|
|
|
A BIBLIOTECA RECIBE O PREMIO DA FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA |
|
O pasado sábado 14 de marzo celebrouse en Santiago a entrega dos XXIV Premios Irmandade do Libro, convocados pola Federación de Librarías de Galicia.
Na modalidade "Centros de ensino" A BIBLIOTECA DO IES CASTRO ALOBRE, a nosa Biblioteca, foi a gañadora. Valoraron as actividades para o fomento da lectura realizadas durante o ano 2014.
Desde o Equipo de dinamización da Biblioteca agradecemos este premio polo recoñecimento que supón a un ano de traballo. Ao mesmo tempo, anímanos a seguir adiante con forza e con ilusión, aportando ideas para tratar de conseguir que o noso alumnado se adentre, con entusiasmo, nese mundo fantástico e, tamén, real da lectura.
Este premio é, ademais, de todo o profesorado que se implica activamente nos proxectos que presentamos e, como non, de Paloma, dinamizadora da Biblioteca o pasado curso.
Grazas a todos e todas. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Noraboa a todo o equipo da Biblioteca (presente e pasado) por este premio,o qu#blgtk08#e demostra un recoñecemento público a un traballo inmenso e, ás veces, oculto |
|
|
Comentario por carme moure (25-03-2015 15:42) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|