Este curso, en primeiro de bacharelato, na materia de Lingua e Literatura galega, fixemos lecturas que sorprenderon, gustaron máis ou menos, pero que, sobre todo, levaron o noso alumnado a reflexionar e incluso a coñecerse algo mellor.
Pero ademais de ler, os rapaces e as rapazas crearon os seus propios textos: microrrelatos (baseados na obra de Iolanda Zúñiga Vidas post-it), poemas (nos que trataron temas como a soidade, a perda, o amor...) tomando como punto de partida o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila. Como indicaron nalgún traballo aprender a expresar os sentimentos, por duros, tristes e intensos que estes sexan , é aprender a vivir.
Xa, a final de curso, démoslles (de xeito absolutamente voluntario) a posibilidade de elaborar unha curtametraxe, de facer unha escena... e dous rapaces e unha rapaza de primeiro de bacharelato B (Martín Regueiro , Jorge Fontán e Paula Ramos) sorprendéronnos con este vídeo que agora vos ofrecemos. Elaboraron o guión, gravaron as imaxes, puxeron a música, montaron... Para eles todo o noso recoñecemento. Parabéns e grazas polo voso esforzo e por captardes tan ben as mensaxes.
Publicado por Sira Vidal
|