Entrevista que en 1979 fíxolle o periodista Bernard Pivot para o programa da televisión francesa "Apostrophes".
É unha hora e pico de conversa. Paga a pena.
A escritora fala de como naceron as súas novelas, como creceron (a moitas escritoras e escritores de hoxe pode parecerlle unha loucura demorarse máis dun ano entre o lanzamento dun libro e o seguinte, para algo están os "negros"). Da súa paixón polo personaxe de Adriano, ou Grecia e Roma, ou China...
Todo isto acompañado dunha gran erudición, intelixencia, ironía ás veces e sinceridade e paixón outras.
Tenemos en la Bilioteca una obra considerada como un grandísimo clásico del manga japones: ADOLF, de Osamu Tezuka.
Inquietante, thrilling, misteriosa, humanistic, terrible, apasionante...
NO es la historia de Adolf Hitler, sino algo diferente.
Seguro que persiste na túa memoria como unha de esas lecturas especiáis que deixan pegada.
AS BASES SON:
1.- Elixe un texto que che guste, inspire, faga sentir. Pode ser un parágrafo de calquera novela, uns versos, etc.; algo que para ti teña un significado especial.
2.- Plásmao artisticamente sobre cartolina -tamaño A3- mediante composición libre de collage. Escribe o texto na cartulina e reálzao coas imaxes, figuras, fondos e materiais que máis te inspiren. A idea a reestructurar o texto artisticamente.
3.- Valorarase a forza expresiva da composición, a compenetración do texto co conxunto artístico, a creatividade e orixinalidade, as técnicas empregadas, etc.
4.- Podes utilizar a caligrafía que desexes, mais o texto debe ser FÁCILMENTE lexible. O tamaño DEBE ser A3.
5.- Na parte de atrás da cartolina escribe o teu nome e curso.
6.- Prazo de entrega: as obras deberán entregarse a calquera dos membros do equipo da biblioteca (Chus Barral, Victoria Soto, Santiago García, Carlos Cid e Paloma García) antes do 8 de marzo. O fallo do xurado farase público o xoves 21 do mesmo mes.
7.- Premios: haberá un premio consistente nun lote de libros en cada unha das seguintes categorías
- 1º e 2º E.S.O.
- 3º e 4º E.S.O.
- Bacharelato e Ciclo.
A máquina do tempo é un espectáculo musical asinado por Juan Carballo e Ramón Núñez, autores dos poemas e da música que os acompaña.
E acaban de publicar un libro-disco, unha obra preciosa con ilustracións de Nuria Díaz. Colaboran no disco xente como Maite Dono, Guadi Galego ou Quim Farinha.
Pero non podo dicir moito máis. O libro hai que telo entre as mans, ver as ilustracións, palpar o papel, escoitar todas as voces que participan, ser agasallada cos marcapáxinas e as postais. É un regalo (como di a primeira páxina do exemplar que me prestaron).
Ah, esquecíame, Juan Carballo e Nuria Díaz estudaron no Castro Alobre. Cousas...
Marguerite Yourcenar foi o pseudónimo e máis tarde, tras nacionalizarse como estadounidense, o nome oficial de Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour. Naceu en Bruselas no 1903 e morreu en Mount Desert Island en 1987.
Foi escritora, tradutora, ensaísta, poeta e dramaturga. E, sen dúbida, unha das mellores voces das letras francesas. En recoñecemento a isto, en 1980 foi a primeira muller escollida como membro da Academia Francesa. Se consideramos que a tal academia foi fundada en 1635, vese que aínda tardaron uns anos en atopar a unha muller que fose digna de pertencer a unha sociedade tan seria e tan lenta.
Na banda da dereita (e un pouco máis abaixo) temos o enlace a outro blogue recomendado. Outra creazón, obra dunha alumna, adicado á súa poesía: Las letras se clavan como puñales
Ás veces queixámonos de que o alumnado non le, non escribe, non fai nada "bo". E é unha gran inexactitude, estamos rodead@s de poetas, escritores e escritoras, instrumentistas, cantantes, debuxantes...
Grazas a Antía por deixarnos engadir as súas palabras.
Pois ben, o campionato é unha idea de Miguel González de 2ºE.S.O. A, coordinada por el e por Alfonso, profesor de educación plástica.
Comezará o venres 31 de xaneiro e prolongarase os días necesarios, segundo o número de participantes.
O premio? Unha magnífica tablet.
Así que animádevos! E, se tedes calquera dúbida, Miguel estará encantado de axudarvos.
¿Queréis aprender inglés y/o francés con mayor intensidad?
PAY ATTENTION:
Los libritos que tenési que leer como lecturas obligatorias, la mayoría os vienen con un CD que trae una grabación de la historia. Después de leer el libro, buscar las palabras nuevas, etc.; poneos el CD una y otra vez hasta que os salga por las orejas:
-En el baño
-En el coche (con vuestros padres)
-Tirados en la cama
-Con vuestro novio / a.
-En el MP3 mientras paseáis, pensáis, etc.
-En cualquier lugar donde estéis...
El aprendizaje receptivo, pasivo o subconsciente sucede y, sin daros cuenta, vuestra producción escrita y oral aumentará ostensiblemente.
LA CLAVE ES LLEGAR A ESCUCHARLO ENTENDIENDO TODO PERFECTAMENTE, en ese momento, podéis buscar otro CD de otro cuento...
UNA Y OTRA VEZ, UNA Y OTRA VEZ, UNA Y OTRA VEZ, UNA Y OTRA VEZ...................................................................................................................................................