BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


BERTA DÁVILA: RAÍZ DA FENDA. POR SIRA VIDAL.
Este martes, 6 de maio, tivemos a sorte de ter con nós a Berta Dávila, autora de Raíz da fenda, poemario polo que recibiu numerosos premios e que se converteu nun dos títulos máis relevantes da nosa literatura actual. Publicado en xuño de 2013, a primeira edición esgotouse nun mes; neste momento vai pola terceira. Todo un éxito para un libro de poesía e case un milagre para un libro de poesía en galego.

Raíz da fenda comeza cos seguintes versos:

Porque somos as fillas dunha lingua dura
e forte, como a améndoa, e por iso inventamos
tantos nomes para convocar a fenda.


Estes versos condensan e anticipan o contido e o que será o tema principal do poemario. Nel fálasenos de fendas, de fisuras,de feridas, de físgoas... de perdas, en definitiva. Da dor sentida, como o xeo e a neve, como a intemperie, e fálasenos desde a sinceridade, desde a honestidade, como indicou a propia autora no noso encontro. Comentou tamén a súa necesidade de escribir quitando máscaras, sen artificios, sen pretender exercicios retóricos, na procura da palabra exacta, precisa.

A obra está dividida en cinco partes, en cinco fisuras:

Sobrevivín a cinco fisuras sobre as paredes do meu ventre
e a un século de neve para poder contalas...


A primeira fisura, fogar, fálanos da necesidade de construírse á marxe da familia; a segunda, oco, está centrada na morte da avoa; na terceira, simetrías, a fenda é a producida polo amor e o desamor; na cuarta, derrotas, volve aparecer a morte, esta vez da amiga. Por último, a quinta fisura, verbo, contén as feridas da propia poesía.

Berta contounos que escribe sen trampas, sen imposturas, como o paxariño de origami, que ela teimou en levar á cuberta. Só o papel dobrado, sen engadidos, sen pegamento. Confesounos que escribe porque le e afirmou que, malia os premios, que foron moitos, o que máis lle gusta é a reacción dos lectores, que se ven reflectidos no que expresa nos seus poemas, o mesmo que eles senten ante a perda, a lembranza, o baleiro.

Recoméndovos este libro de fendas e fisuras, do que na biblioteca temos exemplares. Nun deles, Berta Dávila, ao carón da súa sinatura, puxo a seguinte adicatoria:

Para a biblioteca, onde dormen os libros e espertan os soños.

Moitas grazas, Berta.



Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 07-05-2014 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA CASTELÁ- II


Boísimo e precioso tamén o traballo de 1ºE.S.O. D.

Moitas grazas a todo o grupo e a Silvia por facelo.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 06-05-2014 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA CASTELÁ- I

Precioso o traballo dos grupos 2º A e B de Bacharelato. A partir de La Colmena de Camilo José Cela fixeron un mural onde aparecen varios autores galardonados.

Grazas a tod@s el@s e a Mariola e Carlos Cid polo traballo.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 05-05-2014 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Las aventuras de Huckleberry Finn
Las aventuras de Huckleberry Finn, de Mark Twain.

Huck, o mellor amigo de Tom Sawyer, e Jim, un esclavo negro, fuxen polo río Misisipi das terribles ataduras dos seus pasados. Dous elementos claves definen o libro: o río e a balsa sobre a que navegan, ámbolos dous simbolos da LIBERDADE; unha liberdade salvaxe, natural, impulsada polos xenuinos lazos de amizade que unen ós protagonistas.
Nesta historia retrátase moi ben, ademáis, o ambente sureño da Norteamérica da época: o racismo, as supersticións dos esclavos, a estructura social...

É un gusto navegar con Huck e Jim polo Misisipi e sentir as súas aventuras, inxenuas pero preñadas dun valor que ben nos mostra o que todo ser humán alberga nas súas vísceras: unha indómita e irrefrenable búsqueda de liberdade.
Sobre este libro fixéronse películas e debuxos animados, pero recoméndovos que comencedes polo libro. O tedes en castelán na nosa Biblioteca.

Santiago - Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 05-05-2014 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
REFLEXIÓN/PROPOSTA DE MARIOLA RODRÍGUEZ

Amizades perigosas.

O primeiro contacto coa obra, como adoita pasar (ás veces, lamentablemente), foi a través dunha película que alquilaran os meus pais para o VHS (hai uns cantos aniños...) e que non me deixaban ver sen previa censura. Quizais foi ese factor inquisitorio o que máis chamou a miña hormonada atención de adolescente. Falo das Dangerous Liasons (Amizades perigosas, en galego) e o certo é que co paso do tempo, e despois da lectura e relectura (e relectura,...) da obra, a película segue a parecerme unha auténtica obra mestra, na que Stephen Frears captou, desde o meu punto de vista, a esencia (maquiavélica, por qué non dicilo) dunha novela na que, en ausencia de narrador (está escrita en estilo epistolar), é o/a lector/a quen descobre, sen axuda, a verdadeira psicoloxía dos personaxes, nunha sociedade na que primaba a hipocresía, a dobre moral e a afectación.

A miña recomendación é dobre, por tanto, xa que non son quen de escoller entre o libro e o film, aínda que penso que a lectura deixa unha sensación gratificante ao facer partícipe ao/á lector/a das intrigas e manipulacións dos protagonistas, puidendo tamén xulgar ou mesmo comprender os seus actos a través da intimidade das súas cartas. A complexidade destes personaxes, tanto na novela coma na película, consegue sorprender sempre a pesares do tempo, da idade, dos gustos e, coma no meu caso, das veces de relectura e visionado...


Comentarios (0) - Categoría: PELÍCULA RECOMENDADA POR... - Publicado o 30-04-2014 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
La Invasión de los Ultracuerpos
¿Os apetece pasar una tarde agradable con una peli de ciencia-ficción?
Os recomiendo un clásico: "La invasión de los ultracuerpos" ("Invasión of the Body Snatchers", Philip Kaufman, 1978)
Unos microorganismos de un lejano planeta llegan a la Tierra y comienzan a poseer a la gente. Sus comportamientos y sus vidas cambian radicalmente. Se trata del mito de la "invasión ET" pero desde dentro de nuestras propias mentes.
El sencillo e impactante final redondea la película.

I am sure you will enjoy it.

Santiago - Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: PELÍCULA RECOMENDADA POR... - Publicado o 28-04-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
MOMO
Tenemos en la Biblioteca, en castellano, una joya de la literatura fantástica juvenil y no juvenil: Momo, de Michael Ende.
De la wikipedia:
En las ruinas de un anfiteatro, justo afuera de una ciudad de Italia sin nombre, vive una niña huérfana llamada Momo, que posee la habilidad extraordinaria de saber escuchar. Escucha de una manera tan especial que es capaz de encontrar las respuestas a los problemas de quien habla con ella, de hacer amistades e inventar juegos muy divertidos, hasta el extremo de que en su barrio la frase Vete a ver a Momo se ha convertido en proverbial... Esta atmósfera placentera acaba con la llegada de los Hombres Grises, unos extraños individuos que representan al Banco de Tiempo y promocionan la idea de ahorrar tiempo entre la población (tiempo que puede ser depositado en el Banco y devuelto al cliente después, con interés). En realidad, hacen que la gente lo olvide todo salvo su obsesión por ahorrar todo el tiempo posible para un hipotético uso posterior.

¿Qué hay más allá del tiempo? ¿Podrías ir más allá del tiempo sin moverte del sillón? Además del externo y mensurable, existe un tiempo psicológico que nos puede estar haciendo vivir en el pasado, en el futuro; en lamentos, en ojalás... ¿Dónde está el presente del verdad? ¿Cuál es el sentimiento del presente?
En Momo encontramos reflexiones sobre la sociedad de consumo, la manipulación mediática, el vacío existencial, el sentido de la vida, la amistad... Todo un caleidoscopio de temas eternamente actuales.

Santiago - Dpto. Inglés.
Comentarios (0) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 28-04-2014 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
I CONCURSO DE CURTAMETRAXES
Co obxecto de ampliar e afondar en todas as posibles linguaxes narrativas,
o Equipo da Biblioteca do IES Castro Alobre CONVOCA:


I CONCURSO DE CURTAMETRAXES

Bases:

1.- As curtametraxes filmaranse nos formatos habituais de vídeo. O vídeo gañador será exhibido en YouTube, na web do Centro, no blog da Biblioteca ou en calquera outra páxina web apropiada.

2.- A temática, escenarios, diálogos, ambientación, etc., serán absolutamente libres. Valorarase a calidade da historia (coherencia narrativa, forza interpretativa das personaxes, creatividade, etc.). A lingua escollida será calquera das que traballamos no centro: galego, castelán, inglés, alemán ou francés. (Podedes usar varias!)

3.- Nas curtametraxes intervirán un mínimo de tres e un máximo de cinco alumnas e/ou alumnos do Centro.

4.- O vídeo deberá incluír, a xeito de títulos de crédito, o título, o nome do director ou directora, os nomes das e dos participantes e o nome do noso Centro.

5.- Tempo máximo de duración da curta: seis minutos.

6.- A curtametraxe será entregada a calquera das e dos compoñentes do equipo da Biblioteca antes do día 2 de xuño. Os soportes admitidos serán memoria USB ou CD-DVD. Ademais do vídeo, deberá entregarse o script ou guión (transcrición dos diálogos e posibles explicacións de escenas, efectos especiais, etc.).

Premio:

7.- Como premio único, o Centro otorgará á curtametraxe que o xurado considere de maior calidade, un bono de 150 € canxeable por material informático en Stin.


Comentarios (0) - Categoría: CREAZÓN - Publicado o 22-04-2014 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºC
Lucas:
Xogo de tronos, George R.R. Martin.
Motivos: non os necesita, a fama precédeo.

O nome do vento, Patrick Rothfuss.
Motivos: moi bo libro. Entretido, fácil de ler, a historia engancha.

Ángela Moreno:
A caída dos xigantes, Ken Follet.
Motivos: moi bo se vos gusta a historia da guerra.

Cartas a Xulieta (película), Gary Winick.
Motivos: súper romántica. Tes que vela…tes que vela.

A vida é bella (película), Roberto Benigni.
Motivos: é moi bonita, é triste. Verás canto amor pode haber entre pai e fillo.

Dez Negritos, Agatha Christie.
Motivos: se vos gustan os libros de suspense drama o misterio, este é perfecto.

Nerea Gómez:
Carapuchiña vermella, a quen tes medo? (película), Catherine Hardwicke.
Motivos: é de terror. É moi entretida. O libro, unha vez que empezas a lelo, non queres parar.

André:
Bowling for Columbine (película), Michael Moore.
Motivos: armas, política, critica aos EEUU.

Marta Amarelle:
Fermosas criaturas (película), Richard LaGravenese.
Motivos: é moi entretida.

Os xogos da fame, Suzanne Collins.
Motivos: moi entretido e divertido.

Alba Mera:
As vantaxes de ser un marxinado (película), Stephen Chbosky.
Motivos: mostra como é a vida dun rapaz pouco social e con trastornos. É unha historia bonita de amor.

Eduardo:
A ratonera, Agatha Christie.
Motivos: misterio, boa historia, tensión.


Jessica Carro:
O curioso caso de Benjamin Button (película), David Fincher.
Motivos: é unha película moi curiosa, preciosa e triste.




Comentarios (0) - Categoría: LIBRO RECOMENDADO POR... - Publicado o 21-04-2014 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ (Aracataca, Colombia 1928 - México DF, 2014)

Cien años de soledad

I

Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-04-2014 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [29]

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal