BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


DANOS A TÚA OPINIÓN
Necesitamos saber o que pensas da biblioteca para poder mellorala. Só che vai levar un minuto. Fíxate que á dereita tes unha barra para baixar e ver todas as preguntas.

Moitas grazas!



Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2013 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
VERDADE!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-05-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO-II
Para non esquecer a Roberto:

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-05-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
SAN JUAN DE LA CRUZ
Creo que no hay poesía en lengua castellana que se pueda equiparar en ritmo, sencillez y belleza al Cántico Espiritual de San Juan de la Cruz.
Leedla como si leyerais la letra de una canción, imaginad a la amada buscando al amado, al alma humana buscando al alma divina, lo que queráis. Da igual que seais creyentes o no, esto no importa en absoluto para apreciar la sutil danza y la incomparable gracia de estos versos.
La poesía mística de todas las latitudes se basa en la comunión con la vida, con lo universal, con la naturaleza... y para apreciar esto no hace falta comulgar con ningún credo específico. Lo veis más claro en el Haiku japonés, poderosamente influenciado por el Budismo Zen; una visión de la naturaleza profunda, devocional, hondamente bella y elusiva.
Tenéis a San Juan de la Cruz en la Biblioteca, en la Colección Austral.
Enjoy it, sing it, plunge into its depths.

Mi amado, las montañas,
los valles solitarios nemorosos,
las ínsulas extrañas,
los ríos sonorosos,
el silbo de los aires amorosos


Santiago - Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 09-05-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Xa sabedes que o Día das Letras Galegas deste ano está adicado a el.

Nesta páxina http://robertovidalbolano.org/ tedes moita e moi boa información. Por exemplo:


"Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – 2002) é unha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario. Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo Sen ir máis lonxe, que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.

É indiscutible a importancia da figura de RVB para o teatro nacional galego. Aínda que morreu novo (52 anos), Vidal Bolaño é, sen dúbida, o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais non é só a cantidade da súa obra a razón da súa importancia, senón as múltiples calidades que os seus textos achegan durante toda a súa actividade.

A produción de Roberto Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. RVB non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX".
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-05-2013 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER VOCABULARIO NOVO: A HARD WORK TASK?
¿Queredes ampliar o voso vocabulario en Inglés ou Francés (ou Alemán, Chino, Ruso…)? Pois prestade atención ó seguinte:
Noso cerebro ten dous hemisferios, o da lóxica ou hemisferio esquerdo e o simbólico-artístico ou hemisferio dereito. Éste último relaciónase cos sonos, có subconscente, etc. Así, se queredes RECORDAR o vocabulario dos textos de lingua extranxeira, deberedes “pasar” as palabras novas polos dous hemisferios. Deste xeito, ó tocar aspectos máis emocionáis ou visceráis da vosa psique, ditas palabras quedarán profundamente impresas na vosa memoria.
Por exemplo: un profesor inglés comentoume nunha ocasión que sempre se acordará da palabra española “lavadora” porque a relacionou con “Dora – a exploradora” dando voltas dentro da lavadora mentras chillaba “¡lavadoraaaaaaaa!”. A imaxe fíxolle gracia, a SENTIU, a VISUALIZOU e, despois de reírse unhas cantas veces, a palabra xamais se lle borrou (nin posiblemente se lle borrará) da súa memoria.
PODEMOS PROVOCAR este proceso dun xeito estructurado e sistemático. Imaxinade que queredes aprender as seguintes palabras inglesas: Gash (corte, ferida), to stab (apuñalar) e thrilling (emocionante, apaixoante). Pechade os ollos e buscade unha imaxe que vos impacte, que vos provoque emocións, que vos faga disfrutar. Non censuredes o contido. Nese imaxe, ademáis, pode haber unha mini-historia.
Por exemplo:
Gash: Alguén ten un corte profundo e outra persoa lle rocía cunha mangera de gas para cerrarllo. O gas provoca benestar, e o do corte chilla "gash!, gash!", unha e outra vez.
To stab: Un home, mentras é apuñalado, grita "stab!" e, coa be final sáelle pola boca un chorro de bilis que infecta o asesino.
Thrilling: O número tres (three), coñece a "ling", unha chinesa que lle fai "tilling" e xuntos teñen experiencias que son "super-thri-lling".
Unha versión mais académica deste exercicio , sería a de crear frases ou mini-textos coas palabras que queremos aprender; o cal é tamén un bo xeito de "personalizalas", de introducirlos nas capas mais profundas (emocionais, pulsionais e subconscentes) da memoria.
Santiago - Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-05-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal