BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


Sang Woo y su abuela
Película coreana que os recomiendo en caso de que os apetezca algo un poco diferente; intimista (sin excesos), a la par que entrañable e incluso cómico.
Neto e aboa téñense que entender. Campo e cidade, século dezanove e século vinteún, consumismo e simplicidade, egocentrismo e entrega...
¿Cuál es la clave en la comunicación humana? ¿Generosidad, apertura, empatía, sinceridad...?
Being able to give?
Being able to receive?

Santiago - Dpto. inglés.
Comentarios (1) - Categoría: PELÍCULAS - Publicado o 29-11-2012 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Manga EL CAMINANTE
¿Apetéceche un manga diferente, apenas sen argumento, onde o protagonista simplemente pasea, observa e sinte?
¿Apetéceche camiñar polos finos e depurados debuxos de Taniguchi, o autor, e percibir a súa calma, a nostalxia da beleza máis simple, máis sinxela?
Sentir o vento, os paxaros, a cidade... e camiñar, simplemente camiñar, sen pensar en nada.

Have you ever felt life or nature with no intermediating thought?
Have you ever plunged into the pleasure of simple perception?

TANIGUCHI, siempre TANIGUCHI.

Santiago - English Teacher
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 29-11-2012 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS SOBRE VIOLENCIA MACHISTA: O INFERNO DE MARTA
O inferno de Marta de Pasqual Alapont, editorial Xerais.

A historia é sinxela: Marta é maltratada polo seu mozo, Marta non comprende por que chegou a vivir esa situación, Marta pensa que é culpable(algo estará facendo mal para que el a pegue), Marta sabe que o mozo vai cambiar. Pero non cambia.

A historia é sinxela e terrible. E a novela pode ser unha boa lectura para ver o que non se pode facer, non se pode desculpar, non se pode aceptar.





Publicado por Paloma García
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 25-11-2012 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Campaña institucional do concello de Valladolid. O tema musical que serve de fondo chámase "Última noche" do grupo vallisoletano Perdición, os gañadores do concurso convocado por ese concello para unha canción sobre o tema.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-11-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-11-2012 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
LAS HORAS
Mrs. Dalloway, novela de Virginia Woolf, é o punto de partida dunha magnífica película titulada Las Horas(2002), dirixida por Stephen Daldry e merecedora dun Óscar á mellor actriz, que recolleu neste caso Nicole Kidman.
Cóntase a historia de tres mulleres ao longo dunha xornada, cuxas vidas se conectan a partir da novela mencionada: a escritora (Virginia Woolf), inmersa no proceso de creación de Mrs Dalloway, e manifestando os seus problemas mentais e de relación; a lectora (Laura Brown), muller infeliz e atrapada nunha vida, aparentemente “perfecta”, que aborrece; a personaxe, unha moderna Mrs. Dalloway, encarnada en Clarissa Vaughan, editora que ao longo dun maratoniano día e mentres organiza unha festa a un amigo, axusta contas co seu pasado, ordena o seu presente e tende pontes ao futuro.
Tres protagonistas unidas polo destino, en tres momentos e tres espazos distintos, que buscan dar sentido ás súas vidas, cheas de sufrimento, soidade e desacougo.
Non a perdades, paga a pena. Por certo, Nicole Kidman está soberbia e irrecoñecible, interpretando a V. Woolf.
E para ir abrindo boca, este vídeo con algunhas imaxes da cinta e reseñas recollidas en diferentes medios escritos.


Publicado por Carme Moure



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
DE O LEO A VIRGINIA WOOLF
O Leo é o autor de Hai cu, un estupendo e hilarante conxunto de haikus irreverentes. Un deles resulta ser unha particular homenaxe deste artista galego a Virginia Woolf e ao seu ensaio Un cuarto propio.


Un cuarto de seu

Está feliz como unha nena
que puidese vivir dentro

da casa das monecas





Publicado por Carme Moure
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS RECOMEDACIÓNS
Dous blogues, de dous alumnos. Pasádevos por alí, paga a pena.

Ego sum Gabriel

Soy un artista exiliado de la mediocridad




Publicado por Paloma García
Comentarios (1) - Categoría: CREAZÓN - Publicado o 19-11-2012 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Son moitas as actividades que se van a desenvolver no centro, e todas coinciden en transmitir dúas mensaxes: estamos en contra da violencia machista e temos que educarnos e reeducarnos todas e todos para conseguir erradicala.
A continuación unha destas iniciativas, os poemas que o alumnado de 1º E.S.O. C, fixo sobre o tema, na clase de Silvia.





POEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, 1º ESO C

A violencia de xénero non se arranxa cun sendo sereno
senón cos dous.
O abuso non é nada doado para Suso,
iso di el
pero, por que recorre ao seu uso?
María chora que chora
evitando que chegue a hora
e grita que grita... facéndolle a comida fritida
e el, tan tranquilo, mirando fotos do Nilo,
pensando que en calquera momento,
en calquera lugar
pode volver dela a abusar.
Os días pasan e ela non se relaxa
mentres que el a ameaza
día tras día
e... aínda se ría!!!!!

Non recorras a violencia de xénero, e déixate sereno!!!!

ÓSCAR CARBALLAL SOBRIDO



A túa muller,
A túa nai e
A túa filla
Poden ser vítimas
Dun maltratador;
Por que queres ser un asasino?
Dálle máis cariño, dálles máis amor.
Non á violencia,
Non ao maltrato,
Non deixes que ninguén
Te trata coma un trapo.

Non as violes,
Non as mates,
Ás mulleres
Non as maltrates!

RUBÉN RODRÍGUEZ REY



O amor non é unha guerra,
Se queres facela, vaite a Pontevedra.

A min non me molestes máis,
Porque non te quererei xamais.

Vaite da miña vista,
Que para sufrir xa está o dentista!

CAROLINA

Por que?
Por que?
Por que?
Como di Mourrinho,
Por que me tratas como se fora un trapiño?

O home que maltrata
Non ama,
O home que ama
Non maltrata.

Se me amas
Non me maltratas;
Se me maltratas
Non me amas.

SARA LAMAS CANCELA


Devólveme a vida que te levaches
E queda coa que me prometiches.

Devólveme a voz
E as horas que perdín contigo,
Que non vale de nada
ser tan bo coa xente
e tan malo comigo.

ANA CERQUEIRAS DIÉGUEZ



O home que me queira
Non me pegará.

O home que me queira
Non abusará.

O home que me queira
Non me insultará.

O home que me ame
Sempre me respectará.

GABRIEL OTERO VIDAL



Nós non entendemos
Cómo nunha parella
Pode haber maltrato
Nin tampouco sabemos
Por qué hai bágoas en familias
Cando non debería haber sufrimento.

Co fermoso que é sentir
O agarimo na casiña,
Por que hai xente que se empeña
En berrar e dar malleiras?

Que os maiores lembren sempre
Que se teñen que querer
Porque aos nenos e nenas non nos gusta
O maltrato a unha muller.

Non hai nada máis fermoso
Que ver á familia unida
Oxalá que o maltrato
Xamais existira.

JAVIER E JOSE FONTÁN MONDRAGÓN




Todo comezou con mal humor,
Logo viñeron os insultos e o desamor.
Os choros cada vez eran maiores
E o meu fillo dicíame: “mamá, non chores”.

Cando había alguén presente
El era boa xente.
Logo volvía a ser o de sempre.
Volvía ás andadas e eu, xa desesperada,
Sabía que desta noite non pasaba.

Gritei aos meus adentros: “ata aquí chegamos”,
E o meu fillo e máis eu marchamos.

MARINA MIRANDA ROURA
CARLA MARTÍNEZ PAZ



En España o maltrato de xénero
Está sendo moi habitual
E non podemos deixar
Que sexa tan normal.

Cada día nas noticias
Vemos a unha muller sen denunciar,
Vítima dun tolo que a quere asasinar.

Eu estou intentando rezar
Para que as mortes
Non teñan que aumentar
E todos xuntos o podemos lograr.

IVÁN IGLESIAS BÓVEDA


Se a maltratas
Non a amas.
O dano non so é físico
Senón tamén psicolóxico.
Aínda que non se vexan as feridas
Ela sofre,
Coma outras esquecidas.

REBECA PÉREZ SUÁREZ

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-11-2012 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
A VOZ
A única grabación que se conserva da voz de Virginia Woolf, nun programa de radio da BBC emitido o 29 de abril de 1937.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-11-2012 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal