|
|
|
|
| BIBLIOTECA NA RUA |
|
| O vindeiro 1 de xullo comenza "A biblioteca na rua". Tal e como fixemos en anos anteriores colocaremos todalas mañás, na entrada principal da Casa da Cultura Pintor Lloréns, cespede artificial e as mesas infantís para que os nenos poidan disfrutar da lectura ao aire libre e á sombra, porque no veran dentro de la biblioteca vai moita calor. Animamos a todos os nenos e nenas que se acerquen na tempada estival a nosa Biblioteca na Rua. |
|
|
|
|
| ONDE NACEN OS LIBROS |
|
Hoxe xoves, 11 de xuño, tivemos a visita dos nenos de Sada e Contornos que colaboraron na actividade "Onde nacen os libros". A primeira promoción de xardineiros da biblioteca Municipal Suárez Picallo, nos fixeron unha a visita e reencontráronse con Ana Flor, a xardinera do noso xardín. Ana contoulles un conto antes de que os nenos e nenas recibiran un agasallo de recordo
|
|
|
|
|
| EXPOSICIÓN DE CADROS ABSTRACTOS PINTADOS POR NENOS |
|
 O pasado sábado celebrouse na Biblioteca Municipal o último contacontos do bloque ¿Qué di a arte? ¿Qué din os cadros?.
Esta actividade realizouna Selene, no espazo da exposición da Casa da Cultura coincidindo cunha exposición de cadros abstractos.
Selene encamiñou aos nenos ao mundo abstracto por medio das cores. Primeiro con globos e cancións para terminar facendo un cadro abstracto entre os 30 nenos e nenas que acudiron ao contacontos.
O cadro feito polos nenos, aportando cada un unha cor, o temos exposto na zona infantil da Biblioteca Municipal.
O vindeiro contacontos terá lugar o sábado 23 de maio as 12 da mañá e o realizará Marisa Irimia apoiandose nos contos "O barquiño de papel" e "O tesoro do Pirata Calavera". |
|
|
|
|
| A BIBLIOTECA CUMPRE ANOS |
|
A pasada semana a biblioteca cumpriu 26 anos, tempo que leva funcionando dende a súa inauguración.
A Biblioteca Municipal inaugurose o 9 de abril de 1983 no primeiro piso do edificio onde está actualmente a oficina da xuventude. No ano 2000 pasou a instalarse na Casa da cultura e cambio o nome por Biblioteca Municipal Suárez Picallo na honra de Ramón Suárez Picallo, fillo ilustre do Concello de Sada.
Nesa data a biblioteca cOntaba con 2.500 volúmen, e na actualidade ten máis de 17.000.
Por outro lado a pricipios de este mes de abril finalizou a actividade de animación á lectura do Xardín de bilioteca "Onde nacen os libros", coincidindo con la celebración del libro infantil. Durante un mes os nenos e nenas de 5 años de Sada e contornos, viñan todas as semanas á biblioteca . Anteriormente os luns de cada semana les levábamos un libro para ler na casa cos seus pais e os xoven viñan á biblioteca e plantaban unhas semillas(letras) cada un na sua maceta. Cada día falaban coas semillas e lle contaban o libro que leeran na casa diste xeito a súa pranta crecía. De recordo´leváronse un diploma coma "Axudantes de Xardiñeiros".
|
|
|
|
|
| NOVO OBRADOIRO CON MARISA IRIMIA |
|
Ó 24 de abril teremos un obradoiro a cargo da ilustradora Marisa Irimia para nenos e nenas dol colexio de Mondego.
Arredor de 48 alumnos/as de idades cercanas os dez anos visitaran a Biblioteca un día despois do Día do Libro.
|
|
|
|
|
| A GAÑADORA MAIS XOVEN |
|
O pasado 8 de abril sorteouse o MP4 entre os usuarios que realizaron préstamos entre o 2 de febrero e o 2 de abril. O sorteo realizouse na biblioteca ás 12 da mañán e a gañadora foi unha nena de 3 anos chamadaa Carlota García López. O MP4 entregoullo a Concelleira de Cultura Gabriela Castro Babío.
|
|
|
|
|
| OS SOBRES MISTERIOSOS |
|
¿Alguen sabe onde aparecerán estos sobres o vindeiro luns?.
¿Quen os mandará?.
¿Que teñen dentro?.
Non e por alarmar a ninguén pero no colexio preto da Biblioteca o 2 de marzo vai suceder algo misterioso.
"BIBLIOTECA DE SADA, LUGAR ONDE NACEN OS LIBROS".
|
|
|
|
|
| SEGUNDA EDICIÓN DE "DEIXA A TÚA IMPRONTA" |
|
Dentro das actividades abertas para todo tipo de usuarios que organiza a Biblioteca Municipal abrese o plazo do Certame de Promoción á lectura, "Deixa a túa Impronta" na súa segunda edición.
Está actividade, coa que a Biblioteca Municipal pretende potenciar a lectura dunha forma distinta á habitual, está dirixida aos maiores de 15 anos e o gañador do Certame deste ano 2009 será agasallado cun navegador.
Como contenedora do saber e da cultura universal e por suposto intimamente ligada a unha localidade, a Biblioteca quere reunir e gravar nas paredes das súas instalacións fragmentos de obras da literatura universal seleccionadas polos cidadáns que dexesen participar.
O pasado ano Isaac Pérez Lorenzo (na foto xunto á Concelleira de Cultura, Gabriela Castro)seleccionou a frase gañadora do ano 2008 cun fragmento do libro Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro.
"Erguerémo-la espranza sobre ista terra escura. Coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa." |
|
|
|
|
| BIBLIOTECA DE SADA, LUGAR ONDE NACEN OS LIBROS |
|
¿Sabedes como nacen os "libros de biblioteca"? ¿Sabedes que tipo de semente utiliza o persoal da biblioteca de Sada? ¿Sabedes canto tempo tarde en nacer un libro de biblioteca? .... iso é o que vamos a ensinar aos nenos/as de 5 anos, vamos a mostrarlles como é o noso xardín de biblioteca e como o cuidamos.
Esta actividade está dirixida a nenos/as de 5 anos do centro de Sada e Contornos na búsqueda da promoción do libro e a lectura entre os máis novos.
"Biblioteca de Sada, lugar onde nacen os libros" e unha actividade subvencionada pola Consellería de Cultura e Deporte dentro do programa Letras Vivas que realizarase os luns (2,9,16,23 e 30) e xoves (5,12,19,26) do mes de marzo e o 2 de abril (día del libro infantil) a cargo de Ana animadora de Argallando.
Deste xeito todos os luns persoal da biblioteca subirá a clase da mestra Margarita e entregaremos aos nenos un libro. Estes terán ata o xoves para lelo cos pais. O xoves baixarán a biblioteca e traballarán no xardin "onde o persoal da biblioteca planta os libros" para aprender como nacen os libros de biblioteca. |
|
|
|
|
| CUMPRIMOS 26 ANOS CUN AGASALLO PARA OS NOSOS USUARIOS |
|
Dende o pasado 2 de febreiro e ata o 2 de abril entre os usuarios/as que fagan uso do servizo de empréstito sortearemos un mp4.
O sorteo farase o día 8 de abril con motivo do noso 26 cumpreanos xa que a Biblioteca Municipal Suárez Picallo abriu as súas portas na Casa da Cultura o 9 de abril de 1983.
Moita sorte a todos e todas.
|
|
|
|
|
|
|
|