A SOIDADE SALGADA


Parrafadas ao vento
Son eu, unha rapaza que lle atrae o anonimato da rede para poder expresar os seus sentimentos máis segredos.


Free counter and web stats








Quen son eu
tuiqui@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 NON DEIXES DE NAVEGAR
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crer non creo pero habelas hailas
Dende sempre todo o relacionado coas meigas, a guija, e ese tipo de cousas me provocaron reparo, pero hoxe por primeira vez pensei na opción de acudir a unha delas.

Levo unha racha verdadeiramente mala, dende fai dous anos, cando me deixou a miña parella todo foi de mal en peor, primeiro enfermou meu avó, despois miña nai, e agora eu,levo seis meses encadeando unha enfermidade con otra ¡non levanto cabeza!!! a miña madriña dixo que debería ir a que me vexan si teño mal de ollo pero eu ainda que non creo nesas cousas habelas hailas e teño reparo a ir.

A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 16-06-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A miña vida é unha montaña rusa
Vivo nunha montaña rusa, e non podo baixar. Dame medo baixar en marcha e mentras espero que se deteña vivo nun constante subir e baixar.

Os meus ánimos suben e deixanse caer de golpe dende o alto,e teño medo. Por máis voltas que dou neste bucle de montaña non aprendo a distinguir cando ven unha subida e cando unha baixada e así me vai, que teño a cabeza e o corazón cheiño de golpes.

Hoxe debería estar ben, pero non o estou, outra vez invadiches a miña mente, mentras estaba vendo actuar a orquesta Paris de Noia, tí apareciches en cada rincón, en cada cara da xente víate a ti, e non podía deixar de pensarte, de sentirte, de verte, de añorarte. Estabas nos ollos dese rapaz que agarraba docemente pola espalda a súa moza, estabas en cada verso de cada canción "Tenía tanto que darta, tantas cosas que contarte, tenía tanto amor, guardado para ti"

Sigo pensando en ti, ainda que non queira, cando cría que xa te esquecera volves a aparecer en cada rincón, en cada palabra de cada canción. "Quisiera poder olvidarme de ti, con otra arrancarte por siempre de mi, decirte a la cara que ya no siento nada...."
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 06-06-2009 04:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Teño ganas de falar contigo
Esto que escribo aqui, agochada no anonimato da rede, sen un encabezamento, sen un destinatario concreto gustaríame ter o... valor? de dirixilo a ti, de escribirche un correo a ti e chamarte polo teu nome, pero non me atrevo.

Estou moi perdida, xusto cando creo que podo seguir adiante, que xa non preciso de ti, atópome de novo pensando en ti sen querer pensarte. Moitas son as preguntas que me gustaría facerte ¿que foi o que nos pasou? por que non funcionou? cal foi a causa de que decidiras rematar con cinco anos de relación? vótoche a ti de menos ou que voto en falla é o amor? realmente estiven/estou namorada de tiou o que pasa é que necesito ter a alguén o meu carón e ti fuches a única persoa coa que compartin tanta intimidade e por eso quero que volvas? estou namorada de ti ou estou namorada do amor? tivo a culpa a miña familia? foi culpa da túa? debería haber feito pública a nosa relación? por que agora que xa rematou e fai xa casi dous anos despois ainda sigo pensando en ti e é agora cando non me importaría que os demás soubesen o que houbo entre nós? por que nin sequera dende o anominato da rede podo poñer o teu nome e dedicarche a ti estes sentimentos feitos palabras?

teño ganas de falar contigo. Teño ganas de presentarme diante de ti e ver os teus ollos. Dende que me enterei de que quizás estes salindo xa con outra persoa... non deixo de pensar en ti.
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 29-05-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cada vez tengo las cosas más claras
Cada día que pasa aprendo algo nuevo, y hoy he aprendido que después de tanto tiempo aún no entiendo las cosas, pero que no sé porqué poco a poco los pensamientos van dando forma a los recuerdos, las preguntas, a los dilemas y cada vez tengo las cosas más claras.

A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en castellano - Publicado o 26-05-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un homenaje a Mario Benedetti
A túa opinión (0) - Categoría: Cousas de outras/os - Publicado o 03-05-2009 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Existe a vida despois de ti
Tardei case dous anos en entender que existe a vida despois de ti, ou máis ben, que hai vida sen ti. Nestes meses que levo de baixa por mor dunha operación e de outras complicacións, aparte de curar as feridas físicas do corpo tamén tiven moito tempo a soas e acompañada de amigas para curar as feridas da mente.

Agora vexo que podo ser feliz sen ti, que non preciso de ti para nada, que podo sair adiante sen ti. Por fin vexo as cousas de outra maneira e ver o enganada que estaba.

Costoume bagoas, bagoas e máis bagoas en noites enteiras de insomnio pero por fin borrei os meus desexos de futuro, de reconquistarte,de voltar onda ti,de que era necesario este tempo lonxe para tomar inpulso e voltar con máis ganas. O peor de todo e que a última imaxe que me queda de ti non é precisamente boa, Só podo sentirme enganada, manipulada, e un simple peón do teu taboleiro de xogo.

