BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


III ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
Mañá, 17 de abril, e o sábado 18 terá lugar en Vilagarcía o III Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva. Este tipo de actos sempre é interesante polo tema que trata; pero este é especialmente importante para nós. Por que? Porque é o IES Castro Alobre o organizador do evento.

Desde este espazo de opinión, que é o blog da Biblioteca, quero agradecer a dúas compañeiras e profesoras toda a súa adicación e o seu esforzo, para que este acontecemento fose posible. Son coñecedora do seu traballo, das súas inquedanzas, das súas preocupacións, de todo o tempo invertido en programar o Encontro, da súa busca de apoios e, ás veces, das súas decepcións.

Pero, o traballo xa está feito e este fin de semana veremos o froito de todo o que foron sementando durante, case, un longo ano.

Carme, María, moitas grazas, e que estas poucas palabras servan como recoñecemento ao voso esforzo e ao voso compromiso en prol da convivencia no noso centro.

Guadalupe Vilar

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-04-2015 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moitas grazas, Lupe. O traballo sementado deu o seu froito e o camiño segue abríndose para seguir avanzando#blgtk08# nunha convivencia positiva. Apertas agradecidas ao equipo de Biblioteca polo seu apoio material e humano.
Comentario por carme moure (22-04-2015 18:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0