Imos participar na entrega dos Premios Sarmiento dos Equipos de Normalización Lingüística da Ferega o próximo día 17 de abril no Pazo da Cultura en Pontevedra. Este é o programa:
10.30 Chegada
10.45 Faladoiros cos autores por categorías. Entrega do premio aos autores gañadores.
12.00 Descanso.
12.15 Representación teatral da obra de teatro: Que empece a función! Unha viaxe no tempo polo teatro galego.
13.30 Despedida
Imos saber cal destes dous libros que limos é o premiado:
COSTAS, LEDICIA E TOBARUELA, PERE; Mortos de ningures, Ed. Everest.
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN; Fantasmas de luz; Ed. Xerais
Nós xa realizamos unha votación que resultou como segue:
4ª categoría (1º e 2º da ESO)
Mortos de Ningures: 44 votos
Fantasmas de luz: 27 votos
Ademais a entrega de premio vainos servir para empezar a traballar co xénero dramático pois imos ver na clausura un espectáculo teatral sobre a historia do teatro en galego.
O pasado día 7 de febreiro tivemos un Encontro coa autora Ledicia Costas, que é coautora do libro Mortos de Ningures xunto con Pere Torabuela. Soubemso como xurdiu o proxecto e como foron traballando capítulo a capítulo a historia. Contounos como resolveron o misterio do sangue verde e como o país de Ningures ten un simbolismo que pode trasladarse a realidade na que vivimos (un mundo de "Todures". Moitos manifestámoslle que non estaría mal que houbese unha segunda parte na que de novo Nola, esa intrépida muller investigadora e nai de familia, volvese a resolver un caso tan difícil e que de novo puidésemos saber que era de Lolo, a súa peculiar mascota, ao que Ledicia respondeu sorprendéndonos cun segredo como é que xa está a piques de saír a segunda parte desta serie e que se vai desenvolver en Algures.
Ledicia tamén nos falou de como chegou a escribir, dos seus gustos literarios e do seu compromiso coa escrita en galego. Aínda que non nos recitou ningún poema, falou da súa poesía e de como compartía a súa faceta de narradora coa de recitadora e poetisa. Finalmente asinou os libros daqueles que lembramos traelo.
Podemos ver unha pequena reportaxe gráfica no blog da biblioteca
O próximo xoves imos poder falar coa autora do libro Mortos de Ningures. Aínda que se trata dun libro colectivonós falaremos cunha autora experimentada da literatura galega actual. Trátase de Ledicia Costas da que nos interesa coñecer a súa traxectoria, que outro slibros escribiu e as súas inquedanzas como autora. Para isto último podemos botar man do seu blog: son da brea muiñeira.
Pola nosa conta estamos preparando unha visita imaxinaria aos escenarios da súa novela: Ningures, Todures e Algures.
Este curso, como en cursos pasados fixemos, imos participar na categoría 4ª que corresponde a lectores 1º e 2º da ESO para votar sobre cal destes dous textos nos gustou máis:
MORTOS DE NINGURES de Leticia Costas e Tobaruela Pere
FANTASMAS DE LUZ, de Agustín Fernández Paz
Imos realizar estas lecturas unha antes de Nadal e a outra despois de Nadal, polo que un dos libros podemos pedirllo aos Reis Magos, o outro debemos xa mercalo neste mes de novembro, coa idea de que en decembro estea lido. Imos comezar polo primeiro desta lista. " Mortos de ningures" de Leticia Costas e Tobaruela Pere editado pola editorial Everest.
Xa estamos lendo, algúns mesmo xa están rematando de ler, o terceiro dos libros que na nosa categoría están nominados para o PREMIO "MARTÍN SARMIENTO" que organizan cada curso as Escolas católicas de Galicia a través dos seus Equipos de Normalización Lingüística. Esta terceira lectura leva por título: Suso Espada " nota roja", de Francisco Fernandez Naval. O libro está editado pola editorial Everest (Galicia) e presenta unha trama detectivesca.
Por outro lado, na páxina oficial de DRAGAL, a primeira lectura do curso podedes atopar información sobre un concurso no que se queredes, podedes participar relacionado coa inminente aparición no mercado da terceira entrega desta serie. Botádelle unha ollada!.
As fermosas tamura, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestienta branca comezan a devastar Tamuranam Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.
Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.
Esta fantástica aventura é a segunda lectura que realizamos para participar no Premio Martín Sarmiento do presente curso. Un Premio que determinan os propios lectores tras ler en todos os centros de Galicia inscritos nesta convocatoria os tres títulos propostos. Tras das vacacións de Semana Santa abordaremos o traballo da terceira das lecturas.
Unha marabillosa experiencia iniciática e revolucionaria onde a verdade, a solidariedade e o respecto á natureza dos seus protagonistas cobran especial importancia para entender a vida de todos por riba da cor e mesmo das linguas que falen. Pao, Pel, Alen ou o Aleuto son heroes que se atreveron a saber a verdade e foron valentes e ousados ata atopar unha resposta a pesar do esforzo dos Luminosos e dos seus dirixentes por intoxicar a información sobre a realidade do Continente e os colonos.
CAMPO, MARICA; E Xoel aprendeu a voar; Ed.
Obradoiro.
Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra.
CASTRO FRANCISCO; Chamádeme Simbad; Ed. Galaxia.
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
LEMA, RAFAEL; O tesouro da corsaria; Ed. Tambre
?O tesouro da corsaria? é a parte final dunha triloxía de aventuras mariñas protagonizadas polo corsario de Camariñas da época napoleónica Ambrosio Álvarez Pardiñas, persoeiro real dono do bergantín La Constancia de Galicia con base en Veracruz, tras a publicación de Capitán Araña e Crónicas Corsarias. Nesta ocasión, o capitán Pardiñas xúntase cunha muller pirata apátrida, de orixe galego-catalán, Sofía Rivas alias A Catalana, para iren polo tesouro dunha famosa pirata, Anne Bonney, nas costas de Norteamérica. Nesta xeira sufrirán batallas mariñas, asaltos, naufraxios, ciclóns, a traición, e veranse envoltos en escuras tramas políticas e relixiosas nun mundo envolto nas guerras napoleónicas no ano 1805, o ano de Trafalgar e da batalla de Fisterra, e no agromar dos movementos independentistas americanos.