1- Comprensión lectora: a)A néboa é un mar na terra. / b) A néboa é u fenómeno metereolóxico. Cal das dúas oracións é denotativa e cal connotativa? Explica os conceptos usando a palabra obxectivo e o seu contrario.
2- As cinco grandes familias lingüísticas do mundo son:
As linguas románicas son:
Oito linguas da península son:
3- GRAMÁTICA: Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos masculino ou feminino: __ viaxe__ mel ___laranxeira __ ponte __ análise __ crise __ paréntese __castañeiro__ friaxe __ nariz
__ cárcere __ sangue __ sal __leite __garaxe __ paxe __ romaxe __ hepatite __dor __ arte __ calor ___ele
__ orde __árbore __servidume __ costume __limoeiro __ marxe __suor __ sinal __orixe__ til __mar __eme
4-Escribe o feminino das seguintes palabras:
catalán, heroe, campión, italiano, tecelán, san, cru, marqués,xudeu,paspán,alemán, cidadán.
Escribe o plural das seguintes palabras:
iraquí, anzol, til, dólar, cóctel, ollomol, patín, sol, cadáver, pavillón, lapis.
6- Que diferenza existe entre sufixos alterativos e derivativos? Pon exemplos.
7- LINGUA E SOCIEDADE: Cal é a lingua dos nosos avós? É a mesma lingua que a que nós usamos habitualmente? Cales son os motivos? Razóa a resposta:
8-LÉXICO: Define coas túas palabras: Caveira, Camposanto, Paxaro da morte, Morte Branca, Morte Moura / calofrío/ Machismo/ Feminismo .
Indica os sinónimos da saúde: anteollos, sandar, hematoma, oftalmólogo, proído.
9- LITERATURA:
Un veciño de Doade, Sober (Lugo) cruzaba de noite polo camposanto parroquial e viu un vulto, e saír del un relampo cativeiro como o dun lucecú; claro que era inverno e non era probable que fose este insecto a orixe daquela luz. Sen pensalo moito deulle unha patada e aquilo botouse a rolos, e mesmo lle pareceu que xemía un algo.
Chegou á casa e dispúxose a cear o que lle amañara a muller. Foi entón cando viu sobor do mesado unha caveira de morto.
O home, coma se nada, díxolle á caveira:
—Se queres cear dígolle á miña muller que se poña prato.
A caveira respondeu:
—Non, non quero cea, só veño para dicirche que non respetaches o meu descanso e que mañá irás facerme compaña ao camposanto.
b) COMPRENSIÓN LECTORA: Indica e comenta no seguinte texto:
Narrador:
Tempos:
Espazos:
Personaxes:
10-EXPRESIÓN: Redacta un texto sobre: Os xéneros literarios. Define en canto aos contidos que os diferencian, os distintos nomes que reciben e as formas que adoitan usar (non menos de 10 liñas).
2ª AVALIACIÓN:
1- O NOME DAS COUSAS: oito palabras para cada paisaxe:
2- Escribe dous exemplos de campos semánticos . Que é un préstamo lingüístico? Define e pon exemplos
3- Analiza e substitúe OD e OI polos pronomes átonos que correspondan:
Sempre mandou unha carta para ti.
O teu fillo botou tomate ás albóndigas.
Contou un chiste e deu as grazas aos presentes.
Nunca fixen un agasallo para vós.
Quen dará a sorpresa aos veciños?
Escribimos un poema para a homenaxeada?
4- Coloca nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
… deixo … aquí o libro, que xa o lin.
Eu … vou … facer… un favor, pero logo tesmo que devolver.
Non … queixes … tanto, que esa ferida non é nada.
… votaron… porque pensan que es a mellor para delegada.
… matar… era pouco, mira que dicirlle que non … gustaba … o pan!
Pero alguén … avisou … para que non foses?
5- As variedades da lingua (enuncia brevemente como se producen)
6- LITERATURA: Medir versos e tipo de rima, indicar tipo de estrofa e se son arte maior ou menor:
7- Rosalía biografía, obra e temáticas: (mínimo 10 liñas).
8- Por que é un tesouro o Pergamiño Vindel? Quen é Videl? Quen é Martín Códax?
9- EXPRESIÓN: Unha visita didáctica ao Museo do Mar de Vigo.
10- PLAN LECTOR: A COVA DA MOURA: Escolle unha das dúas
A) Analizando as intencións da autora.
B) As mulleres de onte e de hoxe e o Castelo de Soutomaior.
3ª AVALIACIÓN:
1- OS NOMES DAS COUSAS: Escribe o nome de 10 aves de Galicia. Explica que son os seguintes conceptos: xesta, maio humano, embarcacións de maio, fiúncho, toxo, espadana, pampullo, maceira, loureiro, nogueira, patagullo, un sinónimo de lucecú.
2- TRADICIÓN ORAL: Comprensión e expresión. Cal é o tema deste relato da tradición oral. Que é a fada? Explica como cres que o protagonista se podería librar da fada?
Durmían dous, dos sete irmaos, xuntos ao cuberto. A medianoite un deles ergueuse para ir ouriñar e avisoulle ao outro que volvería axiña, que non se movera. Nada máis marchar o que quedara dentro mirou a porta aberta pola que saira o seu irmao, asomouse sen facer ruído e fóra viu envorcallaba o seu irmao na terra das toupeiras para transformarse. Logo dun tempo regresou para a cama co seu aspecto humano. Traía as roupas rachadas e o seu irmao maior díxolle:
- Agora xa sei que es o lobo da xente.
-Son. Pero non cho quixen dicir.
Logo agarimouno antes de lle explicar como ía librar da fada…
3- Substitúe o OD e OI polos pronomes átonos que correspondan e colócao onde e como correctamente:
Exemplo: Facía un poema para o seu amigo: Facía o (OD) + lle(OI)= Facíallo
Botei o sal ás lentellas.
Como non ensinaches os deberes aos profesores?
Latexaba o corazón ás rapazas na alborada
Teu pai mercou un piso para vós.
Saúda a Xurxo da miña parte.
Nunca mercarei unha bicicleta para ti.
Coloca só no oco onde corresponda nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
…..busquei …. o libro
Non …… lanzaron …. o balón.
…. esperei….. na rúa a que …. deran ….. o coche.
Sempre…. chegaron….. os cartos.
Que ……dixo ….. que ….. quería …. ver….. onte?
4- Que é un prexuízo? Pon dous exemplos de prexuízos lingüísticos co galego.
5-CONXUGA:
Presente de Indicativo IR:
Presente Subxuntivo PODER:
Pretérito. Subxuntivo HABER:
Antepretérito Indicativo DICIR:
Ti ....................... algo. ( 2 sing. Copretérito SABER )
A nosa fábrica .....................o ano pasado cen mil coches. (3 sing. pretérito Ind.PRODUCIR)
Eu a el non lle .....................axudar. (1 sing.pretérito Ind. PODER)
Oxalá que lla ...................de corazón. (3 singular presente Subx. DAR )
5- ORTOGRAFÍA: USO de B ou V
_asoira _ir _i_ir _e_er _oda _iaxe a_ogado a_aliación _oar _óla hidroa_ión
imposi_le _ol_oreta ha_itar_le. _aleiro _isa_ó co_arde mó_il gra_ar distri_uír _ra_o ad_er_io
7-EXPRESIÓN: A muller galega ao longo dos tempos: Comenta a situación da muller na Idade Media, no século de Rosalía, no século XX e nos nosos días. (Mínimo 20 liñas)
8-PLAN LECTOR: Explica o papel da muller na novela Tras da sombra do Bruxo.
9-LITERATURA: Define teatro, e explica a tipoloxia dun texto dramático.
Cales son os subxéneros teatrais, defíneos brevemente.
10-LETRAS GALEGAS 2018: Vida (mínimo 10 liñas) e obra (mínimo 10 liñas) de____________________________
Léxico: As Paisaxes rural, costeira e urbana (páx.146)
- Os préstamos lingüísticos (páx. 147) e os campos semánticos (páx. 167)
Expresión:Unha visita didáctica ao Museo do Mar, que vimos? A sala de arqueoloxía e o mar, a do primeiro submariño, a viaxe de Darwin e o Pergamiño Vindel.
Ortografía: Os signos de puntuación (páx.149)
Gramática: Os pronomes determinativos (páx.110,111/ 130-131) os pronomes persoais tónicos e átonos (páx.150-151/170-171). Pódense consultar tamén estes últimos no blog: Chegaron os pronomes persoais
Lingua e sociedade: As variedades da lingua (páx.108)
Tipoloxía:
-Os mM utilitarios, que forzan a disponibilidade feminina aproveitándose de
diversos aspectos "domésticos" do comportamento feminino tradicional, para
aproveitarse deles, especialmente no ámbito das responsabilidades
domésticas. Por exemplo: "Non pasar o ferro, non facer a cama, lavar a louza ou poñer a lavadora na casa"
-Os mM encubertos, que abusan da confianza e credibilidade feminina ocultando o seu obxectivo.Por exemplo: "o control do móbil da túa parell"
-Os mM de crise que forzan a permanencia no statu quo des-igualitario cando este se
desequilibra, xa sexa por aumento do poder persoal da muller, ou por disminución do do
varón. "a igual traballo o soldo da muller é menor que o dun home ou se prefire contratar a un home"
-Os mM coercitivos que serven para reter poder a través de utilizar a forza psicolóxica ou
moral masculina. "As mulleres non saben conducir".
Temas do Libro 1, 2 e 3:
EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN:
-A descrición:obxectiva e subxectiva.
OS NOMES DAS COUSAS:-A Aula.
- O corpo, os sentimentos e a saúde.
- A morte: (relatos da tradidión oral).
LINGUA E SOCIEDADE:
- As linguas do mundo: As linguas románicas e as da nosa península.
- As familias de linguas do mundo: O indoeuropeo.
- A lingua dos nosos avós.
GRAMÁTICA:
- Clases de palabras.
- Os Sufixos
- O substantivos: Xénero e número.
ESCRIBIR BEN:
-Acentuación
LITERATURA:
- Xéneros literarios. Épica, lírica e dramática.
- O xénero narrativo: os seus elementos.
1ª AVALIACIÓN: Do libro do 1º trimestre:
Temas 1,2,3,4
LÉXICO: O corpo humano. Derivación e composición de palabras (páxinas 18 e 19/ 39- 59- 79)
GRAMÁTICA: Substantivos e adxectivos (xénero e número) (páxinas 42-43/ 62-63 / 82-83)
ORTOGRAFÍA: O acento diacrítico (páx.81)
LITERATURA:Xénero Narrativo. Tipos de narradores e personaxes.( páxinas 46-47) Espazos e Tempos nun texto narrativo (páx. 66)
Subxéneros narrativos (páx.86-87)
LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do mundo, as linguas románicas (páxina 40-60) e a lusofonía (páx. 94)
2ª AVALIACIÓN: Do libro do 2º trimestre:
O NOME DAS COUSAS: tema 5
A casa e a parasíntese (páx. 106-107)
GRAMÁTICA: temas 5-6-7-8
Os pronomes demostrativos e posesivos, cuantificadores, interrogativos, exclamativos.
Pronome persoal tónico e átono.
Ollo: identificación, colocación, exercicios (te/che, contraccións, subtituir OD e OI por pronomes átonos...) Podedes practicar exercicios nos enlaces do blog.
ORTOGRAFÍA E EXPRESIÓN: signos de puntuación e maiúsculas (temas 5-6-7-8)
A descrición obxectiva e subxectiva.
LITERATURA: O xénero Lírico temas 5-6-7 Medida de versos, ritmo e rima, tipos de estrofas).
3ª AVALIACIÓN: Do libro do 3º trimestre:
Temas 9, 10 , 11 e 12.
LÉXICO: Deportes e Oficios/ sinominia e antonimia(páxinas 194-195 / 214-215)
LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos lingüísticos 196- 216- 236
ORTOGRAFÍA:Uso do "b", "v", "h" e "c/cc" 197- 217 - 237 - 257
GRAMÁTICA: Ollo volven a entrar PRONOMES (unha pregunta que se pode ver no blog ou no libro nesta ocasión relacionados coa localización de Obxectos Directos e Indirectos na oración).
VERBOS IRREGULARES que nas páxinas do Anexo están conxugados. Explícase a súa estrutura nas páxinas: 198-199/ 218-219.
ADVERBIOS, PREPOSICIÓNS E CONXUNCIóNS: 238-239.
LITERATURA: O xénero dramático o texto teatral e os subxéneros dramáticos: 202-203 / 222-223.
LETRAS GALEGAS 2017: Vida e obra de CARLOS CASARES (Elaboración propia a partir dos apuntamentos da aula e do blog).
Lembrade: Aqueles que aínda non aprobaron a proba de lectura do Plan lector hai que superala para poder sacar o curso.