BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


CORTO MALTÉS
O noso primeiro invitado. Un dos habitantes da biblioteca, fácil de atopar na sección de Cómics.


Corto Maltés é un personaxe de banda deseñada creado en 1967 para a revista Sarxento Kirk polo debuxante italiano Hugo Pratt.

As súas aventuras fálannos dun personaxe case real, cunha biografía detallada e unha complexidade humana moi elaborada polo seu autor. Á hora de escoller localizazóns para as aventuras do Corto Maltés, Hugo Pratt seguía o costume de elixir paisaxes abertas en lugares que evocasen antigos mitos, lendas ou batallas.

O Corto Maltés é un aventureiro que naceu en Malta a finais do século XIX, fillo dunha xitana de Xibraltar e dun mariñeiro de Cornualles. Se se tivese que relatar un feito que definise a súa rebeldía sería o de facerse sendo neno cunha navalla , unha nova liña da vida máis longa porque a orixinal non lle satisfacía.

É protagonista das seguintes obras: A Balada do Mar Salgado (1967), Baixo o signo de Capricornio (1970), Sempre un pouco máis lonxe (1970), As célticas (1971), As etiópicas (1972), Corto Maltés en Siberia (1974), Fábula de Venecia (1977), A casa dourada de Samarcanda (1980), A mocidade (1981), Tango (1985), As helvéticas (1987), Mú (1988).

(Información obtida da Galipedia)
Un enlace con máis información.
Categoría: LECTURAS - Publicado o 30-05-2012 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
MIL COMEZOS

Este é un comezo. Coma mil outros.

Esperamos que, o que hoxe está baleiro, entre todas e todos consigamos estea ateigado de palabras.

Categoría: XERAL - Publicado o 30-05-2012 17:55
# Ligazón permanente a este artigo

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal