BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


SUMMERTIME

Seguro que se esperamos, chega o verán.

Tres versións do clásico Summertime, aria da ópera Porgy and Bess de George Gerswhin.

Música para un fin de semana de primavera.











Publicado por Paloma García
Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA RECOMENDADA POR... - Publicado o 23-05-2014 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
QUE OPINADES SOBRE A BIBLIOTECA?

Igual que fixemos o ano pasado, pedimos a vosa colaboración para poder mellorar.

Moitas grazas por anticipado!

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-05-2014 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS "NONNOBEL"
Outra vez traballando para o proxecto lector e de novo no ámbito da ciencia, Mila Torrado preparou co alumnado de 4º uns paneis interesantísimos sobre produtos tóxicos, traballos alleos roubados, exclusión de mulleres descubridoras... A trastenda duns premios que non sempre foron e son acertados.

Transcribo a información que preparou Mila. Moitísimas grazas a ela e a todo o alumnado que participou.

1948, O Premio Nobel de Müller foi dado "polo descubrimento da alta eficiencia do DDT como un veleno de contacto contra moitos artrópodos. " Foi a primeira vez que o Premio en Medicina foi entregado a alguén que non era médico.
No supervendas Primavera Silenciosa, de 1962, Rachel Carson expoñía todos os perigos ecolóxicos derivados da utilización do DDT, chegando a alegar mesmo que acabarían desaparecendo todos os paxaros do mundo se se seguía usando ese insecticida. A raíz diso, a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos (EPA) prohibiría o DDT en 1972.
O DDT foi excluído da lista de substancias activas autorizadas para o uso en produtos de protección de plantas en 1969.
Actualmente está prohibida a produción, uso e comercialización de todos os produtos de protección de plantas que conteñan DDT.

1952, Selman Abraham Waksman polo seu descubrimento da estreptomicina, o primeiro antibiótico efectivo contra a tuberculose. O primeiro antibiótico que descubriu Waksman foi a antimiocina, que nunca puido chegar a usarse debido á súa alta toxicidade. Tres anos despois atribuíuse o descubrimento da estreptomicina, que fora realizado polo seu discípulo Albert Schatz. Sistematicamente negou a xenialidade do seu alumno de postgrao e aproveitouse de usufrutuar economicamente polas patentes do descubrimento. Foi demandado por Schatz e negociou un acordo fóra da corte. A universidade de Rutgers finalmente recoñeceu publicamente a orixe do descubrimento da Estreptomicina ao brillante Albert Schatz, pero a Academia Sueca nunca recoñeceu o seu erro.

Premio Nobel de Medicina en 1962: “polos seus descubrimentos acerca da estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva”: Francis Crick, James D. Watson e Maurice Wilkins ou "polos seus descubrimentos concernentes á estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva".
A fotografía obtida por difracción de raios X que permitiu aclarar a estrutura do ADN (cousa que fixeron Watsson e Crick) foi obtida por Rosalin Franklin, que traballaba no mesmo laboratorio que Wilkins.


1974, Premio Nobel de Física Antony Hewish e Martin Ryle polas súas investigacións pioneiras na astrofísica de radio: Ryle polas súas observacións e invencións, en particular pola técnica de síntese de apertura, e Hewish polo seu papel decisivo no descubrimento dos púlsares».
O traballo que anunciaba este descubrimento (púlsares) contiña cinco nomes, Hewish primeiro e Jocelyn Bell segundo. O Premio Nobel de Física foi concedido a Ryle e Hewish polo seu traballo no desenvolvemento da síntese de apertura de radio e o seu papel no descubrimento do primeiro púlsar sen a inclusión de Bell (a primeira que descubreu a radiosinal dun púlsar, sendo ou seu titor de tese Hewish) o que foi moi controvertido.



Publicado por Paloma García


Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 20-05-2014 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
FAHRENHEIT 451
Temos na Biblioteca, en galego, unha xoia da Literatura norteamericana: Fahrenheit 451.
O título alude á temperatura á que arden os libros. Guy Montang, o protagonista, é un bombeiro que pertence ó Departamento do Lume, que persegue ós disidentes que se atreven a ler.
Ray Bradbury, o autor, nos presenta un futuro desasosegante, claustrofóbico e absolutamente involutivo en canto a cultura e pensamento.

Pensade nun sistema totalitario onde a cultura está reprimida e o libre pensamento perseguido. A animalización do ser humán?

What is better, the physical or the mental constraints? When one locks up mind and soul, what is the point of living?

Santiago. Dpto. Inglés
Comentarios (0) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 19-05-2014 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Sen dúbida, a música que merece Diaz Castro.

Feliz día!




Publicado por Paloma García
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-05-2014 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS NOBEL DE FISIOLOXÍA E MEDICIÑA POR 1º E.S.O.
Dentro das actividades do proxecto lector adicado este curso aos Premios Nobel, o alumnado de 1ºE.S.O. realizou un estupendo e moi interesante traballo sobre algúns dos premios de fisioloxía e mediciña. Podemos ver dende Robert Koch que en 1905 obtivo o premio recoñecendo o seu traballo ao redor da tuberculose, ata Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montagnier galardonados en 2008 polo seu descubremento do virus do VIH. E moitos máis.

Parabéns a todas e todos e moitísimas grazas a Mila Torrado polo seu traballo.




Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 15-05-2014 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
OS POEMAS DE 4ºA

Da man de Carme Moure as compañeiras e compañeiros de 4ºA paseáronse polo instituto lendo sen descanso. Foron elas e eles quen escolleron os versos que aparecen no vídeo, entre a escolma feita por Fran Alonso en “Poetízate”.

Aquí tedes o resultado do seu traballo, un universo imaxinario onde tod@s estaríamos poetizad@s e, ademáis, en galego. Como diría Louis Armstong “what a wonderful world”.

Moitísimas grazas a tod@s!






Publicado por Paloma García
Comentarios (1) - Categoría: CREAZÓN - Publicado o 14-05-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
TRES POEMAS

Déixovos tres poemas de tres compañeiras de 2º de bacharelato. Moitísimas grazas a Aurora, María e Paula.


La tarde era triste,
yo me aburría,
la rutina de siempre.

Esperando que apareciese
algo que me distrajese
¡ay! si ya me lo supiese…

La mesa, la ventana,
la silla, la cortina…
todo parece interesante
cuando toca tarde de estudiante.

Así hasta que el sueño aparece
y te vas para cama diciendo
¡ya empezaré mañana!


Aurora Mondragón


-----------------------------

A los que atraviesan campos de minas,
a los que luchan día a día,
a los que no se rinden,
a los que dicen lo que sienten,
a los que no tienen miedo.

A los que entienden que la vida,
no es para rendirse, no es para callar,
es superarse día a día,
es sangrar, crujir y volver a levantarse.


María Villalba


---------------------------

Un motivo,
una razón,
jugando con eso que los humanos llamamos corazón.

Me siento humillada
un poco perdida
me amargaste aquello
que hasta ahora entendía por vida.

No quiero mirar atrás
de nada me vale llorar
fuiste el dolor que abrió mi herida
ya no te quiero esperar.


Paula Gil Bugallo


Comentarios (1) - Categoría: CREAZÓN - Publicado o 13-05-2014 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
VERONIKA DECIDE MORIR
Veronika, 24 años, lo tiene todo pero se siente vacía, hastiada de sí misma y de la vida. Es por eso que decide poner fin a su existencia, aunque su intento de suicidio fracasa y unos días después se despierta en un hospital psiquiátrico. Allí experimenta un viaje hacia dentro, hacia su propia identidad.

No soy ningún fan de Paulo Coelho, pues tiene algunos libros verdaderamente mal escritos o con historias bastante incoheremtes. Sin embargo, unos cuantos de su amplia bibliografía me parecen relatos brillantes y correctamente escritos; una lectura ágil y sencilla a través de una historia con profunda enjundia. Tal es el caso de Veronika decide morir.

¿Te has hecho alguna vez las siguientes preguntas?:
1.- ¿Estoy viviendo mi vida, persiguiendo mis sueños, o la vida / sueños de otros?
2.- ¿Qué me hace realmente vibrar, sentir, gozar? ¿Qué es lo que verdaderamente me ilusiona?
3.- ¿Quién soy yo más allá del deber, de la norma, de lo correcto, de lo políticamente correcto?
4.- ¿Me interesa en la vida ser yo mismo o simplemente quedar bien, fingir, continuar lo que ya está escrito?
5.- ¿Quién soy yo de verdad?

Si alguna vez rondan en tus espacios íntimos estas preguntas, te recomiendo este libro. Te hará vivir.

Santiago. Dpto. Inglés.

(Han hecho una película en inglés, Veronika Decides to Die; no la he visto)

Comentarios (2) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 12-05-2014 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mª VICTORIA ATENCIA, POR PALOMA GARCÍA
Para Ch., co desexo de que nunca perda a fe nas palabras.



Seguindo a estela que o mércores pasado abriu a compañeira (nunca demasiado louvada) Mariola, onde recuperaba o seu recordo adolescente sobre As amizades perigosas, e recén otorgado o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana a María Victoria Atencia, voume dar unha volta polos seus libros coa cerimonia e boato que merece.

O coñecemento e lectura da obra de Atencia remóntase a uns anos nos que eu deambulaba sen moito sentido pola Coruña. Camiño do conservatorio estaba Lume, unha librería na que pasaba máis tempo que nas aulas e onde estiven horas mirando e atopando libros que se ofrecían como tesouros. E onde Lola, a propietaria, libreira de vocación e traballadora por obriga, acabou sendo amiga indispensábel. Eran outros tempos onde nas librerías sabíase de libros e no cine non se comían hamburguesas. Alí atopei a Goytisolo, Hierro, Claudio Rodríguez, os Panero, Dickinson, Auden, Whitman, Yeats, Pessoa... Todo debidamente profundo e triste como non podía ser doutro xeito. Tamén atopei a Atencia.

(Era tanta a miña pedantería daquel tempo que pensaba que se podía ligar recitando poesía. Así, podo contar varios rotundos fracasos con Rimbaud e unha victoria plena con Catulo, o que demostra que máis vale clásico desvergoñado que francesiño alcohólico).

Daquela eu saía da casa cun libro. Ás veces tería tempo para lelo entre aula e aula, e sempre cumpliría a súa función de salvavidas, de amuleto, de pedra no peto por se me tiraba a un río ou de ferro que convertiría o bolso nunha arma terrible contra o mundo (como faría Margarita Seisdedos anos despois, referente maiúsculo de nai abnegada e cañí).

Sacar a pasear á Atencia requería que o día fose propicio e ter o humor adecuado. Non sempre tiña eu a calma para apreciar cousas como esta:

ANIVERSARIO
...
Celebrar el recuerdo de una fecha dispone
el ánimo de forma extrañamente atenta.
Umbrías y solanas, alamedas y brezos,
cierran a abril sus puertas para que tú retornes.
La humedad en mis hojos y el calor en mi tacto
preparan el más fértil mantillo que soñases.



Porque creo que é calma, reler, o que a súa obra precisa. Tan pausada debe ser a lectura como lento o proceso de asimilación do observado para logo poder escribir así:


ROSA DE JERICÓ (Anastica hierochuntica)

Tantos años, y más, dejada en el armario,
Con luz escasa y sed y savia detenida,
Un vaso de cristal de Suecia interrumpe.
Tersos rasgos se yerguen
Que asaltan con sus brincos de nuevo los gorriones,
Ajenos e esta tregua entre la sed y el agua.



Ou así (poema-libro titulado “Saudade” e publicado en galego-portugués, por tradución de Ernesto Guerra da Cal):

SAUDADE

A janela abre a um mar gris prata, com seu barco,
e nesta sala há música de Haendel e Corelli.
Revejo a tua tristeza, amiga Rosalia.
Se pudesses ceder-me teu correlato justo
de saudade, eu podia librar-me deste peso
e aos poucos ir subindo as tuas altas ternuras.
Que resseco este ar e a tua terra, que húmida!
Em Padrom dir-me-ás de cada flor o nome.
Conferiremos épocas e releremos cartas,
vasculharei sem fim todas as tuas gavetas.
Deixa que o teu espelho me mostre a minha imagem.



Logo virían "más años malos" como dixo Sánchez Ferlosio, e tiven que prohibirme ese tipo de cousas tristes e profundas. A prohibición abarcaba tamén a película Azul de Kieslowski coa súa música incluída, o Concerto para óboe d´amore de J.S.Bach, O Gran Caderno de Agota Kristof, de Thomas Bernhard… Unha lista tan desordenada e errática como tiñan sido as miñas lecturas.
Pero esa é outra historia.

O caso é que case trinta anos despois, e grazas a este premio de nome tan monárquico e de costumes tan machistas (catro mulleres premiadas ao longo das súas 23 edicións), recuperei á señora Atencia e din un paseo con ela polo meu tempo de lectora apaixoada.

E como cada palabra que dicimos/escribimos/lemos ten unhas propiedades máxicas que nin sequera podemos chegar a imaxinar, atopei este poema que de nova non me chamou a atención, porque claramente estaba escrito para que aparecese na miña vida aos 44 anos cando podo agradecerllo á súa autora. E así remato esta breve cerimonia, coloco outra vez os libros no andel onde viven e continúo deambulando e esperando a aparizón doutras palabras máxicas que, sen dúbida, chegarán.


VOZ TRADUCIDA

Vuelve de nuevo el trance del traslado, y entorno
los ojos: tierna herida a un poema quizás
ya ni siquiera mío. Adolescentemente
me remito no obstante a otra voz, a otra vez,
a otras verdes olmedas del viento meneadas
que los pájaros saben en no importa qué lengua.








Comentarios (3) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 10-05-2014 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal