O RECUNCHO DO LECER


VISTA DO PANEL QUE HAI NA ENTRADA DA BIBLIOTECA SOBRE O NOSO CLUB
Para que vexades o que leva colgado Rita no panel da bibliteca, por se alguén aínda non o puido ver, aí vos queda unha pequena mostra do que levamos feito, QUE NON É POUCO!!!!!!!!!!





Comentarios (2) - Categoría: todos - Publicado o 11-02-2009 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OS LIBROS DO CLUB, EN IMAXES
Sempre con ánimo de facervos máis divertido e ilustrativo este CLUB, mostrámosvos os libros lidos, agora ilustrados

1.LEÓN DE BIBLIOTECA de MICHELLE KNUDSEN (libro utilizado como comezo
das lecturas do club)







2.CARTAS DE INVERNO de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ







Crea Tu Mensaje





3.Le Petit Prince




Comentarios (1) - Categoría: todos - Publicado o 08-02-2009 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TESTEZ VOS CONNAISSANCES SUR LE PETIT PRINCE
Como non estou con vós para ver se realmente ledes e atendedes nas reunións do club, vouvos facer un pequeno test para cando rematedes o libro.
Atopeino nunha páxina de Internet e penso que pode ser divertido e ademais vos axudará a profundizar máis no libro.
Facede CLIQ sobre a palabra TEST que aparecerá máis abaixo se queredes comezar.
Podedes facelo na Biblioteca todos xuntos.
Xa me contaredes como foi.
TEST
Comentarios (0) - Categoría: todos - Publicado o 05-02-2009 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
QUELQUES VIDEOS SUR LE PETIT PRINCE
Como hoxe en día todo se pode facer con e através de Internet, a vosa profe de francés quere estar presente nas vosas reunións e fareino por medio deste MOYEN. SEDE BOS E SOBRE TODO LEDE MOITO. QUÉROVOS, UN BEIXIÑO PARA TODOS E TRANSMITIDE ESTE DESEXO AOS VOSOS COMPAÑEIROS.
Para que vexades que non vos esquezo envíovos para o blog unha serie de videos preciosos que vos recomendo que vexades, sobre o PETIT PRINCE


VIDEOS DU PETIT PRINCE
Comentarios (12) - Categoría: todos - Publicado o 23-01-2009 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY
Imos saber agora tamén algo do autor.

ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY

Naceu en Lyon en 1900 e morreu no mar Tirreno en 1944. Foi un novelista e aviador francés; as súas experiencias como piloto foron a miúdo a súa fonte de inspiración. Terceiro dos cinco fillos duhna familia da aristocracia o seu pa tiña o título de visconde, viviu unha infancia feliz nas propiedades familiares, aínda que perdeu ao seu proxenitor á idade de catro anos. Estivo moi ligado à súa nai, de quen herdou a sensibilidade e a cultura e que o marcaron profundamente. Co´n ela mantería unha voluminosa correspondencia durante toda a súa vida.

O seu interese pola mecánica e a aviación remóntase á infancia e esta pasión non o abandonou nunca. Despois de seguir estudios clásicos en establecementos católicos, preparou en París o concurso de entrada na Escola Naval, pero no logrou o seu obxectivo e incribiuse en Belas Artes. Puido aprender o oficio de piloto durante o su servicio militar na aviación, pero a familia da súa noiva opúxose a que se incorporara ao exército do aire, polo que se resignou a exercer diversos oficios, ao tempo que frecuentaba os ambientes literarios.

O ano 1926 marcou un xiro decisivo na súa vida, coa publicación da novela breve El aviador, en Le Navire d'argent de J. Prévost, e cun contrato como piloto de línea para unha sociedad de aviación. A partir de entón, a cada escala do piloto correspondeuse unha etapa da súa producción literaria, alimentada coa experiencia. Mentres traballaba como xefe de estación aérea no Sahara español, escribiu a súa primeira novela, Correo del Sur (1928).

A escala seguinte foi Bos Aires, ao ser nomeado director da Aeroposta Arxentina, filial da Aéropostale, onde tivo a misión de organizar a rede de América Latina. Tal é o marco da súa segunda novela, Vuelo nocturno. En 1931, a bancarrota da Aéropostale puxo fin á era dos pioneiros, pero Saint-Exupéry non deixou de voar como piloto de proba e efectuou varios intentos de récords, moitos deles saldaríanse con graves accidentes: no deserto exipcio en 1935, e en Guatemala en 1938.


Comentarios (3) - Categoría: todos - Publicado o 12-01-2009 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LE PETIT PRINCE ou O PRINCIPIÑO
Estimados lectores:
Continuamos a nosa andaina literaria cun novo libro, esta vez da man dun autor francés e dunha xoia da literatura francesa do S. XX.

Le Petit Prince (ou O Principiño, na versión galega) publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, novela que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova York.
Só en apariencia é un conto para nenos, pois na realidade é a historia dun neno escrita para adultos ou se se quere, unha volta atrás, un retorno á infancia, "ese grande territorio de onde cada un saíu". "Todos os maiores foron primeiro nenos, pero poucos o lembran" diría o seu autor na dedicatoria ao seu amigo Léon Werth. Podería pois considerarse un libro destinado a todos aqueles adultos que esqueceron o neno que foron e que aínda segue durmindo dentro deles.
Trátase dun conto filosófico, moi poético, que baixo a apariencia dun conto infantil, aborda temas tan trascendentais e profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as atitudes e as preocupacións perante a vida.
Nas conversas entre o narrador (un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor) e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos adoitan esquecer cando medran.
A obra foi ilustrada por Saint-Exupéry e os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, foron tan célbres como o libro mesmo.
O principiño foi traducido a 180 idiomas e dialectos e ata o momento vendéronse xa máis de 50 millóns de copias.
Le petit prince
Comentarios (15) - Categoría: todos - Publicado o 11-01-2009 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SEGUIMOS NO NADAL
ESQUECÍAMAE QUE O BLOG TAMÉN É DE FRANCÉS!!! Alors voici quelques animations aussi en FRANÇAIS. COMME C'EST JOLI LE NÖEL EN FRANÇAIS AUSSI!!!!!!!! ET ICI UNE AUTRE CARTE D'ANIMATION EN FRANÇAIS
Comentarios (1) - Categoría: todos - Publicado o 04-12-2008 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O RECUNCHO DO HUMOR DE NADAL
Xa chegou o Nadal ao noso BLOG e vén cheo de animacións para vós! DISFRÚTAAS e DEIXA O TEU COMENTARIO.
Comentarios (0) - Categoría: todos - Publicado o 04-12-2008 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VISITA Á SARGADELOS. Visionado da fabulosa revista RETRANCA
Como inicio da nosa andaina neste club de lectura que ten lugar no noso Instituto e con alumnos do 1º ciclo, fixemos unha pequena excursión á Sargadelos, onde se expoñía unha maquetación da revista galega RETRANCA. Esta excursión foi unha pequena aproximación á parte artística do que será en breve a nosa propia do club.
Non tardedes en vernos e menos colaborar se queredes no deseño da vosa primeira lectura como INTRÉPIDOSSSSSSS AVENTUREIROSSSSSS!!!!!!!!!!

Comentarios (4) - Categoría: todos - Publicado o 03-12-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CARTAS DE INVERNO, UN LIBRO PARA ENTRAR NO MUNDO DO IRREAL
CARTAS DE INVERNO

Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No seu interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa tapa do pecho reforzada por unha cinta adhesiva. Na carta, Xabier ndícalle á súa irmá que no abra o sobre pechado e que, se antes dunha semana non volve recibir otra misiva súa, llelo entregue ao Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardara tiempo en recibir por culpa dunha prolongada estancia no Quebec.
No epistolario Adrián fala dos extraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ao seu amigo.

COMO IMAXINAMOS, OS DO CLUB, UN VISIONADO DO LIBRO
1ª PARTE DO VIDEO CREADO POLOS MEMBROS DO CLUB


Comentarios (11) - Categoría: todos - Publicado o 25-11-2008 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
O recuncho do lecer
Somos un grupo de profesores e alumnos do IES Valle-Inclán de Pontevedra que queremos ter o noso recuncho de lecer, para incentivar a lectura dunha maneira lúdica e à vez formativa.
ANÍMATE E LE! CONTACTA CO NOSO CLUB E COÑÉCENOS.


O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal