|
|
|
AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºB |
|

Víctor Ochoa
Acto de valor (película), Mike McCoy
Motivos: é de guerra, está moi ben ambientada e documentada, é moi interesante.
Sergio Fontán
A noite soñada, Màxim Huerta
Motivos: é un bo libro que entreten moito, a súa trama é interesante, fai pensar, ten un premio de literatura ben merecido.
Elías Bahamonde
Kill Bill vol. 1 (película), Quentin Tarantino
Motivos: a historia é moi boa, a película ten moita acción, bastante sangue a unha secuencia de anime que é moi boa. A música que utiliza gústame bastante.
Xurxo Soto-Río
La Haine (película), Mathieu Kassovitz
Motivos: é entretida, reflicte a crudeza da realidade nas revoltas francesas, fai que quedes impactado en varias secuencias.
Manuel Mariño
?La roja, un equipo de leyenda?, Santos/Carreño/Lama/González
Motivos: porque é un tema que gusta moito en xeral, non é un tostón e é moi entretido.
Lía Marqués
Aux jeunes gens, P.Kropotkin
Motivos: básicamente paréceme moi interesante e ademáis moi importante que a xente nova o leamos e pensemos que podemos facer para cambiar o mundo. Creo que nos anima moito nese sentido.
Películas-
A escaleira de Jacob, A.Lyne
Motivos: é unha película que fai reflexionar sobre como a guerra cambia ás persoas, en un ambiente sórdido e surrealista trata a maneira na que a mente humana enfoca a súa vida e como a xente deste ou doutros mundos reacciona a ela.
A laranxa mecánica, S.Kubrick
Motivos: a verdade é que sobran motivos para recomendar esta película. Está moi ben filmada, ten unha moi boa actuación e música, por suposto. Pero sobre todo, é unha película que nos fai reflexionar, emoito, sobre a sociedade moderna e a ética das persoas en xeral. Sobre o que podemos chegar a ser e o que somos. É unha película que realmente te deixa marcado/a.
Brazil, T.Gillian
Motivos: boa película. Cun argumento interesante, persoaxes que pasan por un mundo estraño, pero non tan distinto do nos, como nas películas de Gillian. Nun escenario no que nada é o que parece e no que unha soa persoa debe cambiar a súa forma de vivir por apenas un erro informático. Unha distopía que ben podería ser o noso futuro, aínda que non o creamos.
Pulp Fiction, Q.Tarantino
Motivos: porque ademáis de ser unha película de culto mestura moitas tramas moi diferentes, e mostra os barrios baixos das ciudades nos que en principio poca xente se fixa. Ademais, o humor presente no guión ?tarantiniano? dá un enfoque á película que te guste vela. Peliculón.
Música-
Use your Illusion, Guns N´Roses
Motivos: é un disco que mestura varios xéneros e ademáis é un dos mellores deste grupo.
IV, Led Zeppelin
Motivos: aínda que calquera disco de Led Zeppelin é opción para recomendar, este, ademáis de ser dos mais coñecidos, contén cancións que contaxian o espírito da liberdade do rock´n´roll.
Revolver, The Beatles
Motivos: para min, é un dos mellores discos dos Bestles, xa que, ademáis de conter cancións fantásticas, vaise notando tamén como ía cambiando o tipo de son que tiñan. Ademais por exemplo, neste disco George Harrison inclúe moitas máis cancións que nos anteriores, mostrando a creatividade crecente neste grupo.
The Piper at the Gates of Dawn, Pink Floyd
Motivos: demostra o forte que empezaron e como trataban de buscar o seu son. Ademais ten cancións que te transportan a outros lugares con só escoitalas. En xeral calquera ou case calquera disco deles pode ser xenial pero escollín este porque é dos meus favoritos.
Reconsider Baby, Elvis Presley
Motivos: porque é Elvis cantando blues, e é como outra cara del da que se sacan moitas cousas boas. Ten bos temas. A voz de Presley cobra outra dimensión.
Pearl, Janis Joplin
Motivos: é Janis.
|
|
|
|
BERTA DÁVILA: RAÍZ DA FENDA. POR SIRA VIDAL. |
|
Este martes, 6 de maio, tivemos a sorte de ter con nós a Berta Dávila, autora de Raíz da fenda, poemario polo que recibiu numerosos premios e que se converteu nun dos títulos máis relevantes da nosa literatura actual. Publicado en xuño de 2013, a primeira edición esgotouse nun mes; neste momento vai pola terceira. Todo un éxito para un libro de poesía e case un milagre para un libro de poesía en galego.
Raíz da fenda comeza cos seguintes versos:
Porque somos as fillas dunha lingua dura
e forte, como a améndoa, e por iso inventamos
tantos nomes para convocar a fenda.
Estes versos condensan e anticipan o contido e o que será o tema principal do poemario. Nel fálasenos de fendas, de fisuras,de feridas, de físgoas... de perdas, en definitiva. Da dor sentida, como o xeo e a neve, como a intemperie, e fálasenos desde a sinceridade, desde a honestidade, como indicou a propia autora no noso encontro. Comentou tamén a súa necesidade de escribir quitando máscaras, sen artificios, sen pretender exercicios retóricos, na procura da palabra exacta, precisa.
A obra está dividida en cinco partes, en cinco fisuras:
Sobrevivín a cinco fisuras sobre as paredes do meu ventre
e a un século de neve para poder contalas...
A primeira fisura, fogar, fálanos da necesidade de construírse á marxe da familia; a segunda, oco, está centrada na morte da avoa; na terceira, simetrías, a fenda é a producida polo amor e o desamor; na cuarta, derrotas, volve aparecer a morte, esta vez da amiga. Por último, a quinta fisura, verbo, contén as feridas da propia poesía.
Berta contounos que escribe sen trampas, sen imposturas, como o paxariño de origami, que ela teimou en levar á cuberta. Só o papel dobrado, sen engadidos, sen pegamento. Confesounos que escribe porque le e afirmou que, malia os premios, que foron moitos, o que máis lle gusta é a reacción dos lectores, que se ven reflectidos no que expresa nos seus poemas, o mesmo que eles senten ante a perda, a lembranza, o baleiro.
Recoméndovos este libro de fendas e fisuras, do que na biblioteca temos exemplares. Nun deles, Berta Dávila, ao carón da súa sinatura, puxo a seguinte adicatoria:
Para a biblioteca, onde dormen os libros e espertan os soños.
Moitas grazas, Berta.
|
|
|
|
PREMIOS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA CASTELÁ- II |
|

Boísimo e precioso tamén o traballo de 1ºE.S.O. D.
Moitas grazas a todo o grupo e a Silvia por facelo. |
|
|
|
PREMIOS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA CASTELÁ- I |
|
 Precioso o traballo dos grupos 2º A e B de Bacharelato. A partir de La Colmena de Camilo José Cela fixeron un mural onde aparecen varios autores galardonados.
Grazas a tod@s el@s e a Mariola e Carlos Cid polo traballo. |
|
|
|
Las aventuras de Huckleberry Finn |
|
Las aventuras de Huckleberry Finn, de Mark Twain.
Huck, o mellor amigo de Tom Sawyer, e Jim, un esclavo negro, fuxen polo río Misisipi das terribles ataduras dos seus pasados. Dous elementos claves definen o libro: o río e a balsa sobre a que navegan, ámbolos dous simbolos da LIBERDADE; unha liberdade salvaxe, natural, impulsada polos xenuinos lazos de amizade que unen ós protagonistas.
Nesta historia retrátase moi ben, ademáis, o ambente sureño da Norteamérica da época: o racismo, as supersticións dos esclavos, a estructura social...
É un gusto navegar con Huck e Jim polo Misisipi e sentir as súas aventuras, inxenuas pero preñadas dun valor que ben nos mostra o que todo ser humán alberga nas súas vísceras: unha indómita e irrefrenable búsqueda de liberdade.
Sobre este libro fixéronse películas e debuxos animados, pero recoméndovos que comencedes polo libro. O tedes en castelán na nosa Biblioteca.
Santiago - Dpto. Inglés. |
|
|
|
|
|
|
|