|
|
|
|
|
|
| ENTREGA DOS PREMIOS DO III CONCURSO DE POESÍA BIBLIOTECA IRMÁNS RICOI |
|
O pasado 29 de abril entregaronse os premios ós gañadores do III CONCURSO DE POESIA BIBLIOTECA IRMÁNS RICOI, así como un pequeno agasallo a tódolos participantes, que cada ano son máis.
Os gañadores foron os seguintes:
1º Curso: "O GATO NEVADO", escrita por Nerea Abal Fontenla, co seudónimo CATALINA.
2º Curso: "MIÑA AVOA", escrita por Pablo Abal Fontenla, co seudónimo DELFÍN.
3º Curso: "A NOSA PROFE", escrita por Andrea Ramírez Campos, co seudónimo TIGRE.
4º Curso: "A ALDEA DE MEUS AVÓS", escrita por Arantxa Mirás Martínez, co seudónimo LÚA.
5º Curso: "CAMPO LAMEIRO", escrita por Marina Tilve Gallego, co seudónimo FLORA
6º Curso: "O CAMPO", escrita por Sabela Búa Fariña, co seudónimo RUBÍ.
Dámo-las grazas a tódolos que participaron, así como ós profesores e autoridades do colexio que colaboraron nesta iniciativa, e agardamos que o vindeiro ano se animen tamén os que non o fixeron. |
|
|
|
|
| CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO CUN OBRADOIRO |
|
Continuando coas actividades programadas para celebrar o Mes do Libro, o luns 26 de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro (23 de abril) a Biblioteca acolleu o obradoiro "CREACIÓN DO NOSO PROPIO LIBRO", que se levou a cabo de 16:00 a 18:00 horas e que estivo a cargo da empresa EDUVIA, contando coa participación de 21 nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Neste obradoiro grazas a imaxinación de tódolos rapaces participantes chegouse a creación dun fermoso libro entre tod@s e tod@s, ó que titularon "O CONTO DOS NENOS DE CAMPO LAMEIRO", e que quedou exposto na biblioteca, para que o poidan amosar ós seus compañeiros, e facerlles ver que a súa obra tan importante ou máis que calquera outra. Os nenos e nenas coa axuda das monitoras elaboraron (escribindo e debuxando) o seu primeiro libro. … Ó final da sesión obtiveron un marabilloso libro onde os autores foron eles mesmos.
|
|
|
|
|
| CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL |
|
O pasado 8 de abril, no Mes dos Libros e para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebrou o 2 de abril, levouse a cabo na Sala Multiusos do CEIP Pedro Antonio Cerviño o contacontos "Palabras de chapeu. Contos para xogar", a cargo de Helga Méndez García, de Teatro Patán.
Ao Contacontos, que foi organizado pola Biblioteca Pública Municipal dentro do programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo, asistiron os nenos e nenas de 1º a 6 curso do colexio, que tiveron a oportunidade de escoitar e xogar coas adiviñas, poesía e narrativa. |
|
|
|
|
| OBRADOIRO DE TEATRO NA BIBLIOTECA |
|
Con motivo da celebración do Día Internacional do Teatro (27 de marzo), a Biblioteca Pública Municipal Irmáns Ricoi organizou para o venres 26 de marzo as 16:00 horas o Obradoiro de Teatro: TEATRINO: TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA TEATRAL, a cargo de Helga Méndez García, de Teatro Patán. O obradoiro estaba dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, no que logo da escoita ou lectura interactiva dunha peza curta teatral, os participantes elaboraron un teatrino de cartoliña cos perxonaxes da peza e fixeron a súa recreación cos teatrinos creados por eles.
Esta actividade, organizada pola biblioteca dentro do seu programa de animación sociocultural, enmarcase no Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. |
|
|
|
|
| FACTORIA K DE LIBROS CONVOCA O III PREMIO DE POESÍA INTERNACIONAL |
|
| A editorial Factoría K de Libros acaba de publicar as bases da convocatoria do III PREMIO CIDADE DE ORIHUELA DE POESÍA PARA NEN@S, que este ano ten unha dotación económica de 14.000 €. O prazo para a presentación dos traballos remata o 20 de setembro de 2010. No enlace adxunto podedes consultar máis información. |
|
|
|
|
| CONTACONTOS PARA ADULTOS: |
|
Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, a Concellería da Muller do Concello de Campo Lameiro, organizou conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal de Campo Lameiro o espectáculo “MULLERES DE PALABRA”, a cargo de Charo Pita.
Esta actividade, que se enmarca dentro do programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, levouse a cabo o xoves 11 de marzo as 19:00 horas no Auditorio de Centro Sociocultural Sobrino Buhígas e iba dirixido ao público adulto.
Trátase dun espectáculo de historias onde a palabra faise ollada ao fondo das relacións humanas: fábulas posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de cortexo, apareamento, traballo, convivencia, onde a felicidade, lonxe de se definir como a simple satisfacción do que se desexa, convértese nun cofre misterioso que endexamáis se remata de abrir. Desde o mundo das nosas bisavoas sometidas á tiranía da emigración e dunha sociedade fechada que as ataba ao home, ata a tarefa da muller de hoxe quen, dividida entre o doméstico, e o laboral, esquécese a si mesma. Todas heroínas anónimas, configuran o perfil do feminino, outra forma de ser, sentir e estar no universo. Relatos da propia narradora artellan esta sesión de contos, algúns recibidos desde a oralidade e adaptados por ela e outros incluídos no seu libro “A la sombra del Cuento”.
|
|
|
|
|
| "CONTOS DO DEMO" |
|
A Biblioteca Pública Municipal de Campo Lameiro presentou o pasado venres 5 de marzo, na Sala Multiusos do CEIP Pedro Antonio Cerviño as 12:30 horas, o contacontos “CONTOS DO DEMO”, a cargo de Fantoches Baj.
O dito popular “cando chove e quenta o sol, anda o Demo por Ferrol”, é a orixe desta selección de contos de diferentes tradicións europeas. A través de cancións, xogos de animación e da palabra vanse narrando tres historias nas que o demo finalmente sae escaldado.
Esta actividade, organizada pola Biblioteca, enmarcase dentro do programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, estaba dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos.
|
|
|
|
|
| A BIBLIOTECA IRMÁS RICOI DE CAMPO LAMEIRO VOLVE A SER PREMIADA NA CAMPAÑA DE FOMENTO Á LECTURA MARIA MOLINER 2009 DO MINISTERIO DE CULTURA |
|
Por segundo ano consecutivo a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoy” de Campo Lameiro, foi unha das 350 agraciadas cos premios da campaña de Fomento á Lectura María Moliner polo seu proxecto titulado “En mi biblioteca contamos: yo, tú, él ella, nosotr@s, vosotr@s, ell@s”, que participou na modalidade de Labor Bibliotecaria e polo que recibirá un lote de 200 libros infantís e xuvenís.
O Ministerio de Cultura, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias, entrega estes premios aos mellores proxectos ou actividades destinadas a promover hábitos lectores entre os nenos e os mozos en Municipios de menos de 50.000 habitantes.
Neste ano 2009, no que os premios Maria Moliner de animación á lectura cumplen a súa XII Edición, participaron 753 bibliotecas.
|
|
|
|
|
| OBRADOIRO DE |
|
Pablo "Orballo", o mesmo dos Garabatos, volve á Biblioteca. Esta vez cun obradoiro de deseño e creación de personaxes planos a partir de cartulinas que se ensamlan con pinzas metálicas para que sexan móbiles.
O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 13 anos en diante e será na Biblioteca Pública Municipal o próximo mércores 15 de outubro a partir das 16:30 horas. As prazas son limitadas. Apuntate xa na Biblioteca.
|
|
|
|
|
| "LEDICIAS" NO COLEXIO |
|
A compañía "A illa d@s nenos" fixo as "Lelicias" dos nenos do CEIP Pedro Antonio Cerviño co seu espectáculo de maxia. O mago Paco encargouse de levar a cabo un espectáculo que gustou a todos e no que ademais puideron participar varios nenos, que se conviertieron en magos causando o abraio dos seus compañeiros. O espectáculo, que forma parte do programa de animación á lectura que a Biblioteca leva a cabo durante todo o ano, realizouse o 30 de setembro na Sala Multiusos do colexio e enmárcase dentro do Programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|