blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova lectura para o mes de abril

Tras a sombra do bruxo de Francisco Díaz Valladares
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 02-04-2018 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
A voz de muller de Rosalía





Realiza con todos estes datos a túa propia biografía da autora. Será o primeiro paso para ir na procura da voz da muller nos textos de Rosalía.

Adóitase dicir que Rosalía nos seus libros presenta as seguintes temáticas:
-Costumista:
-Amorosa:
-Intimista:
-Social-reivindicativa:
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 25-02-2018 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Natalia Carou na Biblioteca

Unha experiencia enriquecedora a de poder conversar coa autora do libro que lemos e poder analizar xuntos o seu contido, a temática e intencións cos que Natalia escribe esta novela.

Podemos ver unha reportaxe fotográfica no blog da biblioteca
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 23-02-2018 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
De Pedro Madruga e os señores do Castelo de Soutomaior




A autora da novela A cova da Moura escolle o Castelo de Soutomaior como algo máis que un espazo de referencia para unha trama complexa ao partir de dúas liñas temporais que podemos datar unha no século XVI e outra no século XX. Mais hai algo que Natalia Carou incorpora seguindo esa tendencia de realizar un discurso feminista, onde as mulleres cobran protagonismo. Si, dúas mulleres van ser as principais protagonistas do relato.

A Historia, as crónicas antigas e modernas con tanta frecuencia están escritan polos vencedores e marxina aos vencidos que esta novela parece querer restablecer un certo equilibrio ao procurar este protagonismo feminino.

Vexamos o que di a Historia sobre o contexto onde se sitúa a trama da novela:
A novela fala dos tempos do neto do famoso Pedro Álvarez de Soutomaior, que tamén se chamaba Pedro.

Quen era Pedro Madruga?
localiza na árbore xenealóxica dos señores de Soutomaior a Pedro Madruga e aos seus descendentes, os que aparecen na novela A cova da Moura.


Un controvertido cabaleiro feudal que combateu aos Irmandiños e que tivo problemas coa coroa de Castela,e mesmo hai quen di que logo foi Cristovo Colón.

Finalmente unha mágoa que este vídeo non teña unha versión en galego. Mais paga a pena botarlle unha ollada. É sobre María Vinyals, a derradeira dona do castelo de Soutomaior que non quería ser princesa...

Comentarios (5) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 29-01-2018 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
A COVA DA MOURA

Aínda que a moura ecoa algo mitolóxico esta novela que imos ler é un relato que nos leva a Idade Media.
A cova da moura de Natalia Carou editado por Bahía Edicións será a primeira lectura obrigada deste curso.

A idea é podelo ler ao longo das vacacións de Nadal e á volta facer unha proba de lectura.

Hai que telo lido despois das vacacións a proba de lectura será a finais de mes de xaneiro despois dos exames do avance e hai que entregar na proba un resumo de cada capítulo do libro.
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 10-12-2017 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
O can dos Baskerville de A. Conan Doyle
A lectura da 3ª avaliación é todo un clásico da literatura inglesa traducido ao galego. Trátase do famoso libro de Arthur Conan Doyle: O can dos Baskervile, a obra na que reaparece o famoso Sherlock Holmes tras un dos intentos do seu creador por facelo desaparecer para sempre.

Temos 30 días para a súa lectura e o día da proba de lectura haberá que presentar tamén as actividades sobre:
- Textos auxiliares.
- A análise literaria do texto.

Boa lectura!
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-04-2017 07:26
# Ligazón permanente a este artigo
LER UN TEXTO NARRATIVO CLÁSICO

Imos ler un gran libro da nosa literatura para comezar co plan lector deste curso:
MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas.



Este autor que estivo hai uns anos no colexio, faleceu lamentablemente no curso pasado. Temos a oportunidade de achegarmonos ao seu libro máis coñecido e universal.



COMO IMOS LER ESTE LIBRO?
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 15-12-2016 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS LER UN CLÁSICO DO TEATRO EN GALEGO
Imos ler Os vellos non deben namorarse de A.D.R. Castelao.



O próximo día 27 de marzo é o Día Internacional do Teatro. Nós imos festexalo coa lectura desta obra. O prazo para rematar de ler esta obriña será o do martes 4 de abril no que imos realizar unha proba de lectura.

Prepararemos, en primeiro lugar, unha biografía de Castelao, que despois de Rosalía, é un dos autores galegos máis coñecidos.


Logo podemos reflexionar sobre esta creación artística deste rianxeiro universal.

Para esta obra Castelao compuxo un tema que foi musicado e hoxe xa ten vida propia na boca de distintos grupos e artistas:



Están as nubes chorando
Por un amor que morreu
Están as rúas molladas
De tanto como choveu.

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos
Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vivir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu doce amor.




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 17-03-2016 06:29
# Ligazón permanente a este artigo
Aprendendo un poema


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.

Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 10-03-2016 07:11
# Ligazón permanente a este artigo
LER E COMPRENDER

Para a lectura deste Nadal, Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas ios ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizar un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, indicando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.

1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
3- Narrador e personaxes.
4- Espazos e tempos.


A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:

EU SON...

1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.

non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea

Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.

2- O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.

3-Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.

4-O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.



Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 17-12-2015 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal