blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha semana para Rosalía nos 150 anos dos seus Cantares
Imos celebrar axiña os 150 anos da publicación dun dos librso máis coñecidos da nosa literatura e que fixo Rosalía de Castro. Por iso imos ir aproximándonos ao seu mundo e aos seus poemas.
Botando man da rede, en primeiro lugar, e logo creando nós algo propio.

Imos con este traballiño que nos serve de introdución:Rosalía de Castro, un paseo pola súa vida e pola súa obra.

Imos comezar co primeiro poema de Cantares un poema en catro partes:
Has de cantar (outro enlace da RAG)

Imos facer algo así, pero en galego e co poema selecionado:
As de cantar
Que ch' ei de dar zonchos;
As de cantar
Que ch' ei de dar moitos.

I.

x «As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena
( debuxo MENIÑA)

x Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.
( debuxo: MENIÑA /FONTE)


x ¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

( debuxo bailadores un home e unha muller interlocutores)

x Canta si queres,
Rapaza do demo,
Canta si queres,
Dareich' un mantelo.
(debuxo un MANTELO)

x Canta si queres
Na lengua qu' eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo. ( debuxo un REFAIXO)

x Có son da gaitiña,
Có son da pandeira, Che pido que cantes
Rapaza morena.
( debuxo unha PANDEIRA)

x Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios."

( debxo unha gaita ou un gaiteiro)
II.

x Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.

( debuxo: Meniña an beira do Mare ondas)

x Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.
( debuxo: un río, campo en fror)



x Tocaban as gaitas
O son das pandeiras, mozos na romaría
Bailaban os mozos
Cás mozas modestas.


x Tan vivos colores
A vista trubaban,
De velos tan vareos
O sol se folgaba.

( debuxo: o Sol sobre un conxunto de cores)

x De velos bulindo
Por montes e veigas,
Coidou qu' eran rosas
Garridas e frescas.

( debuxo: as cores convértense nunha gran rosa)


III.

x Lugar mais hermoso unha rosa que se converte en Galicia
Non houbo na terra
Qu' aquel qu' eu miraba,
Qu' aquel que me dera.

x Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!

x Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.

(debuxo mapa de Galicia)

x D' espumas qu' o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.

( debuxo Galicia co mar e os ríos e as flores)



IV.

x Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mó pediron
Na veira do mare.

( debuxo Rosalía ao pe Galicia e o mar)

x Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

(Debuxo: Rosalía dicindo cun "eu corazón o galego")
x Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

x Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

x Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

x Qu' asi mó pediron,
Qu' asi mó mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

--------------------------------------------------------posible fin

para ver outra proposta
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 14-02-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
XAN de Rosalía de Castro
Para axudar na redacción sobre " a miña nai , unha muller traballadora" lemos na clase o poema de Rosalía de Castro titulado Xan
Aquí deixamos este vídeo montado sobre este mesmo poema por alumn@s do ies Lagoa de Antela.



E aquí está o texto íntegro co poema de Rosalía:

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.

De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 26-02-2010 06:38
# Ligazón permanente a este artigo
NEGRA SOMBRA-ROSALÍA DE CASTRO
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en mi mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

SUÁREZ BLANCO, Carolina
AMOEDO ARIAS, Alba
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 15-04-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
adios rios adios fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!
 ¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!
 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!...
 .........................................
    Mais son probe e, ¡mal pecado!,
 a miña terra n'é miña,
 que hastra lle dan de prestado

Bouzas Pousada Nuria
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 16-04-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Biografía de Rosalía de Castro
Naceu en Santiago de Compostela e foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita. Filla de pais descoñecidos.Sábese moi pouco da súa escolarización. Na escola mostrou talento de versificadora. Tamén lle gustaba o debuxo, a música e a declamación.

Rosalía de Castro contraeu matrimonio con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. O ano seguinte Rosalía deu á luz a súa primeira filla, Alejandra, á que han de seguir 6 fillos máis. O seu domicilio por España cambiou varias veces, entre Madrid e Simancas. Rosalía nunca disfroitou de boa saúde. Loitou sempre contra enfermidades, e a menudo coa penuria, viviu dedicada ao seu fogar, os seus fillos e o seu marido, nunca aspirou á fama. O seu marido foi quen a convenceu para que publicara as súas obras. Morreu de cáncer os corenta e oito anos na súa casa de Padrón, a cal hoxe e un museo. Todos os fillos morreron antes que ela, sen poder deixar heredeiros.

Compuxo o seu primero libro: La Flor. Nos Cantares, Rosalía asume a voz do pobo galego.Follas Novas é o título do seu último libro en galego no que mostra a súa esencia vital. Rosalía mostra unha visión sombría da existencia humana. A súa obra mestra en castelán é En las Orillas del Sar, versos de ton íntimo, de estraña penetración, cargados de nocturna beleza. Merece ser considerada, ao lado de Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da Modernidade iniciadora dunha nova métrica castelán.
SARA LÓPEZ PAZOS
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 16-04-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal