Aquí temos ás ganadoras e os traballos finalistas. Foi moita a calidade, parabéns a todas e a todos.
1º PREMIO EX AEQUO
E a árbore díxolle ao paxaro:
- E ti de quen vés sendo?
LORENA LEAL GARCÍA 4º A
-------------------------------------------------
1º PREMIO EX AEQUO
Algunhas veces o camiño enmudecía subitamente, transformando a terra nunha alfombra espesa dun silencio tan hostil que encollía a alma. Outras veces, emitía palabras doces e esponxosas. Entón, o peregrino sentía que lle medraban as ás nos pés.
ALICIA JUNCAL 4º A
-------------------------------------------------
1º PREMIO EX AEQUO
Por fin, tras anos deitada, descansaría de verdade. Aquí, baixo terra, as cousas son difíciles; pero tornan un pouco mellor, cando sabes que esas dúas balas, que atravesaron o teu peito a traizón, están podrecendo no máis terrible dos infernos.
CRISTINA GARCÍA LOSADA 4º A
-------------------------------------------------
Traguei cuspe, pechei os ollos e apretei os dentes? e entre os meus baizos, polo medo, saíron palabras. As últimas que ía dicir na miña vida:
-Fará falta algo máis para acabar con nós.
ROBERTO MARIÑO CÉSAR 4º C
------------------------------------------------
Unha noite entrou un raposo no galiñeiro. O barullo despertoume e fun mirar. Cando cheguei alí, o animal saía sen ollos e batendo con todo. Esa noite, as galiñas comeron ollomoles.
ALFONSO SÁNCHEZ DO RÍO 4º C
-------------------------------------------------
Camiñou ata chegar onde os soños se facían realidade.
CRISTINA SUÁREZ BARCALA 4º A
-------------------------------------------------
-Boas tardes
-Boas, pase e sente.
-Moitas grazas.
-Chámome Xosé, Xosé Oubiña Castro. Viña polo do traballo?
- Rosario, faga o favor de saír.
-?
MOISÉS CARRAL ORTIZ 4º A
-------------------------------------------------
E ao dobrar a esquina, atopáronse e marcharon camiñando.
JAVIER MIGUÉNS FERNÁNDEZ- 4º A
------------------------------------------------
Crin vela. Perseguín zapatos, ilusións e, máis tarde, unha dor. Non sei como chamala. Soidade, confunsión, baleiro, un coitelo? Crin vela e non volvín verme a min. Crin atopala e perdina. Crin alcanzala e afundinme.
MARÍA PAZ-ARES JÁCOME 4º A
-------------------------------------------------
E entón, miroume cos seus ollos a través do espello.
LORENA LEAL GARCÍA-4º A
-------------------------------------------------
Saín. O exame de Matemáticas fora máis difícil do que pensaba. As ecuacións dábanseme ben, pero?Mantiña a esperanza de aprobar. Ao xirar a esquina?alí estaba el. Mirou para min e sen pronunciar unha palabra, sóubeno: suspendera.
GIPSY-4º A
-------------------------------------------------
Por fin, tras anos deitada, descansaría de verdade. Aquí, baixo terra, as cousas son difíciles; pero tornan un pouco mellor, cando sabes que esas dúas balas, que atravesaron o teu peito a traizón, están podrecendo no máis terrible dos infernos.
CRISTINA GARCÍA LOSADA 4º A
-------------------------------------------------
Noite. 16 de decembro. Silencio perfecto. Só se escoitaban as gotas da choiva. Moveuse. Levantouse. Colleume da man. Eu non vía nada?Dixo ?cala?. Nunca máis volvín vela. Era de noite. 16 de decembro.
MARTÍN REGUEIRO POMBO 4º A
-------------------------------------------------
Estabamos todos na beira do ría da morte e escoitamos un ruído de laios. Á cabana para nos refuxiar só lle quedaban cinco ou seis horas máis de traballo. Axiña rodeamos o río e atopamos o can, ferido nunha pata e ouveando coma se non houbese mañá.
DAVID BUENO LAYA -4º B
------------------------------------------------
Espertei por culpa da suor xeada que percorría o meu corpo enteiro. Tremía de medo, pero logo recordei? A miña Game Boy estaba ben gardada no caixón.
LUÍS FALCÓN SABORIDO 4º B
-------------------------------------------------
Atopeino nese espazo baleiro.
LARA CAROU LAGO 4º B
-------------------------------------------------
Coa chegada da primavera, el entrou pola porta. Despois de tanto tempo?a súa roupa manchada e esgazada contaba as súas vivencias na primeira liña de batalla, e os seus ollos empañados polas bágoas daban a coñecer a súa historia.
KEREN NARTALLO-4º C
-------------------------------------------------
E ao queimar as páxinas daquel diario, derretéronse todos os seus recordos.
SANDRA PAULOS ARAGUNDE 4º C
-------------------------------------------------
O pobre segue soñando que o levas da man.
DANIEL DORELLE MAGRACHE 4º B
------------------------------------------------
Aquel día, as súas pupilas azuis craváronse nas miñas. Ela quería derrotarme. E afoguei entre as súas bágoas.
CARMEN OZORES GAGO 4º B
|