coa outra obra en galego: Follas Novas.
B) Os Cantares gallegos foi unha obra pensada e deseñada baixo un modelo e un estilo que xa aparecía na obra de Sarmiento, onde se fai un canto á dignidade de Galicia, das súas xentes e da súa lingua facendo uso da tradición oral, unha obra distinta a Follas Novas, pero dun valor equiparable.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 22-05-2013 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
Vivamos o Teatro en galego con Vidal Bolaño
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O TEATRO GALEGO:
Imos achegarmos a este xénero teatral na nosa literatura da man de Vidal Bolaño, que vén sendo un dos autores máis representativos do teatro en galego, como Rosalía o é da poesía.




Roberto Vidal Bolaño 1950-2002:



Deixamos aquí tamén un pequeno resumo da súa vida e da súa obra cunha creación propia de dúas compañeiras de 1º de Bacharelato:



Por ver se aprendemos algo intenta realizar as seguintes actividades sobre o que vimos.

COMA UNHA SEGUNDA PARTE

Unha nova reportaxe da TVG sobre Vidal Bolaño

Estamos logo celebrando que en galego está o noso mundo:



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 14-05-2013 06:12
# Ligazón permanente a este artigo
COAS LETRAS GALEGAS CONCURSA DÍA A DÍA
CONCURSO DA BIBLIOTECA, EDLG E O DEPARTAMENTO DE GALEGO

Podes participar ata o 30 de maio, día no que se entregarán os premios aos gañadores/as.

É un CONCURSO DIARIO.

Contestar a cuestións como estas:

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (20)

CUESTIÓNS para o 29 de maio ( derradeiro día)

1ª Como se chama o autor de obras como Días sen Gloria, Animaliños ou Criaturas? En que ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas?
R _ _ _ _ _ _ _ I _ _ _ _ _ _ _ _ O

_ _ 1 _

2ª Saberías como se chama unha das súas obras máis polémicas que van representar os alumnos/as de 1º Bacharelato proximamente?
A_ _ _ _ _ _ _ D _ S_ _ _ _ _ _

3ª Esta obra é unha revisión sobre a visión que os galegos temos sobre unha figura clave do Rexurdimento, saberías cal é o seu nome ?
_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!




CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (19)

CUESTIÓNS para o 28 de maio

1ª A que gran poeta nacido en Celanova en 1912 se lle dedicou un Día das Letras ?
C _ _ _ _ E_ _ _ _ _ F _ _ _ _ _ _ _
2ª Saberías como se chama un dos seus máis coñecidos libros de poemas cuxo título se interpreta como unha metáfora da ditadura de Franco?
L_ _ _ _ N _ _ _ _ D_ P_ _ _ _
3ª Que outro poeta nacera tamén en Celanova e é unha das figuras principais do Rexurdimento ?
M_ _ _ _ _ C _ _ _ _ _ E _ _ _ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (18)


CUESTIÓNS para o 27 de maio

1ª A quen se lle dedicou o ano 1984 o Día das Letras a un referente do teatro dese tempo. Cal é o seu nome?
A _ _ _ N_ _ C_ _ _ _ _ _ _ V _ _ _ _ _ _ _
2ª Saberías como se chama un autor que foi homenaxeado un ano antes que o anterior?
M_ _ _ _ _ L _ _ _ _ _ P_ _ _ _ _ _ _
3ª Este autor escribiu un libro no 1911 que se chama igual que outro dos famosos escritos por Rosalía. Cal é o seu título?
C_ _ _ _ _ _ _ G _ _ _ _ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (17)

CUESTIÓNS para o 24 de maio

1ª O ano 1990 dedicouselle o Día das Letras a un poeta nado en Lugo capital. Cal é o seu nome?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _ _

2ª Máis recentemente outro escritor de Lugo capital, este autor de obras en prosa foi homenaxeado no Día das Letras ? En que ano foi homenaxeado?
• A_ _ _ _ F_ _ _ _
• 1_ _ _
3ª Catro títulos fixeron coñecido a este autor. Cales son?
Á L_ _ D_ C_ _ _ _ _
T _ _ _ _ _ _ A_ _
C_ _ _ _ _ D_ N_ _ _A
H_ _ _ _ _ _ _ _ Q_ _ N_ _ _ _ _ _ C_ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (16)

CUESTIÓNS para o 23 de maio


1ª O ano 1971 dedicouselle o Día das Letras a un poeta do mar, seguramente por nacer en Muxía. Cal é o seu nome?

G _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ A _ _ _ _ _

2ª Un membro pouco coñecido da xeración Nós, autor homenaxeado no Día das Letras no ano 1985,como se chamaba?

A_ _ _ _ L_ _ _ _ _ D_ _ _ _ _ _




PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (15)

CUESTIÓNS para o 22 de maio


1ª O ano 1968 dedicouselle o Día das Letras a un dos membros da Xeración Nós coñecido polos seus estudos arquolóxicos. Cal é o seu nome?

F _ _ _ _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _ _

2ª Outro membro desta xeración, autor dunha considerable obra en prosa foi homenaxeaado anos despois, como se chamaba e en que ano se celebrou o seu Día das Letras?


V_ _ _ _ _ _ R_ _ _ _

_ 9 _ _

3ª Procura un par de títulos deste autor, o dunha das súas novelas máis coñecidas e a súa obra de teatro?

O P_ _ _ _ D_ P_

O B_ _ _ _ D _ _ R _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (14)

CUESTIÓNS para o 21 de maio


1ª O ano 1970 dedicouselle o Día das Letras a un estudoso do léxico galego. Cal é o seu nome?

M _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _ _ _ _ _

2ª Ademais de edoitar un dicionario galego-castelán no ano 1884, tamén fixo unha novela. Saberías como se chama ?


M_ _ I _ _ OU A F _ _ _A E_ _ _ _ _A

3ª Cal foi o poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras o ano anterior?


A_ _ _ _ _ _ N _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(13)

CUESTIÓNS para o 16 de maio

1ª Antes da aparición de Roberto Vidal Bolaño na nosa Literatura Dramática case que nada parecido sucederá no eido do Teatro en galego a non ser no 1º terzo do século XX, xusto antes do Franquismo e despois de Rosalía. O ano 1977 dedicouselle o Día das Letras a un referente do teatro dese tempo. Cal é o seu nome?
A _ _ _ N V_ _ _ _ _ P _ _ _ _

2ª Saberías como se chama a súa obra de teatro máis coñecida e como se chama o poeta que a compuxo a medias con el ?
• M_ _ _ _ _ _ _
• R_ _ _ _ C _ _ _ _ _ _ _ _ S
3ª Como se chama a organización coa que logo se coñece tamén ao período previo ao nacemento do nacionalismo galego?
A_ I _ _ _ _ _A_ _ _ D _ F_ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(12)

CUESTIÓNS para o 15 de maio

1- Cal é o nome do autor, lugar de nacemento e da súa morte do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas?

R_ _ _ _ _ _ V _ _ _ _ B _ _ _ _ _

S_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _ _ _ _ A

2ª Este dramaturgo está considerado fundamental á hora de comprender a evolución do Teatro Galego entre outras cousas por ser "o pai da profesionalización" do teatro galego, é dicir, que fundou compañías ou grupos de teatro profesional, actores e actrices que vivían de representar obras polas vilas de Galicia. Que dúas compañías fundou na súa vida?

T_ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ _

T_ _ _ _ _ D _ A _ _ _

3ª Deste autor que só escribiu teatro ou guións para series ou películas,lembras cinco dos títulos das súas obras máis importantes?

L _ _ _ _ _ _ _ _

D _ _ _ _ _ _

S_ _ _ T _ _ _ _

A_ _ _ _ _ _ _ _ _

C_ _ _ _ _ _ _ _



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(11)

CUESTIÓNS para o 14 de maio

1ª Cal foi o autor homenaxeado no segundo Día das Letras. Cal é o seu nome?
D _ _ _ _ _ R_ _ _ _ _ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _

2ª Ademais de autor e debuxante foi unha figura clave par lograr como político un dos máis importantes pasos no recoñecemento da nosa identidade como pobo. Cal é o nome desta normativa que se conseguiu aprobar nas urnas, pero que foi imposible aplicar polo golpe de Estado e a posterior instauración da Ditadura de Franco?

E_ _ _ _ _ _ _ D_ G_ _ _ _ _ _

3ª Este autor, ademais de escribir en prosa Cousas ou os Dous de sempre, tamén é coñecido por realizar unha obra de teatro que se estrenou en Bos Aires. Como se titula esta obra?

O_ V_ _ _ _ _ N_ _ D_ _ _ _ N _ _ _ R _ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

PARTICIPA!!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(10)

CUESTIÓNS para o 13 de maio

1ª Houbo un autor que a pesar de morrer con 37 anos de idade foi homenaxeado no ano 1974 no Día das Letras. Cal é o seu nome?
X _ _ N V_ _ _ _ _ _ V _ Q _ _ _ _ _

2ª Saberías como se chamaba outro autor que tamén morreu novo e que foi homenaxeado hai poucos anos?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _
3ª Aínda hai outro poeta do mar que tamén morreu mozo. É o autor do poemario De catro a catro, un exemplo da poesía das Vangardas galegas do 1º terzo do século XX. Como se chamaba e en que ano foi homenaxeado?

M _ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ 1_ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (9)

CUESTIÓNS para o 10 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1972 no Día das Letras ?
V _ _ _ _ _ _ N L_ _ _ _ C _ _ V _ _ _ L

2ª Trátase doutra das grandes figuras do Rexurdimento do galego do século XIX que é moi coñecido por unha obra publicada por entregas en 1888, cal era o nome desta obra?
C_ _ _ _ _ _ _ O D_ L _ _ R _ _ _

3ª Outro dos aportes deste autor é o primeiro xornal editado en galego. O título desta publicación en homenaxe ao P. Sarmiento foi tomado dun nome que o erudito nomea como autor das súas coplas, cal é ese nome ?

O T _ _ M _ _ _ _ _ D _ P _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA
CUESTIÓNS para o 9 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1973 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L L_ _ _ G _ _ _ Á _ _ _

2ª Foi un relixioso bispo en vazrios lugares, pero tamén arcebispo de…
S_ _ _ _ _ _ _ D_ _ _ _ P _ _ _ _ _ _

3ª Outro autor ligado á Igrexa, tamén foi homeaxeado no Día das Letras Galegas. Como se chamaba este autor que chegou a publicar tres noelas en galego?

A_ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ F _ _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (7)

CUESTIÓNS para o 8 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 2000 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L M _ _ _ _ _ A

2ª Foi o primeiro presidente da Real Academia Galega e o súa obra xira, en gran medida, ao redor da identidade da nación galega. Cal é a súa obra máis coñecida?
H_ _ _ _ R _ _ D_ G _ _ _ C _ _

3ª Este autor aínda que non escribiu literatura foi quen animou a escribir e publicar a diversos autores en galego, entre eles a súa esposa. Como se chamaba a súa muller?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _R_

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundariaou nos seguintes enlaces:
Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (5)

CUESTIÓNS para o 6 de maio

1ª Cal é o nome dos autores homenaxeados nos anos 66 e 67?
F_ _ _ _ _ _ _ _ A _ _ _ P_ _
M _ _ _ _ _ _ _ _ R _ _ E _ _ _ _ _ _ _

2ª Cal é o título do poema máis coñecido do primeiro ( compuxo uns 50 poemas)? E do segundo poeta cal é o título da obra poética pola que foi excomulgado?

A _ _ _ _ _ I _
A_ _ _ _ _ _ M _ _ _ _ E _ _ _

3ª O primeiro foi un dos máis destacados poetas dunha das etapas, da cal o segundo é un dos seus piares, un poeta fundamental para a entender. Como se denomina a este período da literatura galega?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ O


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (4)

CUESTIÓNS para o 3 de maio

1ª Cal é o nome do autor do Hinmo galego? En que ano lle dedicaron o día das Letras?

E_ _ _ _ _ _ P_ _ _ _ _
1 _ _ _

2ª Con que título editou este autor o poema do que as primeiras estrofas logo serían o Himno galego?
Q _ _ I _ _ _ _ _ D_ _ P_ _ _ _

3ª Quen lle puxo música ao Himno de Galicia? O himno foi estrenado no Centro Galego da Habana (Cuba) en que ano?
P_ _ _ _ _ _ V_ _ _ _
_ 9 _ _


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (3)

CUESTIÓNS para o 2 de maio

1ª A quen se lle dedicaron o Día das Letras no ano 2002.

P_ _ _ _ M_ _ _ Í _ S_ _ _ I_ _ _ _





2ª Despois de escoitar atentamente o microprogramada CRTVG do Día das Letras do ano 2002 contesta en que lugares, por vez primeira da súa historia, celebrou a Academia ese ano a sesión en honor do homenaxeado?
Por que motivo?


3ª A pesar de vivir no século XVIII foi considerado Pai das Letras Galegas, ao ser o primeiro filólogo da nosa lingua e precursor do Rexurdimento por escribir en galego unha obra en verso, cal é o seu título?

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (2)

CUESTIÓNS para o 30 de abril

1ª Adiviña a que tres medievais se lle dedicaron un 17 de maio:
M_ _ _ _ _ C_ _ _ _X
J_ H _ N _ _ C _ _ _ _ _
M_ _ _ _ _ H _

2ª Indica de cal dos tres só a conservamos unha composición: "Sediam'eu na ermida de San Simón".

3ª Indica de cal dos tres autores conservamos a letra e a música das súas cantigas do mar de Vigo?

4º A que rei galego do século XIII afincado en Toledo se lle dedicaeon as Letras galegas? Cales son as composicións en galego-portugués máis coñecidas deste autor?

Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CUESTIÓNS para o 29 de abril

1ª Adiviña a que tres mulleres se lle dedicaron un 17 de maio:

ROSALÍA DE CASTRO

FRANCISCA HERRERA GARRIDO

MARÍA MARIÑO

2ª Indica cal das tres foi a primeira muller que entrou na Academia Galega.


3ª Indica o motivo e a causa de cal das tres se escolleu o día 17 de maio para celebrar un Día dedicado ás Letras Galegas?



Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 28-04-2013 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Díptico portugués. De Camoes á Zeca Afonso
A lingua portuguesa e a galega naceron xuntas e as circunstancias da historia foron separándoas ata se constituíren en linguas distintas, pero non distantes. Imos comprobar cales son esas pequenas diferenzas con dúas cancións e os seus textos escritos:



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 26-04-2013 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal