BIBLIOTECA DO I.E.S. CASTRO ALOBRE


BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR
Ola a todos e todas:
Comeza un novo curso con algúns cambios no equipo da Biblioteca. Paloma, a "profe" de Música, deixa de ser a coordinadora (xa sabedes que agora é vicedirectora) e collo eu o relevo. Son "profe" de Grego, por iso moitos e moitas de vós non me coñecedes, e conto cun equipo fantástico que me axudará no deseño de actividades e en todo tipo de suxerencias que vos animen á lectura. Penso que a maioría xa coñecedes a estes "profes", pero vou recordar os seus nomes: Carlos Cid, Mariola Rodríguez, Chus Barral, Santiago García, Victoria Soto e Milagros Torrado.
En nome do equipo queremos agradecer a Paloma o seu traballo na Biblioteca, aínda que seguiremos colaborando con ela nas actividades que propoña desde Vicedirección. Esperemos que tamén ela nos siga a facer suxerencias e siga aportando os seus comentarios a este blogue.
Isto mesmo pedímolo a todos e todas vós, pero non só ao alumnado, senón tamén a toda a comunidade educativa (profesorado, persoal non docente e, por suposto, familias). Seguro que tedes lecturas, películas, música que recomendar, opinións que aportar, e propostas que facer tanto de material que poidamos mercar como suxerencias para mellorar este espazo que é de todos e todas nós.
Aproveito a ocasión para lembrarvos que xa podedes ir á Biblioteca, aínda que o empréstito comezará a primeiros de outubro e, tamén, vide para devolver as lecturas do verán.
Animádevos a participar e colaborade con nós!!!

Guadalupe Vilar (ccoordinadora da Biblioteca)
Categoría: XERAL - Publicado o 22-09-2014 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0