A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 29-03-2009 05:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡Menudo fin de semana!!!
Necesitaba con urgencia un fin de semana como el que he pasado en compañía de dos compis del trabajo en un Spa de Lugo. Ha sido genial. Necesitaba un kit kat así, aunque mi reciente operación no me dejó disfrutar al 100 por cien, fue un fin de semana inolvidable de risas, masajes, baños, charlas y confidencias.

Aún así, a pesar de haberlo pasado genial tú estuviste en mi mente, mis compis me ayudaron a ver el otro lado de la versión y consiguieron que te entendiese un poquito ¡aunque te pusieron verde! Después de enterarme de lo del otro día dejé de hacerme ilusiones contigo, dejé de pensar en ti como algo positivo, como algo bueno, solo veía las cosas malas, lo negativo de nuestra relación y aunque desde hace una semana no he vuelto a pronunciar en silencio un te quiero y tu nombre no tengo nada claro, no sé que hacer ni que sentir ¿Por qué tengo que darle tantas vueltas a las cosas? ¿Por qué no puedo alejarme definitivamente de ti?

Gracias chicas, por un fin de semana tan "im presionante".
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en castellano - Publicado o 11-03-2009 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ainda podes sorprenderme... e decepcionarme
Pois ainda que si mo dixeran antes non mo creería a verdade é que ainda tes a capacidade de sorprenderme, sobretodo se temos en conta que apenas hai relación entre nos.

Hoxe falei cunha amiga común a que lle agradezo un montón o sinceira que foi comigo. Dixo que falarás con ela e lle contaras toda a verdade. Por un lado alegreime de que o fixeras pero polo outro decepcionachesme porque quedamos en non dicir nada a ninguén, cando eu che dixen que precisaba falar dixéchesme que mellor que non, acordamos que non íamos dicir nada e vas e e llo soltas. Dame moito noxo que non foras quen de manter a túa palabra, polo menos poderías haberme preguntado antes, o dicirmo despois ainda que foxe nunha mensaxe así podería haber reaccionado mellor cando me dixo que o sabía e non atragantarme co sandwich.

Non sei se o que lle dixeches é a verdade, ou a lo menos a tua verdade, pero espero que por esta vez mentiras porque non me alegra nada coñecer os motivos da nosa ruptura por unha amiga e menos coñecer cales son esos motivos.

Xa sabes que nunca te creín cando me dixeches que o deixabas porque xa non me querías, que xa non era o mesmo, eu sempre tiven claro que esa non era a razón, pero para nada esperaba que miña nai fose unha das razóns, cando mil veces cho preguntei e mil veces me dixeches que miña nai non tiña nada que ver.

Xa non sei que pensar, nin que sentir, nin que facer, o meu primeiro impulso foi chamarte para quedar e falar, necesito verte cara a cara e que por fin me digas á verdade, despois de todo xa non queda nada por perder. Despois pensei en madarche un correo, pero non o vou facer, non vou facer nada, solo intentar esquecerme dunha vez por todas de ti e de que algunha vez nos quixemos e intentarei deixar de quererte ainda que por dentro este morrendo por unha aperta túa.

Sí, casi dous anos despois, con apenas unhas chamadas de teléfono entre nós, aínda así conseguiches sorprenderme e decepcionarme
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 04-03-2009 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que difícil é
Que difícil é facerme a conta de que endexamais voltarei a estar entre os teus brazos.

Que difícil é non sentirte o meu carón e non poder bicar os teus beizos, non poder recibir unha aperta túa agora que preciso tanto de ti.

Que difícil é non poder dicirche canto te quero e que desexaría voltar contigo, dicirche que me da igual todo o que pasou entre nós, que ainda que o pasaramos mal todo iso pode quedar atrás, a lo menos pola miña parte.

Gustaríame chamarte e pedir verte, tomar un café contigo, terte o meu carón para saber se ainda sigo sentindo cóxegas na barriga o terte tan cerquiña.

Que difícil é ter que deixar de amarte.
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 19-02-2009 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sigo esperando unha sinal
Ola meu amor, perdoa polo de meu amor, pero ainda sigo sentíndote ven adentro no meu corazón. Onte pola noite fixen algo que non fixera nunca dende o teu adeus.

Eran as dúas da madrugada e non podía durmir e non sei porque razón os nosos primeiros momentos viñeron a miña mente, levanteime da cama, collín a miña caixiña de lembranzas e estiven como unha boba mirando para a nosa foto durante moito tempo, sen chorar, añorando e lembrando o momento en que foi sacada, non podía apartar a vista das nosas miradas.

Depois voltei a ler as tuas cartas, aquelas nas que me dicias que me amabas con todas as tuas forzas. ¿En que momento nos perdimos? ¿En que momento deixaches de quererme?

Por moito tempo que pase sempre estarei agardando unha sinal que me demostre que os meus sentimentos non están equivocados que algún día querras verme de novo, ainda que sexa só baixo a palabra amizade.
A túa opinión (0) - Categoría: Prosa en galego - Publicado o 09-02-2009 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal