|
|
|
|
|
|
| CONTACONTOS PARA ADULTOS: "MULLERES DE PALABRA" |
|
Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, a Concellería da Muller do Concello de Campo Lameiro, organiza conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal de Campo Lameiro o espectáculo “MULLERES DE PALABRA”, a cargo de Charo Pita.
Esta actividade, que se enmarca dentro do programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, levarase a cabo o próximo xoves 11 de marzo as 19:00 horas no Auditorio de Centro Sociocultural Sobrino Buhígas e está dirixido ao público adulto.
Trátase dun espectáculo de historias onde a palabra faise ollada ao fondo das relacións humanas: fábulas posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de cortexo, apareamento, traballo, convivencia, onde a felicidade, lonxe de se definir como a simple satisfacción do que se desexa, convértese nun cofre misterioso que endexamáis se remata de abrir. Desde o mundo das nosas bisavoas sometidas á tiranía da emigración e dunha sociedade fechada que as ataba ao home, ata a tarefa da muller de hoxe quen, dividida entre o doméstico, e o laboral, esquécese a si mesma. Todas heroínas anónimas, configuran o perfil do feminino, outra forma de ser, sentir e estar no universo. Relatos da propia narradora artellan esta sesión de contos, algúns recibidos desde a oralidade e adaptados por ela e outros incluídos no seu libro “A la sombra del Cuento”.
|
|
|
|
|
| "CONTOS DO DEMO" |
|
A Biblioteca Pública Municipal de Campo Lameiro presentou o pasado venres 5 de marzo, na Sala Multiusos do CEIP Pedro Antonio Cerviño as 12:30 horas, o contacontos “CONTOS DO DEMO”, a cargo de Fantoches Baj.
O dito popular “cando chove e quenta o sol, anda o Demo por Ferrol”, é a orixe desta selección de contos de diferentes tradicións europeas. A través de cancións, xogos de animación e da palabra vanse narrando tres historias nas que o demo finalmente sae escaldado.
Esta actividade, organizada pola Biblioteca, enmarcase dentro do programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, estaba dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos.
|
|
|
|
|
| A BIBLIOTECA IRMÁS RICOI DE CAMPO LAMEIRO VOLVE A SER PREMIADA NA CAMPAÑA DE FOMENTO Á LECTURA MARIA MOLINER 2009 DO MINISTERIO DE CULTURA |
|
Por segundo ano consecutivo a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoy” de Campo Lameiro, foi unha das 350 agraciadas cos premios da campaña de Fomento á Lectura María Moliner polo seu proxecto titulado “En mi biblioteca contamos: yo, tú, él ella, nosotr@s, vosotr@s, ell@s”, que participou na modalidade de Labor Bibliotecaria e polo que recibirá un lote de 200 libros infantís e xuvenís.
O Ministerio de Cultura, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias, entrega estes premios aos mellores proxectos ou actividades destinadas a promover hábitos lectores entre os nenos e os mozos en Municipios de menos de 50.000 habitantes.
Neste ano 2009, no que os premios Maria Moliner de animación á lectura cumplen a súa XII Edición, participaron 753 bibliotecas.
|
|
|
|
|
| OBRADOIRO DE |
|
Pablo "Orballo", o mesmo dos Garabatos, volve á Biblioteca. Esta vez cun obradoiro de deseño e creación de personaxes planos a partir de cartulinas que se ensamlan con pinzas metálicas para que sexan móbiles.
O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 13 anos en diante e será na Biblioteca Pública Municipal o próximo mércores 15 de outubro a partir das 16:30 horas. As prazas son limitadas. Apuntate xa na Biblioteca.
|
|
|
|
|
| "LEDICIAS" NO COLEXIO |
|
A compañía "A illa d@s nenos" fixo as "Lelicias" dos nenos do CEIP Pedro Antonio Cerviño co seu espectáculo de maxia. O mago Paco encargouse de levar a cabo un espectáculo que gustou a todos e no que ademais puideron participar varios nenos, que se conviertieron en magos causando o abraio dos seus compañeiros. O espectáculo, que forma parte do programa de animación á lectura que a Biblioteca leva a cabo durante todo o ano, realizouse o 30 de setembro na Sala Multiusos do colexio e enmárcase dentro do Programa Letras Vivas Animación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. |
|
|
|
|
| Obradoiro de Ilustración para moz@s |
|
Continuando coa celebración do Mes Cultural de Campo Lameiro, a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoi” ofreceu aos xoves un obradoiro de ilustración titulado “O Garabato como sorpresa ilustrativa”, a cargo de Orballo e e dirixido a moz@s a partir dos 13 anos.
Nesta actividade Pablo (Orballo) asombrou aos rapaces que participaron coas marabillas que se poden facer a partir dun garabato nun obradoiro de hora e media de duración e que se levou a cabo das 17:00 as 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal. As fotos dos participantes e as súas obras de arte as podedes atopar na FotoBlogoteca.
Esta actividade enmarcase dentro do programa Letras Vivas Creación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
|
|
|
|
|
| Obradoiro de Ilustración con Chus Ferrín para nen@s |
|
Dentro do Mes Cultural de Campo Lameiro, a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoi” acolleu o pasado mércores 3 de xuño un obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 a 12 anos a cargo da coñecida ilustradora viguesa Chus Ferrín, e que se levou a cabo das 17:00 as 18:30 horas.
Os pequenos escoitaron primeiro as explicacións da ilustradora, que lles amosou algúns dos seus traballos, e logo tiñan que escoller entre debuxar un paxaro ou un lobo. Os traballos quedaron chulísimos e podedes ver as fotos na FotoBlogoteca.
Esta actividade enmacarse dentro do programa Letras Vivas Creación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
|
|
|
|
|
| O ESCRITOR SANTIAGO JAUREGUÍZAR ENXEÑOUNOS A FACER UN CONTO |
|
O escritor e xornalista Santiago Jaureguízar visitou onte a Biblioteca, onde mantivo un encontro con cerca de 30 rapaces que aprenderon con él como se escriben os libros e os contos.
Santiago Jaureguízar naceu en Bilbao en 1965, aínda que está asentado en Ribadeo e Lugo. Compaxina a creación literaria co seu traballo como redactor na sección Cultura do diario El Progreso. Publicou 15 libros, entre os que destacan títulos como Fridom spik (Edicións Xerais, 1995), as novelas Comendo espaguetis diante da televisión (Edicións Xerais, 1998; finalista do Premio Xerais 1997), As horas sucias (Xerais, 2001), Breve crónica universal da clase obreira (Sotelo Blanco, 2002; Premio Lueiro Rey 2001), Casa Skylab (Xerais, 2003; Premio Xerais 2003), e Cabaret Voltaire (Galaxia, 2005. Premio García Barros 2005; finalista dos premios da Crítica Gallega 2006 e do Premio Arcebispo San Clemente 2006).
Para nenos escribiu as novelas Todo a cen (Sotelo Blanco, 1995), A rutina corsaria (Edicións Xerais, 1998), Salitre (Edicións Xerais, 2000), Balea morta ou lancha a pique! (Xerais, 2002; finalista do Premio Barco de Vapor 2001), A cova das vacas mortas (Xerais, 2006; Premio Fundación Caixa Galicia 2006), A Feroz Batalla da Charca (Baía Edicións. Finalista do Premio Meiga Moira 2006) e Plastilina nos pulmóns (Edicións Tambre. Edelvives 2007).
A súa obra O globo de Shakespeare , editada por Xerais dentro da súa colección de narrativa foi a gañadora do Premio Terra de Melide 2008.
Como xornalista, Santiago Jaureguizar obtuvo o Premio Manuel Reimóndez Portela de Periodismo 2005, e en marzo pasado, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, entregoulle o primeiro Premio Periodístico Museo de Lugo, polo seu reportaxe Medio siglo sin el poeta discreto, publicado con motivo do 50 aniversario da morte do poeta lucense Luis Pimentel.
Nesta biblioteca podedes encontrar os seguintes libros de Jaureguízar:
Todo a cen / Jaureguizar ; Jaureguizar (1965-).-- Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, D.L. 1995.-- 117 p. ; 22 cm.-- (Docexvintedous)
En BN 82-3
D.L. C-1921-1995.-- ISBN 84-7824-249-X
821
R. 4593
Salitre / Jaureguizar ; Jaureguizar (1965-).-- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2000.-- 125 p. ; 21 cm.-- (Fóra de xogo ; 38)
D.L. VG. 39-2000.-- ISBN 84-8302-480-2
821
R. 6339
A Rutina corsaria / Jaureguizar ; Jaureguizar (1965-).-- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1998.-- 151 p. ; 21 cm.-- (Fóra de xogo ; 26)
D.L. S. 659-1998.-- ISBN 84-8302-526-7
821
R. 6009
¡ Balea morta ou lancha a pique ! / Jaureguizar ; Jaureguizar (1965-).-- Vigo : Xerais, 2002.-- 115 p. ; 21 cm.-- (Fóra de xogo ; 65)
Xerais, 2002; finalista do Premio Barco de Vapor 2001
D.L. VG.605-2002.-- ISBN 84-8302-858-1
821
R. 7298
Estación Mir / Jaureguizar ; Jaureguizar, Santiago (1965-).-- Lugo : Tris Tam, 2002.-- 68 p. ; 17 cm.-- (Tris Tram Teatro ; 5)
D.L. LU-325-2002.-- ISBN 84-89377-40-5
GT
R. 7395
Casa Skylab / Jaureguizar ; Jaureguizar, Santiago (1965-).-- Vigo : Xerais, 8046.-- 185 p. ; 22 cm.-- (Narrativa ; 195)
Premio Xerais de novela 2003
D.L. VG. 881-2003.-- ISBN 84-9782-045-2
821
R. 8046
|
|
|
|
|
| CONTACONTOS DE TITERES CACHIRULO |
|
"Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso increible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero... ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou".
Así describen os compoñentes de Titeres Cachirulo o espectáculo que presentarán a tod@s @s rapaces de Campo Lameiro o próximo martes 14 de abril as 12:30 horas, na Sala Multiusos do Ceip Pedro Antonio Cerviño.
Para este contacontos, organizado pola Biblioteca Pública Municipal, ademais dos rapaces do Ceip Pedro Antonio Cerviño, foron tamén invitados @s nen@s do colexio de Cerdeiras e os pequeniños da Galescola.
Podedes ver as fotos na FotoBlogoteca. |
|
|
|
|
| GAÑADORES DO II CONCURSO DE POESIA ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA |
|
O pasado día 2 de abril, deronse a coñecer as poesías gañadoras do II Concurso de Poesía que organiza a Biblioteca Pública Muncipal conxuntamente coa Concellería de Cultura e Deporte.
Ainda que nas bases establecíanse tres categorías e un premio por categoría, o xurado por unanimidade decidiu otorgar un premio por curso dada a calidade e cantidade dos traballos presentados. En 6º Curso prodúxose un empate, polo que as dúas gañadoras compartirán o premio. A continuación a lista de gañadores:
1º Curso: "A festa", de "Tigre"
2º Curso: "Oxalá", de "Alexa"
3º Curso: "O San Benito de Parada", de "Joni X"
4º Curso: "Galicia" de "Londra"
5º Curso: "Os regatos", de "O paxariño"
6º Curso: Empate: "Galicia", de "Brancaneves" e
"Meu amor", de "Clara"
Os nomes d@s gañadores publicaremolos logo da entrega de premios, que se levará a cabo o día 14 de abril as 12:15 horas na Sala Multiusos do CEIP Pedro Antonio Cerviño, xusto antes da actuación de Titeres Cachirulo.
As poesías gañadoras serán publicadas tamén na páxina web do Concello.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|